Cesáreo Rivera Abraldes
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | século XIX Ribadavia |
| Morte | abril de 1910 Pontevedra |
| 1868 – 1873 | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
Cesáreo Rivera Abraldes, nado en Ribadavia e finado en Pontevedra a finais de abril de 1910,[1][2] foi un político republicano galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]
Militante do Partido Republicano Federal. Foi alcalde de Ribadavia no Sexenio Democrático, e despois foi elixido deputado a Cortes Constituíntes nas eleccións de 1873. Formou parte da comitiva ourensá do Partido Republicano Federal que asinou o pacto republicano federal galaico-ástur na Coruña o 18 de xullo de 1869. Pertenceu á masonería. O concello de Ribadavia dedicoulle unha rúa. No cemiterio civil de Ribadavia consérvase un cenotafio na súa honra levantado en 1933.[3]
| Predecesor: - |
Alcalde de Ribadavia 1868 - 1873 |
Sucesor: - |
Obras
[editar | editar a fonte]- Guía de Galicia, 1883 (con Víctor María Vázquez Rodríguez)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ El Diario de Pontevedra, 29-4-1910, p. 3.
- ↑ La Libertad, 30-4-1910, p. 2.
- ↑ Cenotafio masónico de Ribadavia na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- «Rivera fue una figura singular», noticia en La Voz de Galicia