Bilbao Basket
RETAbet Bilbao Basket | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | Liga ACB |
Fundación | 7 de marzo de 2000 |
Historia | Bilbao Basket Berri (2000–presente) |
Cores | Negro, prata |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Patrocinador | RETAbet |
Vestimenta | Errea |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Bilbao Arena |
Capacidade | 10.014 |
Inauguración | 24 de setembro de 2010 |
Campionatos | |
Liga LEB | 1 (2004) |
bilbaobasket.biz |
O Club Deportivo Basket Bilbao Berri S.A.D., tamén chamado RETAbet Bilbao Basket por motivos de patrocinio, é un equipo profesional de baloncesto da cidade de Bilbao, na provincia de Biscaia (Euskadi), que na actualidade compite na Liga ACB. Foi fundado o 7 de marzo de 2000, substituíndo ao anterior equipo de baloncesto bilbaíno xa desaparecido, o "Caja Bilbao". Xogan os seus partidos coma local no Bilbao Arena, inaugurado no ano 2010.
Historia[editar | editar a fonte]
O Basket Bilbao Berri foi fundado o 7 de marzo de 2000, sendo creado para substituír o vello equipo da cidade, o Caja Bilbao. Comezou a súa andaina na LEB-2, cun comezo regular xa que rematou loitando polos postos da parte baixa da liga, rematando finalmente décimo terceiros. A seguinte tempada, a súa segunda na categoría, creouse un proxecto máis ambicioso, coas vistas postas na ACB. Así, ese ano, o Bilbao Berri consegue disputar aos playoff de ascenso, acadando finalmente o ascenso á segunda máxima categoría do baloncesto estatal tras vencer ao Guadalajara e ao La Palma. Finalmente, na tempada 2003-04 o Bilbao Basket ascendeu á máxima categoría, a liga ACB.[1]
Na súa estrea na categoría de prata durante a tempada 2002-03, o Bilbao convertese no equipo revelación e consegue acabar loitando polo ascenso á ACB, aínda que finalmente foi derrotado nos playoffs de ascenso ás primeiras de cambio polo León. Ao ano seguinte os rexistros durante a tempada regular melloraron, terminando coma líder da clasificación, o que lles permitía acceder ás eliminatorias polos ascenso como favoritos. Na primeira rolda venceron, aínda que con dificultade ao Huelva, e nas semifinais vingáronse do León, vencendo por 3 a 0, o que lles supuxo o ascenso á máxima categoría.[1]
Durante os seus dous primeiros anos na ACB, o seu patrocinador foi a a aseguradora "Lagun Aro", que logo pasou a patrocinar ao San Sebastián Gipuzkoa Basket Club, pasando a chamarse Lagun Aro Bilbao Basket; despois o patrocinador que lle deu nome foi o grupo Inmobiliario Iurbentia, pasando a chamarse "Iurbentia Bilbao Basket". Outros patrocinadores importantes do club foron ou son FEVE, El Correo e a Deputación Foral de Biscaia. Ao chegar á Liga ACB, o Bilbao contou cun dos presupostos máis baixos da categoría durante os seus primeiros anos. Durante a tempada 2005-06, conseguiu derrotar por primeira vez ao seu máximo rival, o TAU Baskonia no Bizkaia Arena ante 12.500 espectadores. Así mesmo, derrotou no vello pavillón de "La Casilla" ao Winterthur F.C. Barcelona e ao Unicaja Málaga, campión da Liga Regular.
Foi no Bizkaia Arena onde o Bilbao Basket conseguiu o maior rexistro de asistencia a un partido da ACB con 15.414 persoas o 6 de xaneiro de 2007 ante o TAU Baskonia.[2] O pavillón no que xogaba o Iurbentia era o "Pabellón de Deportes Municipal de La Casilla" ou "La Casilla Udal Pabilioia", con capacidade para 5.200 espectadores.[3] Metro Bilbao, na súa Estación de Indautxu, e as estacións de tren de Autonomía (Renfe Cercanías) e Ametzola (Renfe Cercanías e Feve) daban servizo ao pavillón.
