Artem Pustovyi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Artem Pustovyi
Monbus Obradoiro  – No. 13
Información persoal
Nacemento 25 de xuño de 1992 (31 anos)
Ucraína Sofijiwka, Ucraína
Altura 2,19 m (7 ft 1 in)
Peso oficial 89 kg (196 lb)
Posición Pivote
Información da carreira
Carreira 2009−presente
Historial de equipos
Khimik (2009–2015)
Obradoiro (2015–2018)
Barcelona (2018–2021)
Gran Canaria (2021–2022)
Murcia (2022–2023)
Obradoiro (2023–presente)

Artem Pustovyi, nado o 25 de xuño de 1992 en Sofijiwka, é un xogador profesional de baloncesto ucraíno. Cunha estatura de 2,16 metros xoga na posición de pivote para o Monbus Obradoiro da Liga ACB.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O 18 de xuño de 2015, anunciouse a súa cesión por tres anos ó Obradoiro CAB da Liga ACB, procedente do BC Khimik ucraíno.[1] O 23 de maio de 2017, o Obradoiro chegou a un acordo co Khimik e co propio xogador para estender o seu contrato ata o ano 2019.[2]

O 30 de xullo de 2018, o Obradoiro e o FC Barcelona chegaron a un acordo para o traspaso de Pustovyi, quen asinou un contrato de tres tempadas polo club azulgrana.[3]

O 2 de xullo de 2021, Pustovyi asinou un contrato dunha tempada co CB Gran Canaria da Liga ACB.[4]

O 17 de xullo de 2022, anunciouse a fichaxe de Pustovyi por unha tempada polo UCAM Murcia da Liga ACB.[5]

O 18 de xullo de 2023, anunciouse a volta de Pustovyi a Santiago tras asinar por dúas tempadas polo Obradoiro CAB da Liga ACB.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Rio Natura Monbus Obradoiro llega a un acuerdo con el BK Khimik y Artem Pustovyi para la cesión del jugador durante las próximas tres temporadas". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2015. Consultado o 07 de xullo de 2015. 
  2. "Artem Pustovyi extiende su contrato con el Rio Natura Monbus Obradoiro hasta 2019". Arquivado dende o orixinal o 10 de xuño de 2017. Consultado o 23 de maio de 2017. 
  3. "Artem Pustovyi deja de ser jugador del Monbus Obradoiro". Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2018. Consultado o 30 de xullo de 2018. 
  4. Artem Pustovyi refuerza la pintura del Gran Canaria
  5. "Artem Pustovyi completa el juego interior del UCAM Murcia". ACB.com. 17 de xullo de 2022. Consultado o 17 de xullo de 2022. 
  6. "Artem Pustovyi vuelve a vestirse de obradoirista". ACB.com. 18 de xullo de 2023. Consultado o 18 de xullo de 2023. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]