Ricardo Cabanas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ricardo Cabanas
Cabanas061115.jpg
Información persoal
Nome completo Ricardo Cabanas Rey
Nacemento 17 de xaneiro de 1979 (35 anos)
Lugar Zúric, Suíza
Altura 1,73 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Grasshopper Club Zürich
Número 15
Carreira xuvenil
1986–1992 Juventus Zürich
1992–1997 Grasshopper Club Zürich
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1997–2006 Grasshopper Club Zürich 198 (42)
2003–2004 Guincamp (cedido) 17 (0)
2006–2007 1. FC Köln 41 (2)
2007– Grasshopper Club Zürich 86 (20)
Selección nacional
2000–2008 Suíza 51 (4)
2005–2006 Galicia 2 (0)
* Partidos e goles só en liga doméstica. Actualizados a 28 de xaneiro de 2012.
† Aparicións (Goles)

Ricardo Cabanas Rey, nado o 17 de xaneiro de 1979 en Zúric, é un futbolista galego-suízo. Xoga de centrocampista e o seu actual equipo é o Grasshopper Club Zürich.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Cabanas comezou a xogar no Grasshoppers Zürich, no que ficou algunhas tempadas ata fichar polo FC Köln, en xuño de 2007 o seu equipo anunciou que volvía ao seu anterior club, o Grasshoppers. É internacional por Galicia e por Suíza. Con estes últimos disputou o Mundial de Fútbol Alemaña 2006.

Participou no encontro de recuperación da Selección galega, xogado contra Uruguai en Santiago de Compostela e onde Galicia venceu por 3-2. Tamén xogou no partido de 2006 fronte a Ecuador, pero unha lesión no xeonllo apartouno da competición en 2007 e perdeu o partido de Galicia contra Camerún.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]