Río Avia
Río Avia | |
---|---|
![]() O río Avia o seu paso por Ribadavia
|
|
País | ![]() |
Nacemento | Serra de Suído |
Lonxitude | 36,7 km |
Desembocadura | Río Miño |
O río Avia é un afluente do río Miño pola súa banda dereita.
Descrición[editar | editar a fonte]
Nace na serra do Suído a 880 msnm, no lugar de Fonte Avia, pertencente á parroquia de Nieva, no concello de Avión.
Segue unha dirección suroeste-nordeste até chegar ao encoro de Albarellos, entre os concellos de Leiro, Boborás e Avión. Despois do encoro segue até Boborás, vira cara o sueste, desde Leiro, fai fronteira entre Cenlle e Leiro até Ribadavia, lugar onde desemboca tras percorrer un total de 36,7 Km.
En Albarellos, Boborás, atópase o encoro de Albarellos, concedido en explotación a Gas Natural Fenosa. Ten unha capacidade total de 90,73 Hm³. É empregado para a produción de electricidade.[1]
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes do río Avia.
-
Ribadavia. Rio Avia debaixo da ponte de San Francisco
-
Paseo fluvial nocturno do Avia en Ribadavia.
-
O Avia na ponte das Poldras en Leiro