Benito Gallego Montero
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 1900 Ribadavia, España |
| Morte | 9 de febreiro de 1937 Ourense, España |
| Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
| marzo de 1936 – 20 de xullo de 1936 (destitución) ← Cesáreo Giráldez Diéguez | |
| 1933 – 1933 ← Santiago García Rey – Santiago García Rey → | |
| Actividade | |
| Ocupación | político, prestamista |
Benito Gallego Montero, nado en Ribadavia en 1900 e finado en Ourense o 9 de febreiro de 1937, foi un político galego, alcalde de Ribadavia ao final da Segunda República Española.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Dedicábase a prestar diñeiro, converteuse en comisionista. Tamén fixo diñeiro dedicándose ao xogo. Formou parte do Comité Republicano de Ribadavia (1930). Na República foi elixido concelleiro en Ribadavia en 1931 e en 1933 actuou como alcalde. Foi destituído logo da revolución de Asturias. Militante de Izquierda Republicana. Coa vitoria da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi nomeado alcalde de Ribadavia a principios de marzo.
Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 trasladouse a Ourense, onde foi detido o 20 de xullo no edificio do Goberno civil. Pasou pola prisión de Celanova. Ingresou na Prisión Provincial de Ourense o 10 de agosto.[1] Xulgado en Ourense por rebelión militar, foi condenado a pena de morte e executado no Campo de Aragón xunto cos veciños de Ribadavia Celso González Rodríguez, Andrés Centrón Rodríguez e Fidel Blanco Leboso o 9 de febreiro de 1937. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas.[2]
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- La historia de Benito
- Expediente persoal do recluso Benito Gallego Montero
- Dilixencias incautatorias instruídas no partido xudicial de Ribadavia.
| Predecesor: Santiago García Rey |
Alcalde de Ribadavia 1933 |
Sucesor: Santiago García Rey |
| Predecesor: Cesáreo Giráldez Diéguez |
Alcalde de Ribadavia 1936 |
Sucesor: Teodomiro Andrés Sánchez |