Obradoiro Clube de Amigos do Baloncesto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Natura Monbús
Obradoiro - Lagun Aro.jpg
Competición Liga ACB
Fundado 1970
Cidade Galicia Santiago de Compostela
Pavillón Multiusos Fontes do Sar (6.050)
Cores                Branco, azul, vermello
Historia CAB Obradoiro
(dende 1970)
Presidente Raúl López
Adestrador Moncho Fernández
Príncipe 1 (2011)
Copa Galicia 5 (2011, 2012, 2013, 2014 e 2015)
Alcume Obra
Patrocinador Leite Río e Monbus
Vestimenta Enfíos Texgroup
Seareiros Obradoiristas
Sitio Web www.obradoirocab.com

O Obradoiro Clube de Amigos do Baloncesto, denominado Río Natura Monbus Obradoiro por razóns de patrocinio[1], é unha entidade deportiva profesional adicada ó baloncesto, con sede na cidade galega de Santiago de Compostela. O club foi fundado en 1970, e na actualidade compite por sexta ocasión na máxima categoría do baloncesto nacional.

Historia[editar | editar a fonte]

Inicios[editar | editar a fonte]

Ate 1970 o baloncesto da cidade de Santiago de Compostela estivo representado nas competicións oficiais por un equipo do SEU e por unha sección da SD Compostela. Nese ano naceu o CAB Obradoiro, fundado por un grupo de 29 afeccionados dispostos a darlle un pulo renovado ó deporte da canastra na cidade. Na tempada 1970-71 o Obradoiro partíu da Terceira División, ocupando a praza da sección de baloncesto da SD Compostela. Naqueles tempos o equipo xogaba no antigo ximnasio universitario, onde na actualidade está o Auditorio da USC. [2]

Despois de ascender dende a Terceira División á Segunda División no seu terceiro ano de existencia, o Obradoiro CAB acadou a máxima división do baloncesto español ao remate da tempada 1981-82, cando ascendeu tras derrotar o CB Mataró. Formaban parte dese equipo Mario Iglesias, Eduardo Echarri, Jan Lomas, Balagué, Arturo Corts, Javi Vallejo, Montero, José Cobelo, Manolo Vidal, Alberto Abalde, Gil, Popocho Modrego, Julio Bernárdez e Pepe Casal, e Antonio Castro era o presidente da entidade.[3]

Nesa primeira tempada en primeira división o Obradoiro gañou unicamente dous encontros, e rematou na 14ª e última posición. [4]

Pavillón de Santa Isabel, fogar do Obradoiro entre 1990 e 2009.

En 1990 tenta de novo ascender a primeira, e ten que xogar a eliminatoria contra o Júver Murcia. No primeiro partido xoga polos murcianos Esteban Pérez, con nacionalidade arxentina, o que daquela supuña un aliñamento indebido.[5] O Obradoiro reclama o aliñamento e nos seguintes dous partidos da eliminatoria o Júver non inclúe a Pérez. Os tres partidos rematarían coa derrota do Obradoiro, pero este club reclama, primeiro á xustiza deportiva e logo pola vía ordinaria. Mentres se resolve o proceso, o Obradoiro descende varias categorías e móvese durante a década dos noventa e o comezo do século XXI polas categorías inferiores estatais e polas categorías galegas.

Nese tempo naceu en medrou outro club de baloncesto na capital galega, o CB Rosalía, que se converteu no equipo de baloncesto de referencia na cidade durante máis dunha década, chegando mesmo a loitar polo ascenso á Liga ACB na tempada 2007-08.

Fin do conflito e volta á ACB[editar | editar a fonte]

En 2003 o preito resólvese, e a Xustiza obriga a ACB a readmitir o equipo na primeira división estatal: pero os recursos económicos da entidade non poden facerlle fronte aos avais de 2003, e acoden de novo á xustiza para conseguir unhas condicións de acceso como en 1990. O Tribunal Supremo volve darlles a razón polo que lles concede unha praza na ACB nas condicións daquela tempada, e coa posibilidade de facela efectiva ao longo de tres anos.

