Santiago Yusta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Santiago Yusta
Casademont Zaragoza
Información persoal
Nacemento 28 de abril de 1997 (26 anos)
España Madrid
Nacionalidade España España
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso oficial 83 kg (183 lb)
Posición Ala
Información da carreira
Carreira 2015−presente
Historial de equipos
Real Madrid (2015)
Obradoiro CAB (2015–2017)
Real Madrid (2017–2019)
CB Canarias (2019–2021)
Zaragoza (2021–presente)

Santiago Yusta García, nado o 28 de abril de 1997 en Madrid, é un xogador profesional de baloncesto español que xoga no Casademont Zaragoza da Liga ACB. Cunha estatura de 2,00 metros xoga na posición de ala.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 9 de xullo de 2015, anunciouse a súa fichaxe polo Obradoiro CAB da Liga ACB.[1]

O 3 de xullo de 2017, anunciouse a súa fichaxe polo Real Madrid da Liga ACB, para as dúas seguintes tempadas.[2]

O 13 de xullo de 2019, anunciouse a fichaxe de Yusta por dúas tempadas polo CB Canarias da Liga ACB.[3] Tras dúas tempadas en Tenerife, Yusta deixou o conxunto aurinegro.[4]

O 6 de xullo de 2021, Yusta asinou co Basket Zaragoza 2002 da Liga ACB un contrato por dúas tempadas.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]