Kostas Vasileiadis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Kostas Vasileiadis
Kostas Vasileiadis.JPG
Monbus Obradoiro  – No. 77
Escolta / Ala
Información persoal
Nacemento 15 de marzo de 1984 (35 anos)
Flag of Thessaloniki.svg Tesalónica
Nacionalidade Flag of Greece.svg Grecia
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 102 kg (225 lb)
Información da carreira
Carreira dende 2000
Historial de equipos

Grecia PAOK BC (2000-2006)
España CB Málaga (2006-2007)
Grecia Olympiacos BC (2007-2008)
Grecia PAOK BC (2008-2009)
Italia Sutor Basket Montegranaro (2009)
Galicia Obradoiro (2009-2010)
España Bilbao Basket (2010-2013)
Turquía Anadolu Efes (2013-2014)
España CB Málaga (2014-2015)
Grecia PAOK BC (2015-2016)
Galicia Obradoiro (2016)
Grecia AEK (2016-2017)
Grecia Trikala (2017)
España Iberostar Tenerife (2017-2018)
Galicia Obradoiro (2018-)

Konstantinos "Kostas" Vasileiadis (en grego Κώστας Βασιλειάδης), nado en Salónica o 15 de marzo de 1984, é un xogador de baloncesto grego, que xoga actualmente no Monbus Obradoiro da Liga ACB. Pode xogar de escolta ou de ala, mide 2,00 metros e pesa 102 quilos. Foi internacional nas categorías inferiores da selección grega.

Biografía[editar | editar a fonte]

Debutou na liga grega no ano 2000 no PAOK Salónica BC. Fichou polo Unicaja Málaga da liga ACB en 2006 durante o playoff polo título, debutando na eliminatoria de cuartos de final fronte ao Estudiantes.

Logo do paso polo Unicaja fichou polo Olympiakos. Na tempada 2008/09 foi cedido ao PAOK Salónica, rematando como 3º máximo anotador da liga grega cun promedio de 15 puntos.

O 8 de agosto de 2009 fichou polo Xacobeo Blu:Sens de Santiago de Compostela, recentemente ascendido á liga ACB. Axiña se gañou o aprezo da afección do Fontes do Sar, referíndose ao seu xogo como "A lei de Kostas". Tralo descenso do club compostelán, o 3 de xullo de 2010 fichou polo Bilbao Basket por dúas tempadas con opción a outra terceira.

Tras tres tempadas en Bilbao, Vasileiadis fichou polo Anadolu Efes S.K. turco.[1]

O 28 de abril de 2016, voltou ó Obradoiro CAB ata o final da tempada.[2]

O 6 de decembro de 2017, asinou ata final da tempada co Iberostar Tenerife da Liga ACB.[3]

O 15 de xullo de 2018, regresou de novo a Santiago para xogar a súa terceira etapa no Obradoiro CAB.[4] O 30 de decembro de 2018, Vasileiadis convertiuse no primeiro xogador da historia do Obradoiro en conseguir o premio ó mellor xogador do mes da ACB, sendo elixido coma mellor xogador do mes de decembro tras facer 22.6 puntos de valoración, incluíndo tamén un premio ó mellor xogador da xornada.[5]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Club[editar | editar a fonte]

Selección[editar | editar a fonte]

  • Medalla de bronce no Campionato de Europa Junior en 2002 coa selección de Grecia;
  • Medalla de bronce no Campionato do Mundo Junior 2003 coa selección de Grecia;
  • Medalla de prata no Campionato do Mundo sub-20 2005 coa selección de Grecia;

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]