Comezou a tempada 2009-10 xogando na casa contra o Barcelona, cunha derrota coma resultado.[6] Tras catro derrotas nos catro primeiros partidos, a primeira vitoria chegou na 5ª xornada contra o Baloncesto Fuenlabrada por 86-66 no Multiusos Fontes do Sar.[7] Malia unha gran primeira volta na que rematou na undécima posición con 7 vitorias e 10 derrotas, rematou por descender á Liga LEB tras conseguir tan só unha vitoria na segunda volta e finalizar na penúltima posición con tan só 8 vitorias. Como feitos destacables cabe salientar a vitoria no Sar na 12ª xornada ante o Real Madrid por 78-68.[8]

Á tempada seguinte na LEB Ouro, o Obradoiro fixo un equipo de garantías para voltar o antes posible á ACB. Xogadores coma Alberto Corbacho, Levon Kendall ou Oriol Junyent chegaron a Santiago para devolver ó Obradoiro á máxima categoría. Todos eles baixo o mando no novo adestrador, o galego Moncho Fernández. O equipo comezou con 13 vitorias nos 13 primeiros partidos e rematou a primeira volta no máis alto da táboa, clasificándose dese modo para a Copa Príncipe. Tras un partido moi igualado, o Obradoiro conseguiu finalmente o trofeo tras derrotar ó CB Murcia por 81-78.[9] Ademais, Alberto Corbacho foi elixido mellor xogador da Copa Príncipe.

Tras unha segunda volta máis irregular, na que perdeu catro partidos, foi o Murcia quen ascendeu directamente á Liga ACB, e o Obradoiro tivo que disputar os playoffs tras rematar na segunda posición. Ó remate da tempada regular, Oriol Junyent foi incluído no mellor quinteto da tempada da LEB Ouro. Na primeira rolda dos playoffs de ascenso á ACB, o Obradoiro derrotou ó Cáceres Creativa por 3-1. Na segunda rolda agardaba o Leite Río Breogán de Lugo. O derbi galego rematou coa vitoria do Obradoiro por un contundente 3-0. O Ford Burgos, que rematou por detrás do conxunto santiagués na tempada regular, foi o rival na última rolda para o ascenso á ACB. O Obradoiro conseguiu gañar os dous primeiros partidos no Sar para poñer o ascenso a unha soa vitoria. En Burgos, a serie poñíase 2-1 tras unha axustada vitoria do Ford Burgos. No cuarto partido, tras un gran primeiro cuarto do Obradoiro no que tan só encaixou 5 puntos, os santiagueses conseguían o retorno á Liga ACB só unha tempada máis tarde.[10]

Estabilidade e primeiros playoffs ACB[editar | editar a fonte]

O checo Pavel Pumprla nos playoffs da ACB de 2013 contra o Real Madrid.

Para a tempada 2011-12, o Obradoiro mantivo a base do equipo que lograra o ascenso o ano anterior e fixo poucas incorporacións, na que destacou a do gabonés Stephane Lasme. Tras unha complicada primeira volta na que tan só conseguiron 4 vitorias e o descenso ameazaba de novo, o Obradoiro fíxose forte no Sar na segunda parte da competición, conseguindo 6 vitorias en 8 partidos na casa e rematando a liga na 13ª posición. A gran tempada de Lasme propiciou o interese de varios equipos europeos e da NBA pola súa incorporación, e finalmente fichou polo Panathinaikos grego ó rematar a tempada.

O Obradoiro, con grandes incorporacións coma Pavel Pumprla, Salah Mejri ou Robbie Hummel, clasificouse por primera vez na súa historia para os Playoffs da Liga ACB na tempada 2012-13, tras rematar na oitava posición con 18 vitorias en 34 partidos. Na primeira rolda enfrentouse ó Real Madrid por 2-0, equipo que remataría proclamándose campión de liga ó remate dos Playoffs. Nesa tempada salientou o tunecino Salah Mejri, que foi escollido coma xogador revelación da liga tras acadar 9.2 puntos, 5.2 rebotes por encontro, ademais de ser o máximo taponador da liga con 1.6 tapóns por partido. Na votación rematou con 65 puntos, cinco máis que o seu compañeiro Alberto Corbacho e Lucas Nogueira, do Estudiantes.[11]

A difícil tarea de repetir presencia nos playoffs non foi posible na seguinte tempada. As marchas de Salah Mejri ó Real Madrid, de Levon Kendall ó Herbalife Gran Canaria e de Robbie Hummel ós Minnesota Timberwolves da NBA foron moi importantes para un Obradoiro que se reforzou co croata Mario Delaš ou o pivote estadounidense Mike Muscala, quen deixou o equipo á metade da tempada para fichar polos Atlanta Hawks da NBA.[12] Malia todo, o Obradoiro conseguiu rematar na 12ª posición con 13 vitorias e 21 derrotas.

Na tempada 2014-15, o Obradoiro comezou cun equipo practicamente novo. Tan só Alberto Corbacho, Pavel Pumprla e Rafa Luz repetiron no plantel de xogadores do equipo santiagués. Esta tempada deixou un partido para a historia; o 14 de marzo de 2015, o Obradoiro conseguiu o maior triunfo da súa historia e o oitavo da historia da ACB tras derrotar ó UCAM Murcia por 104-52.[13] O alemán Maxi Kleber e o polaco Adam Waczyński, recén chegados a Santiago, axudaron co seu gran rendemento a que o Obradoiro rematara de novo na 12ª posición conseguindo 15 vitorias, o número máis alto dende a clasificación do equipo para os playoffs.

Palmarés[editar | editar a fonte]

Uniformes
Kit body Obradoiro1213.png
Casa jersey
Kit shorts Obradoiro1213.png
Team colours
Casa
Kit body detroitpistonsa.png
Fóra jersey
Kit shorts detroitpistonsa.png
Team colours
Fóra

Copa Galicia[editar | editar a fonte]

Copa Príncipe de Asturias[editar | editar a fonte]

Copa do Rei[editar | editar a fonte]

Outras competicións[editar | editar a fonte]

  • 1984-1985. Campión de Liga de Segunda División.

Traxectoria en liga[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa amosa o percorrido do Obradoiro CAB polas diversas categorías do baloncesto nacional dende a tempada de debut en 1970/71 ate a actualidade: [15]

Categoría 2016 15 14 13 12 11 10 09 08 07 06 05 04 03 02 01 00 99 98 97 96 95 94 93 92 91 90 89 88 87 86 85 84 83 82 81 80 79 78 77 76 75 74 73 72 71
Liga ACB/1ª División Disputándose 12 12 8 13 17 14
LEB Ouro/1ª División B 2 15 5 13 22 6 7 12 3 8 14 8 4 4 8
LEB Prata/2ª División 1 2 9
Categorías rexionais
  • Tempadas na máxima categoría do baloncesto nacional (Liga ACB ou equivalente): 7
82/83, 09/10, 11/12, 12/13, 13/14, 14/15, 15/16
  • Tempadas na segunda categoría do baloncesto nacional (LEB Ouro ou equivalente): 15
73/74, 74/75, 75/76, 76/77, 77/78, 80/81, 81/82, 83/84, 85/86, 86/87, 87/88, 88/89, 89/90, 91/92, 10/11
  • Tempadas noutras categorías: 24
78/79, 79/90, 84/85, 90/91, 92/93, 93/94, 94/95, 95/96, 96/97, 97/98, 98/99, 99/00, 00/01, 01/02, 02/03, 03/04, 04/05, 05/06, 06/07, 07/08, 08/09
Os números do Obradoiro CAB en ACB / Primeira División
Tempadas Xog. Gañ. Per. P+ P- Postos na Tempada Regular Resultado final
2014-15 34 15 19 2467 2535 12º de 18 Permanencia.
2013-14 34 13 21 2548 2624 12º de 18 Permanencia.
2012-13 34 18 16 2720 2640 de 18 Cuartos de final.
2011-12 34 13 21 2405 2481 13º de 18 Permanencia.
2009-10 34 8 26 2519 2814 17º de 18 Descenso.
1982-83 26 2 24 1895 2466 14º de 14 Descenso.
  • Xog. Xogados ; Gañ. Gañados ; Per Perdidos ; P+ Puntos anotados ; P- Puntos encaixados.

Pavillón[editar | editar a fonte]

Exterior do Multiusos Fontes do Sar.
Interior do Multiusos Fontes do Sar.

O Obradoiro CAB xoga os seus encontros como local no Pavillón Multiusos Fontes do Sar, situado no leste da cidade, nunha zona coñecida como Brañas de Sar, ó pe do Monte Gaiás. O recinto foi inaugurado en 1998, e ten capacidade para acoller a 6.050 seareiros. O equipo comparte este pavillón co Santiago Futsal, o equipo de fútbol sala que compite na máxima categoría da LNFS. Este pavillón é propiedade do Concello de Santiago de Compostela.

O primeiro fogar do Obradoiro CAB foi o Ximnasio da USC (actual Auditorio do Campus Vida). En 1975 mudouse ó Pavillón Brañas do Sar, construído polo propio club.[16] Nese recinto chegaron os primeiros grandes éxitos da entidade, incluíndo a tempada 1982-83 na que o equipo competíu na máxima categoría da Liga Española de Baloncesto. Coa chegada dos problemas legáis o equipo comezou a xogar no Pavillón Municipal de Santa Isabel, propiedade do concello, que pasou a ser o principal pavillón da cidade. O Obradoiro CAB volveu a Sar en 2009, para xogar no Pavillón Multiusos Fontes do Sar, construído sobre o antigo Pavillón Brañas do Sar.

Dende o regreso do Obradoiro CAB á elite do baloncesto nacional, a afluencia media de seareiros que acudiron ós encontros do equipo na ACB 2009-10 foi de 5509 persoas, con máximos de 6050 espectadores (fronte ó FC Barcelona). No seguinte ano, co equipo na LEB Ouro 2010-11, a media baixou a 4297 persoas. De volta na Liga ACB, na tempada 2011-12 a media de seareiros no pavillón medrou ata os 5241. [17]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Véxase tamén: Xogadores do Obradoiro CAB.

Xogadores 2015/16[editar | editar a fonte]

Obradoiro CAB 2015-2016
Xogadores [18]
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
A 22 Flag of Lithuania.svg Bendžius, Eimantas 2.03 m (6 ft 8 in) 86 kg (190 lb) Trefl Sopot
AP/P 10 Flag of the United States.svg Brown, Alec 2.16 m (7 ft 1 in) 107 kg (235 lb) Bakersfield Jam
A/AP 32 Flag of the United States.svg Caloiaro, Angelo 2.03 m (6 ft 8 in) 102 kg (225 lb) Telekom Baskets Bonn
B 24 España Cárdenas, Fran 1.78 m (5 ft 10 in) 75 kg (165 lb) Oviedo CB
P 45 España Chagoyen, Jesús 2.01 m (6 ft 7 in) 113 kg (249 lb) CB Canarias
E 2 Flag of the United States.svg Haws, Tyler 1.96 m (6 ft 5 in) 88 kg (195 lb) BYU Cougars
B 44 España Pozas, Pepe 1.8 m (5 ft 11 in) 80 kg (176 lb) CB Valladolid
P 13 Ucraína Pustovyi, Artem 2.16 m (7 ft 1 in) 89 kg (196 lb) Khimik
P 8 España Triguero, Juanjo 2.08 m (6 ft 10 in) 105 kg (231 lb) Valencia Basket
A 21 Polonia Waczyński, Adam 1.96 m (6 ft 5 in) 96 kg (212 lb) Trefl Sopot
A 16 España Yusta, Santiago 2.01 m (6 ft 7 in) 83 kg (183 lb) Real Madrid

Estatísticas individuais[editar | editar a fonte]

1º - España Alberto Corbacho - 137 encontros.
2º - Flag of Brazil.svg Rafa Luz - 103 encontros.
3º - República Checa Pavel Pumprla - 103 encontros.
4º - España Oriol Junyent - 91 encontros.
5º - Flag of Canada.svg Levon Kendall - 70 encontros.
  • Máis rebotes en ACB:
1º - Flag of Canada.svg Levon Kendall - 413 rebotes.
2º - España Oriol Junyent - 325 rebotes.
3º - República Checa Pavel Pumprla - 321 rebotes.
4º - España Alberto Corbacho - 235 rebotes.
5º - Flag of Brazil.svg Rafa Luz - 232 rebotes.
  • Máis roubos de balón en ACB:
1º - República Checa Pavel Pumprla - 131 roubos.
2º - España Alberto Corbacho - 110 roubos.
3º - Flag of Brazil.svg Rafa Luz - 109 roubos.
4º - Flag of Puerto Rico.svg Andrés Rodríguez - 75 roubos.
5º - Flag of Canada.svg Levon Kendall - 68 roubos.
  • Máis puntos en ACB:
1º - España Alberto Corbacho - 1.617 puntos.
2º - Flag of Canada.svg Levon Kendall - 756 puntos.
3º - República Checa Pavel Pumprla - 705 puntos.
4º - España Oriol Junyent - 550 puntos.
5º - Flag of Argentina.svg Javier Bulfoni - 547 puntos.
  • Máis asistencias en ACB:
1º - Flag of Brazil.svg Rafa Luz - 345 asistencias.
2º - Flag of Puerto Rico.svg Andrés Rodríguez - 309 asistencias.
3º - República Checa Pavel Pumprla - 192 asistencias.
4º - España Alberto Corbacho - 159 asistencias.
5º - Flag of Argentina.svg Maximiliano Stanic - 151 asistencias.
  • Máis tapóns en ACB:
1º - Flag of Gabon.svg Stephane Lasme - 64 tapóns.
2º - Flag of Tunisia.svg Salah Mejri - 56 tapóns.
3º - Flag of Canada.svg Levon Kendall - 50 tapóns.
4º - República Checa Pavel Pumprla - 33 tapóns.
5º - Alemaña Maxi Kleber - 31 tapóns.

