UCAM Murcia CB
UCAM Murcia | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | ACB |
Fundación | 1985 |
Historia | AD Juver (1985−1993) CB Murcia (1993−2013) |
Cores | Vermello, amarelo |
Presidente | José Luis Mendoza |
Adestrador | Sito Alonso |
Patrocinador | UCAM |
Localización | |
Cidade | Murcia, España |
Pavillón | Palacio de Deportes |
Capacidade | 7 454 |
Inauguración | 1994 |
Campionatos | |
Liga LEB | 3 (1998, 2003, 2011) |
Príncipe | 1 (2006) |
ucammurcia.com |
O UCAM Murcia Club Baloncesto, S.A.D.,[1] onde UCAM fai referencia á Universidad Católica de Murcia, é un equipo de baloncesto profesional español con sede na cidade de Murcia. Fundado en 1985, actualmente compite na liga ACB, máxima categoría do baloncesto español. O UCAM Murcia xoga os seus partidos como local no Palacio de Deportes de Murcia, pavillón con capacidade para 7 454 espectadores.[2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]O equipo naceu en 1985 baixo o nome de Agrupación Deportiva Juver. Sendo Juver, empresa elaboradora de zumes, o patrocinador principal do equipo. A empresa murciana foi o espónsor do conxunto ata a temporada 1992−93. O equipo comezou a súa andaina en categoría autonómica. Na temporada 1985−86 adquiriu os dereitos federativos do Logos de Madrid para militar na Primeira División B, participando nesta categoría durante catro anos. Nos play-offs finais da temporada 1989−90 ascendeu á liga ACB logo de proclamarse campión ao vencer o Obradoiro. Posteriormente demostrouse que realizou unha aliñación indebida, falsificando a ficha de Esteban Daniel Pérez Beltrán, e cuxa identidade verdadeira era Esteban Daniel Pérez Spatazza, internacional arxentino. Finalmente, a ACB e a FEB, ascenderon o equipo.
Na Liga ACB permaneceu seis anos consecutivos. Na etapa correspondente a 1993−94, produciuse un cambio na imaxe corporativa do club. O equipo pasouse a denominar simplemente C.B. Murcia e as cores do uniforme pasaron a ser vermellas. Na temporada 1995−96 o club organiza a fase final da Copa do Rei, acadando o Murcia as semifinais após perder por cinco puntos ante o TDK Manresa de Joan Creus. O equipo catalán finalmente foi quen de gañar a Copa ao vencer ao FC Barcelona. Na temporada 1996−97 o equipo volveu descender á Liga LEB. Non tardaría, porén, en volver á máxima categoría do baloncesto español, xa que na temporada seguinte se proclamou campión desta Liga e ascendeu de novo á ACB. Nesta etapa houbo un cambio de patrocinador e o equipo pasou a chamarse Murcia Artel. Durante a temporada 1998−99 participou na ACB cun novo patrocinador, denominándose Recreativos Orenes Murcia. Con todo, o equipo tan só permanece unha temporada antes de regresar á LEB.
En LEB, a partir do ano 2000, o club adopta o nome de Etosa Murcia. Na temporada 2002−03 o equipo proclamouse campión da LEB e consegue de novo o cobizado ascenso á ACB. A temporada 2003−04, novena do club na ACB, comezou cun nuevo espónsor, Polaris World, e co obxectivo de estabilizar o club na máxima competición estatal. Porén, tras unha temporada nefasta, o club volta á Liga LEB. Nela disputaría as dúas seguintes temporadas, nas que o club cambiou de mans. A empresa murciana Polaris World comprou as accións do club ao até entón presidente, Juan Valverde, e fíxose cargo do equipo, sendo o presidente do club Salvador Hernández. Na temporada 2005−06, o club gaña a Copa Príncipe e consegue o ascenso á ACB, pechando por todo o alto o vixésimo aniversario do nacemento do Club.
Tras atinxir a permanencia dous anos na máxima categoría, na temporada 2008-09 o patrocinador Polaris World sae do club. Este ano o club está a piques de regresar á LEB, con todo, grazas a unha vitoria o 9 de maio ante o CAI Zaragoza por 59−60, puido manter a categoría tras unha temporada moi difícil no plano económico. Estas dificultades levaron ao descenso do club na seguinte temporada. Na temporada 2010−11 o Murcia acaba por terceira vez como campión da LEB, logrando o ascenso directo á Liga ACB,[3] categoría na que permanece desde estón. Cómpre destacar que en 2013 o club pasa ser propiedad da Universidade Católica de Murcia, que muda o nome do club a UCAM Murcia CB.
Patrocinios
[editar | editar a fonte]Por motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
- Júver Murcia (1985–1993)
- CB Murcia Artel (1997–1998)
- Recreativos Orenes CB Murcia (1998−1999)
- Etosa Murcia (2000−2003)
- Polaris World Murcia (2003−2008)
- UCAM Murcia (2011–presente)
Xogadores
[editar | editar a fonte]Cadro actual
[editar | editar a fonte]UCAM Murcia 2022−2023 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Destacados
[editar | editar a fonte]- José Ángel Antelo
- Carlos Cabezas
- Rodrigo San Miguel
- Yanick Moreira
- Facundo Campazzo
- Federico Kammerichs
- Federico Van Lacke
- David Barlow
- Vítor Benite
- Vítor Faverani
- Augusto Lima
- Raulzinho Neto
- Bojan Bogdanović
- Kim Tillie
- Anton Gavel
- Goran Dragić
- Michael Anderson
- James Augustine
- Marcus Fizer
- Clarence Kea
- Matt Nover
- Mike Phillips
- Johnny Rogers
- Lou Roe
- Andre Turner
- Donatas Slanina
- Tomas Delininkaitis
- Martynas Pocius
- Blagota Sekulić
- Ime Udoka
- Thomas Kelati
- Miloš Vujanić
Adestradores
[editar | editar a fonte]A seguinte é unha lista dos adestradores do UCAM Murcia desde a súa fundación.
