Saltar ao contido

Pazo dos Deportes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pazo dos Deportes
Lugo Editar o valor en Wikidata
Imaxe
 Instancia de
Implicados
 Propietario/a
 Operador/a
 Ocupante
Datas
 Fundación / creación
12 de setembro de 1992 Editar o valor en Wikidata
 Inauguración
12 de setembro de 1992 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Capacidade6.500 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Situado en
 Coordenadas
Códigos e identificadores
Freebase/m/0cmhw1 Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons

O Pazo provincial dos deportes de Lugo é un pavillón polideportivo situado na cidade de Lugo,[1] no barrio de Acea de Olga. Ten capacidade para 5.310 espectadores.[2] Foi inaugurado en 1992.

O Pazo dos Deportes foi inaugurado o 13 de setembro de 1992 co torneo Xacobeo, no que participaron, a parte do equipo lucense, o Elosúa León, o Maccabi Tel Aviv e o Real Madrid. Na primeira semifinal que enfrontou ao Breogán de Velimir Perasović ao Real Madrid, o madrileños conseguiron a vitoria. No partido polo terceiro e cuarto posto o Breogán vencería por un punto aos macabeos.

Instalacións

[editar | editar a fonte]

Dedicado principalmente ao baloncesto, xa que nel bogan o Club Baloncesto Breogán e o Club Deportivo Ensino, tamén dispón de ximnasio, canchas de squash, e pistas polideportivas anexas. Tamén ten acollido encontros da primeira división da LNFS do Prone Lugo e do Barcel Euro Puebla, ademais de encontros internacionais de baloncesto de todas as categorías.

O pazo está situado no campus de Lugo da Universidade de Santiago de Compostela, motivo pola cal é ás veces chamado "pazo universitario" ou "universitario" simplemente. Conta nos arredores cunha piscina cuberta e pistas de atletismo. O aparcadoiro do recinto é tamén utilizado ás veces para a celebración de concertos ou outras actividades.

  1. "Guía oficial ACB 1992, páxina 183. Editorial DB.". Arquivado dende o orixinal o 10 de febreiro de 2018. Consultado o 27 de maio de 2010.
  2. Meitín Buján, I. (2022-12-12). "El Pazo, el aliado más fiel del Breogán: la asistencia media ya supera los 5.000 espectadores". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 2025-05-13.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]