Datos actualizados ata a tempada 2014-15.
En negriña os xogadores que xogan actualmente no equipo.

Xogadores que acadaron o MVP da xornada na ACB
Xogador Valoración Xornada
Flag of Brazil.svg Rafael Hettsheimeir 35 puntos de valoración Mellor xogador da ACB na xornada 13 da tempada 2009-10.
Grecia Kostas Vasileiadis 35 puntos de valoración Mellor xogador da ACB na xornada 25 da tempada 2009-10.
Flag of Gabon.svg Stephane Lasme 37 puntos de valoración Mellor xogador da ACB na xornada 18 da tempada 2011-12.
Flag of Canada.svg Levon Kendall 30 puntos de valoración Mellor xogador da ACB na xornada 4 da tempada 2012-13.
Flag of Tunisia.svg Salah Mejri 29 puntos de valoración Mellor xogador da ACB na xornada 26 da tempada 2012-13.
Flag of the United States.svg Mike Muscala 32 puntos de valoración Mellor xogador da ACB na xornada 18 da tempada 2013-14.1
España Alberto Corbacho 31 puntos de valoración Mellor xogador da ACB na xornada 21 da tempada 2013-14.
Alemaña Maxi Kleber 45 puntos de valoración Mellor xogador da ACB na xornada 25 da tempada 2014-15.
Polonia Adam Waczyński 30 puntos de valoración Mellor xogador da ACB na xornada 32 da tempada 2014-15.

1Compartido con Andy Panko do Baloncesto Fuenlabrada.
Datos actualizados a tempada 2014-15.

Dorsais retirados[editar | editar a fonte]

Dorsais retirados do Obradoiro CAB
Xogador Posición Etapa Data de retiro do dorsal
4 Bernard Hopkins Ala-pivote 2010-2012 2013 [24]
15 Oriol Junyent Pivote 2009; 2010-2014 10 de maio de 2015 [25]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Obradoiro cambia su nombre y pasa a llamarse desde ahora Río Natura Monbus", artigo en El Correo Gallego, 20 de agosto de 2013 (en castelán).
  2. Historia do Obradoiro CAB na páxina oficial do club
  3. Aquella temporada en la elite, artigo de El Correo Gallego. (en castelán)
  4. Resultados do Obradoiro CAB na tempada 1982-83 da Liga
  5. 21 años después... el Obra vuelve al play-off a la ACB (en castelán)
  6. Xacobeo Blu:sens 63-80 FC Barcelona
  7. Xacobeo Blu:sens 86-66 Ayuda en Acción Fuenlabrada
  8. Xacobeo Blu:sens 78-68 Real Madrid
  9. El Blu:Sens Monbús Obradoiro alza su primera Copa Príncipe (81-78)
  10. Ford Burgos 64-75 Blu:sens Monbús
  11. Salah Mejri es el Jugador Revelación 2012-13
  12. Rio N. Monbus y Atlanta Hawks alcanzan un acuerdo para el traspaso de Muscala
  13. El Rio Natura Monbus dobla al UCAM Murcia para hacer historia (104-52)
  14. Palmarés da Copa Galicia de baloncesto na páxina da Federación Galega
  15. Traxectoria do Obradoiro CAB polas distintas ligas de baloncesto dende a súa fundación na web da ACB
  16. El viejo e inolvidable pabellón de Sar (en castelán)
  17. Datos obtidos sumando as cifras oficiais de cada xornada da Liga ACB e dividindo entre o número de encontros
  18. Cadro de xogadores do Obradoiro CAB na páxina oficial do club
  19. Estatísticas dos xogadores do Obradoiro CAB na tempada 2009-10 da Liga ACB
  20. Estatísticas dos xogadores do Obradoiro CAB na tempada 2011-12 da Liga ACB
  21. Estatísticas dos xogadores do Obradoiro CAB na tempada 2012-13 da Liga ACB
  22. Estatísticas dos xogadores do Obradoiro CAB na tempada 2013-14 da Liga ACB
  23. Estatísticas dos xogadores do Obradoiro CAB na tempada 2014-15 da Liga ACB
  24. «Robbie Hummel por Bernard Hopkins: el `4´de Baltimore deja paso al `4´de Indianápolis». obradoirocab.com. 6 de novembro de 2012. Consultado o 20 de agosto de 2014. 
  25. «El Fontes do Sar despide en pie a Junyent y retira su camiseta». ACB.com. 10 de maio de 2015. Consultado o 10 de maio de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]