Río Arnoia
| Río Arnoia | |
|
Pontella sobre o río Arnoia (Requeixo de Valverde, Allariz) |
|
| País | |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | Serra de San Mamede |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 84,5 km |
| Caudal medio | |
| Conca | |
| Desembocadura | Río Miño |
O río Arnoia é un afluente do Miño pola banda esquerda. A súa lonxitude é de 84,5 quilómetros, o que o converte no río máis longo da provincia de Ourense. Un seu homónimo é o portugués río Arnoia, de feito o nome de Arnoia é un hidronímico común en Europa, en linguas prerromanas.
Índice |
Fontes [editar]
Nace no concello de Vilar de Barrio, a partir da confluencia de varios regos da serra de San Mamede.
Percorrido [editar]
Baña os concellos de Vilar de Barrio, Baños de Molgas, Xunqueira de Ambía, Allariz, A Merca e Celanova. Logo segue marcando o límite entre os concellos de Ramirás e Gomesende (no norte) e Cartelle e Cortegada (no sur) a través dun canón que antes de chegar ó concello da Arnoia forma un canón cunha pendente de 300 metros durante sete quilómetros, entre penedías e fragas. Finalmente, chega ao concello da Arnoia onde desemboca no Río Miño no lugar de Portocarreiro fronte a un pequeno illote granítico. No concello da Arnoia o río conforma dous vales unidos, o val de San Vicente (O Rial, O Outeiro, Remuiño, O Pomar, A Ponte, Carnós) e o val de San Amaro (Os Chaos, A Laxa, Quinteiros, A Paixón, Bacelo e Outeiro Cruz).
Afluentes [editar]
Os principais tributarios do Arnoia son o Maceda, o Ambía e o Ourille e outros pequenos regatos ao longo do camiño.
Galería de imaxes [editar]
- Vexa o artigo principal na Galería de imaxes do río Arnoia
-
Acea en Allariz
| Este artigo ou sección precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros de texto ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |