Pepe Pozas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pepe Pozas
Monbus Obradoiro  – No. 44
Base
Información persoal
Nacemento 14 de maio de 1992 (27 anos)
España Málaga
Nacionalidade España España
Altura 1,83 m (6 ft 0 in)
Peso oficial 85 kg (187 lb)
Información da carreira
Carreira dende 2010
Historial de equipos

España Clínicas Rincón (2010–2014)
España Valladolid (2014)
Galicia Obradoiro CAB (2014–)

José Pozas Checa, coñecido coma Pepe Pozas, nado o 14 de maio de 1992 en Málaga, é un xogador profesional de baloncesto español que xoga para o Monbus Obradoiro da Liga ACB. Cunha estatura de 1,83 metros xoga na posición de base.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Pozas formouse nas categorías inferiores do Unicaja Málaga ata chegar ó CB Axarquía da Liga LEB Ouro, equipo que abandonou no ano 2014 para fichar polo CB Valladolid da Liga ACB. En 15 partidos disputados co Valladolid, fixo 5.7 puntos e 3.6 asistencias por encontro.

O 8 de xullo de 2014, anunciouse a súa fichaxe por dúas tempadas polo Obradoiro CAB da Liga ACB.[1] O 8 de xullo de 2017, o Obradoiro anunciou un acordo con Pozas para ampliar o seu contrato unha tempada máis.[2] O 29 de novembro de 2017, ampliaron de novo o contrato do xogador por dúas tempadas máis.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]