Esposende, Ribadavia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Esposende
Igrexa de Santiago de Esposende.
ConcelloRibadavia[1]
ProvinciaOurense
Coordenadas42°19′42″N 8°06′49″O / 42.32833056, -8.11368611Coordenadas: 42°19′42″N 8°06′49″O / 42.32833056, -8.11368611
Poboación40 hab. (2023)
Entidades de poboación1[1]
editar datos en Wikidata ]

Santiago de Esposende é unha parroquia do concello de Ribadavia, na provincia de Ourense. Segundo o IGE,[2] en 2023 tiña 40 habitantes (22 homes e 18 mulleres).

Ano 2000 2004 2008 2011 2023
Poboación 45 45 44 42 40

Xeografía[editar | editar a fonte]

A parroquia é a máis setentrional do concello. Linda ao norte coa parroquia homónima de Esposende (no veciño municipio de Cenlle), ao leste e sur coa parroquia de Santo André de Campo Redondo, e ao oeste dá co río Avia, que constitúe fronteira natural co concello de Beade.

Historia[editar | editar a fonte]

Segundo o Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar de Pascual Madoz[3] (1842), Santiago de Esposende era unha freguesía do concello de Ribadavia no que vivían 84 persoas, das que só 19 tiñan o dereito de veciñanza. Os veciños vivían en unas veinte casas repartidas nos barrios de Eiroa, Quintas e Casas do Marco. Madoz dicía que de norte a sur a vila ocupaba 1/4 de legua (1,5 km aproximadamente). E de leste a oeste, outro tanto.

Destacábanse aspectos como que o cemiterio no ofende a la salud pública ou que os camiños son locales y generalmente en mal estado. O correo recibíase da capital do concello 3 veces á semana.

Era unha parroquia típica do rural da comarca. Producía trigo, millo, legumes, hortalizas, froitas de carabuña, liño e viño, do que xa Madoz nomea a súa calidade, chegando a dicir que saía viño desta parroquia cara a Santiago de Compostela, A Coruña e comarcas próximas de montaña.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Esposende[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Esposende no concello de Ribadavia (Ourense)

Esposende

Parroquias de Ribadavia[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Ribadavia

Campo Redondo (Santo André) | Esposende (Santiago) | Francelos (Santa María Madanela) | Ribadavia (San Domingos de Fóra) | Ribadavia (San Domingos) | San Cristovo de Regodeigón (San Cristovo) | Sanín (San Pedro) | Ventosela (San Paio)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]