- Felipe Coello (1985–1991)
- Moncho Monsalve (1991)
- Clifford Luyk (1991)
- Fernando Sánchez Luengo (1991)
- Felipe Coello (1991–1992)
- Iñaki Iriarte (1992−1993)
- Moncho Monsalve (1993)
- José María Oleart (1993–1996)
- Ricardo Hevia (1996−1997)
- Alberto Sanz (1997)
- Felipe Coello (1997–1998)
- Manolo Flores (1998–2000)
- Pepe Rodríguez (2000–2002)
- José María Oleart (2002)
- Felipe Coello (2002–2004)
- Miguel Ángel Martín (2004)
- Iván Déniz (2004–2005)
- Chete Pazo (2005)
- Manel Comas (2005–2006)
- Manolo Hussein (2006–2009)
- Moncho Fernández (2009)
- Edu Torres (2009–2010)
- Luis Guil (2010–2012)
- Óscar Quintana (2012–2014)
- Marcelo Nicola (2014)
- Diego Ocampo (2014–2015)
- Fotios Katsikaris (2015–2016)
- Óscar Quintana (2016–2017)
- Fotios Katsikaris (2017)
- Ibon Navarro (2017–2018)
- Javier Juárez (2018–2019)
- Sito Alonso (2019–presente)
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Campións (3): 1998, 2003, 2011
- Subcampións (1): 2006
- Campións (1): 2006
- Subcampións (1): 2011
Historial
[editar | editar a fonte]Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1986–87 | 2 | 1ª Div. B | 20º | 14–20 | ||||||
1987–88 | 2 | 1ª Div. B | 14º | 24–18 | ||||||
1988–89 | 2 | 1ª Div. | 6º | 20–13 | ||||||
1989–90 | 2 | 1ª Div. B | 1º | 27–8 | ||||||
1990–91 | 1 | ACB | 17º | 18–19 | Primeira rolda | |||||
1991–92 | 1 | ACB | 12º | 16–20 | Terceira rolda | |||||
1992–93 | 1 | ACB | 22º | 8–27 | Primeira rolda | |||||
1993–94 | 1 | ACB | 18º | 11–22 | Primeira rolda | |||||
1994–95 | 1 | ACB | 12º | 18–20 | ||||||
1995–96 | 1 | ACB | 15º | 15–23 | Cuarto lugar | |||||
1996–97 | 1 | ACB | 17º | 6–32 | ||||||
1997–98 | 2 | LEB | 1º | 26–6 | Copa Príncipe | SF | ||||
1998–99 | 1 | ACB | 18º | 4–30 | ||||||
1999–00 | 2 | LEB | 7º | 20–19 | ||||||
2000–01 | 2 | LEB | 9º | 15–15 | ||||||
2001–02 | 2 | LEB | 8º | 15–19 | ||||||
2002–03 | 2 | LEB | 1º | 27–13 | ||||||
2003–04 | 1 | ACB | 18º | 7–27 | ||||||
2004–05 | 2 | LEB | 5º | 21–17 | ||||||
2005–06 | 2 | LEB | 2º | 28–15 | Copa Príncipe | 1º | ||||
2006–07 | 1 | ACB | 14º | 13–21 | ||||||
2007–08 | 1 | ACB | 12º | 13–21 | ||||||
2008–09 | 1 | ACB | 15º | 9–23 | ||||||
2009–10 | 1 | ACB | 18º | 5–29 | ||||||
2010–11 | 2 | LEB Ouro | 1º | 30–4 | Copa Príncipe | 2º | ||||
2011–12 | 1 | ACB | 15º | 13–21 | ||||||
2012–13 | 1 | ACB | 13º | 13–21 | ||||||
2013–14 | 1 | ACB | 13º | 12–22 | ||||||
2014–15 | 1 | ACB | 10º | 17–17 | ||||||
2015–16 | 1 | ACB | 7º | 19–18 | ||||||
2016–17 | 1 | ACB | 9º | 14–18 | 2 EuroCup | T16 | 5–9 | |||
2017–18 | 1 | ACB | 10º | 17–17 | 3 Champions League | 3º | 11–9 | |||
2018–19 | 1 | ACB | 14º | 12–22 | 3 Champions League | OF | 15–3 | |||
2019–20 | 1 | ACB | 16º | 7–15 | ||||||
2020–21 | 1 | ACB | 12º | 16–20 | ||||||
2021–22 | 1 | ACB | 10º | 16–18 | Semifinais |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Deirectiva". ucamdeportes.com (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2017. Consultado o 3 de setembro de 2021.
- ↑ "Palacio de los Deportes". murciocio.es (en castelán). Consultado o 3 de setembro de 2021.
- ↑ "El CB Murcia vuelve a la ACB" [O CB Murcia volve á ACB]. Marca. 15 de abril de 2011.