Nacho Llovet
MoraBanc Andorra – No. 34 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 9 de maio de 1991 (32 anos)![]() |
Altura | 2,02 m (6 ft 6 in) |
Peso oficial | 102 kg (225 lb) |
Posición | Ala-pivote |
Información da carreira | |
Carreira | 2009−presente |
Historial de equipos | |
Prat (2009–2011) Joventut Badalona (2011–2016) Obradoiro CAB (2016–2019) Andorra (2019–presente) |
Ignacio Llovet Camp, nado o 9 de maio de 1991 en Barcelona, é un xogador profesional de baloncesto español que xoga no MoraBanc Andorra da Liga ACB. Cunha estatura de 2,02 metros xoga na posición de ala-pivote.
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
O 7 de xullo de 2016, anunciouse a súa fichaxe polo Obradoiro CAB da Liga ACB por dúas tempadas.[1] O 26 de setembro de 2017, Llovet e o Obradoiro chegaron a un acordo para renovar o seu contrato ata o ano 2020.[2] O 3 de xullo de 2019, Llovet decidiu executar a cláusula de rescisión do seu contrato, deixando así o club santiagués tras tres tempadas.[3] Ese mesmo día, anunciouse a súa fichaxe polo BC Andorra da Liga ACB por tres tempadas.[4]
O 23 de xullo de 2021, Llovet ampliou a súa vinculación co BC Andorra ata 2024.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "El Rio Natura Monbus Obradoiro ficha a Nacho Llovet". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2018. Consultado o 18 de xullo de 2018.
- ↑ "El Monbus Obradoiro y Nacho Llovet renuevan su contrato hasta junio de 2020". Arquivado dende o orixinal o 18 de xullo de 2018. Consultado o 18 de xullo de 2018.
- ↑ "Nacho Llovet comunica al Monbus Obradoiro que ejecutará la cláusula de rescisión de su contrato". Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2019. Consultado o 03 de xullo de 2019.
- ↑ "Nacho Llovet firma por tres temporadas en el MoraBanc Andorra". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 03 de xullo de 2019.
- ↑ "Nacho Llovet amplía su vinculación con el MoraBanc Andorra hasta 2024". Consultado o 23 de xullo de 2021.