Raúl López López

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRaúl López López
Biografía
Nacemento1950 Editar o valor em Wikidata (73/74 anos)
Sarria, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Raúl López López, nado en 1950 en Sarria, é un empresario galego actualmente presidente da compañía de transporte de viaxeiros Monbus. Foi presidente do Club Baloncesto Breogán de Lugo de baloncesto até xuño de 2010,[1] e dende o 27 de outubro dese ano é presidente do Obradoiro CAB.[2][3][4][5]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado na vila de Sarria, Raúl López é presidente de Monbus, Transgacar e do Comité Galego de Transportes, tamén foi até xuño de 2010 presidente do Club Baloncesto Breogán S.A.D. Fillo de emigrante dende pequeno estivo relacionado co mundo do transporte por mor do seu pai, dono da compañía Raúl-Sarria. Despois de rematar os seus estudos traballou como profesor e director de formación viaria, sendo copropietario dunha autoescola en Sarria.

Máis tarde volve á empresa do seu pai, adquirindo en 1977 a empresa Empresa Monforte e tan só un ano despois a xestión do transporte urbano de Lugo. Co falecemento do seu pai, abre o uso da compañía de autobuses aos viaxes de longa distancia durante os anos 1980, adquirindo de novo outras dúas empresas do sector, Transportes La Unión e Gómez de Castro. En 2001 adquire a compañía Castromil, convertendo a Monbús na principal compañía galega do sector.[6] En 2005 adquire Deutsche Touring GMBH e en 2006 Eurolines Peninsular. En 2008, adquire a compañía Hispano Igualadina, o que converte á empresa no primeiro grupo privado de transporte do estado.[7]

Foi presidente do Club Baloncesto Breogán de Lugo de baloncesto até xuño de 2010,[1] e dende o 27 de outubro dese ano é presidente do Obradoiro CAB,[8] en substitución de José Ángel Docobo.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Raúl López fai oficial o seu adeus ao Breogán El Progreso, 5 de xuño de 2010.
  2. eldiariocantabria.es (2023-12-15). "Raúl López, presidente de Monbus Obradoiro, destaca los nuevos desafíos y oportunidades a los que se enfrenta el club". eldiariocantabria.es (en castelán). Consultado o 2024-01-16. 
  3. "Raúl López, presidente de Monbus: «El transporte es trabajar 24 horas los 365 días del año. Pero a mí me hace feliz»". La Voz de Galicia (en castelán). 2021-10-22. Consultado o 2024-01-16. 
  4. Digital, Confidencial (2023-11-23). "Raúl López, presidente de Monbus: “El autobús es la clave para el futuro de la movilidad sostenible”". Confidencial Digital (en castelán). Consultado o 2024-01-16. 
  5. Lugo, El Progreso de (2023-12-05). "Raúl López, de una empresa familiar a un referente en la industria española del transporte con Monbus". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2024-01-16. 
  6. Raúl López López, presidente de Monbus
  7. Monbús merca a catalá Hispano Igualadina
  8. Raúl López manda ya en el Obradoiro Arquivado 28 de outubro de 2010 en Wayback Machine., El Correo Gallego, 28/10/2010.