Durante o ano 2006 asinouse o acordo institucional para a construción dun novo pavillón en Miribilla para 8.500 espectadores, que se prevé que poida ser inaugurado para a tempada 2010-11. Para facer fronte á demanda de socios e seareiros na tempada 2009-10 pasou a xogar na localidade veciña de Barakaldo, concretamente no Bizkaia Arena, xunto á Estación de Metro de Ansio, onde xa se disputaban partidos de especial expectación, sendo esta a localización provisional. En Xaneiro do 2010, logo dun mal comezo de tempada (4 vitorias e 13 derrotas), adestrador Txus Vidorreta dimitiu. Vidorreta fora o adestrador co que o Bilbao Basket ascendeu en tódalas categorías e estivo ao mando do equipo durante nove anos dende os inicios do club.
Palmarés[editar | editar a fonte]
- Tempada 2000/01: Liga LEB 2. Posición: 13º
- Tempada 2001/02: Liga LEB 2. Posición: Campión Copa LEB 2 e Campión Liga LEB 2. Ascenso a Liga LEB 1.
- Tempada 2002/03: Liga LEB 1 2002/03. Subcampión Copa LEB 1.
- Tempada 2003/04: Liga LEB 1 2003/04. Campión Liga LEB 1. Ascenso a Liga ACB
- Tempada 2004-05: Liga ACB. 14º.
- Tempada 2005-06: Liga ACB. 15º.
- Tempada 2006-07: Liga ACB. 10º.
- Tempada 2007-08: Liga ACB. 6º.
- Tempada 2008-09: Liga ACB. 8º. Eurocup, clasificado para a final a oito, semifinal.
- Tempada 2009-10: Liga ACB. 9º. Eurocup, clasificado para a final a catro, semifinal (3º).
- Tempada 2010-11: Liga ACB. 6º. Subcampión da Liga ACB.
- Tempada 2011-12: Liga ACB. 6º. Euroliga, cuartos de final.
- Tempada 2012-13: Liga ACB. 7º. Eurocup, finalista.
- Tempada 2013-14: Liga ACB. 14º. Eurocup, eliminado na segunda fase de grupos.
- Tempada 2014-15: Liga ACB. 5º.
- Tempada 2015-16: Liga ACB. 10º. Eurocup, eliminado na segunda fase de grupos.
- Tempada 2016-17: Liga ACB. 10º. Eurocup, eliminado na primeira fase de grupos.
Títulos Nacionais[editar | editar a fonte]
Xogadores[editar | editar a fonte]
Cadro actual[editar | editar a fonte]
RETAbet Bilbao Basket 2017-2018 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Dorsais retirados[editar | editar a fonte]
Dorsais retirados do Obradoiro CAB | ||||
N° | Xogador | Posición | Etapa | Data de retiro do dorsal |
---|---|---|---|---|
14 | ![]() |
Base | 2001–2010, 2016–presente | 2010 [4] |
Palmarés individual[editar | editar a fonte]
Primeiro quinteto da ACB
- Marcelinho Huertas – 2008
- Marko Todorović – 2015
MVP da ULEB Eurocup
- Marko Banić – 2010
Primeiro quinteto da Eurocup
- Marko Banić – 2009, 2010
- Kostas Vasileiadis – 2009, 2013
Segundo quinteto da Eurocup
- Lamont Hamilton – 2013
Adestradores[editar | editar a fonte]
- Txutxo Sanz (2000–2001)
- Pedro Zorrozua (2001)
- Txus Vidorreta (2001–2010)
- Rafa Pueyo (2010, 2013–2014)
- Fotis Katsikaris (2010–2013)
- Sito Alonso (2014–2016)
- Carles Duran (2016–2017)
- Veljko Mršić (2017–presente)
Seareiros[editar | editar a fonte]
O club conta na actualidade con sete agrupacións de seareiros. A pioneira foi Hirukoa, á que seguiron a "Peña Vidorreta" e a "Peña Javi Salgado". Despois chegarían a "Peña 2.18", adicada a Frédéric Weis, e a "Peña Marko Banić". Algo máis tarde se fundou a "Peña La Casa" e, finalmente, a "Peña Bilbao Basket de Erandio".
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Bizkaia Bilbao Basket. Historia". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2019. Consultado o 08 de febreiro de 2010.
- ↑ "15.414 espectadores". www.elcorreo.com. Consultado o 2019-12-18.
- ↑ "Web Oficial de Iurbentia Bilbao Basket". Arquivado dende o orixinal o 09 de marzo de 2009. Consultado o 08 de febreiro de 2010.
- ↑ "El club retira el dorsal del bilbaíno". 16 de xullo de 2010.