Club Baloncesto La Casera Lugo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
La Casera Lugo
Pavillón dos Deportes de Lugo 4.jpg
Información xeral
Fundación 1972
Desaparición 1975
Cores                Negro, verde, branco
Patrocinador La Casera
Localización
Cidade Galicia Lugo, Galiza
Pavillón Palacio Municipal
Capacidade 3 500
Inauguración 1964

O Club Baloncesto La Casera Lugo,[1] foi un club de baloncesto galego con sede na cidade de Lugo. Fundado en 1972, chegou a ser subcampión da Segunda División, tan só por detrás do Club Baloncesto Breogán, o outro equipo da cidade. Tras o ascenso deste último á Primeira División, o La Casera disolveuse.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

O Club Baloncesto La Casera foi fundado en 1972 por Juan Antonio Quiñoá co apoio da compañía de gasosa homónima. Antes da existencia do club en Lugo existiron equipos como o C.B. Celeste, aínda que o máis destacado era o Club Baloncesto Breogán, que naquela altura competía na máxima categoría do baloncesto español, a Primeira División. O La Casera comezou a súa historia competindo na temporada 1972−73 Terceira División, onde na súa primeira temporada consegue acabar en primeiro lugar do Grupo A con 21 vitorias, 1 empate e 2 derrotas, quedando por riba de equipos como o Obradoiro CAB, o Club Bosco e o OAR Ferrol.[2] Na fase de ascenso á Segunda división o La Casera volveu ficar primeiro con 4 vitorias e 1 empate, nun grupo formado polo CB Bidasoa, o Empresa MT, o CA Baloncesto, o H. Trabajo e o Juventud OJE. Así o club lucense lograría o ascenso á segunda categoría estatal, a Segunda Dvisión.

Na temporda 1973−74 da Segunda División o equipo de La Casera, dirixido por Juan Quiñoá, estaba formado por Justo, Prieto, Postius, Bob Fullarton, Bermejo, Seral, Pancho Figueroa, Alfredo Domínguez, Miguel BVourio, Pepe Conde e Pirulo. Con este equipo o club finaliza a temporada en terceiro lugar, tan só por detrás do Club Águilas de Bilbao, que conseguiría o ascenso, e o Castilla Gamo de Valladolid. Na seguinte temporada, co descenso do Breogán á Segunda Dvisión, ía haber un derby local lucense co obxectivo de ascender á máxima categoría.

Na temporada 1974−75 o club La Casera, adestrado por Manuel Jato, contaba no seu elenco con Prieto, J.M. Pérez, Bob Fullarton, Elies, Cifré, Seral, Trigo, Pons, Conde, Suso Fernández e Tito Díaz. Os enfrontamentos entre ambos clubs saldáronse todos con vitoria do Breogán, que conseguiría regresar tan só un ano despois á máxima categoría. Os enfrontamentos entre ambos equipos foron os seguintes, sendo os dous primeiros de liga regular e o terceiro da fase de ascenso:[3]

12 de xaneiro de 1975 Breogán 102 – La Casera 52 Palacio Municipal
Pts: Alfredo Pérez (28) Pts: Bob Fullarton (23)
20 de abril de 1975 La Casera 58 – Breogán 79 Palacio Municipal
Pts: Bob Fullarton (18) Pts: Alfredo Pérez (25)
29 de abril de 1975 Breogán 100 – La Casera 76 Sevilla
Pts: Alfredo Pérez (34) Pts: Bob Fullarton (26)

Finalmente o La Casera quedaría clasficiado en segundo lugar con 21 vitorias e 7 derrotas, tan só por detrás do Breogán e por diante de equipos como o CB Valladolid ou o Obradoiro CAB. Após a finalización da temporada o La Casera disolveuse a algúns dos seus xogadores pasaron formar parte do proxecto de retorno do Breogán á elite.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Elenco de 1975[editar | editar a fonte]

La Casera Lugo 1974−1975 (Subcampións da Segunda División)
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura
A 4 España Fernández, Suso 1,89 m (6 ft 2 in)
B 5 Galicia Díaz, Tito 1,78 m (5 ft 10 in)
AP 6 Galicia Seral, Antonio
P 7 España Elíes, Rafael 1,97 m (6 ft 6 in)
P 8 Flag of the United States.svg Fullarton, Bob 2,08 m (6 ft 10 in)
10 España Prieto
A 11 España Cifré, Pedro 1,92 m (6 ft 4 in)
12 España Trigo
B 14 España Pons, Joaquín
15 España Pérez, J.M.
B Galicia Conde, Pepe
Adestrador

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 12−092021

Destacados[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

Segunda Dvisión

  • Subcampión (1): 1975
  • Terceiro lugar (1): 1974

Historial[editar | editar a fonte]

Ano Nivel Liga Pos. V−D
1972–73 3 3ª División 21–1−2
1973–64 2 2ª División 18–2−6
1974–75 2 2ª División 28–7

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Un frío día de invierno". Somos Breogán. 11 de decembro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 "XXXV Aniversario del baloncesto lucense". 1975. 
  3. Fernández, Cipriano (2016). El cincuentenario de Breogán [O cincuntenario do Breogán]. pp. 54, 55. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]