Alberto Abalde

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alberto Abalde
Real Madrid  – No. 6
Información persoal
Nacemento 15 de decembro de 1995 (28 anos)
Galiza Ferrol, Galiza
Altura 2,02 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 93 kg (205 lb)
Posición Ala / Escolta
Información da carreira
NBA Draft 2015 / Elección: Sen draftear
Carreira desde 2013
Historial de equipos
Joventut (2013–2016)
Prat (2013–2014)
Valencia Basket (2016–2020)
Joventut (2016–2017)
Real Madrid (2020–presente)

Alberto Abalde Díaz, nado o 15 de decembro de 1995 en Ferrol, é un xogador profesional galego de baloncesto que xoga no Real Madrid da Liga ACB. Xoga nas posicións de ala ou escolta cunha altura de 2,02 metros. É fillo do ex xogador Alberto Abalde Rodríguez e irmán da xogadora Tamara Abalde.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Aprendeu a xogar ao baloncesto con seu pai Alberto e súa irmá Tamara e o seu primeiro equipo foi o Compañía de María de Vigo. Pasou logo polos Salesianos e os Maristas, chamando a atención de varios equipos e en 2010 entrou na canteira do Joventut de Badalona, no segundo ano de cadete.[1]

Estivo tres anos nas categorías inferiores da Penya, proclamándose campión de España tanto cadete como júnior, e campión da Euroliga Júnior de 2013, na que foi elixido MVP da final disputada en Londres.[2]

Na tempada 2013/14 pasou ao CB Prat, filial do Joventut na LEB Prata.[3] Foi unha das pezas claves no equipo, que acabou logrando o ascenso á LEB Ouro e gañando a Copa LEB Prata.[4] Esa mesma tempada fixo o seu debut co primeiro equipo do Joventut na ACB. Foi o 2 de marzo do 2014 contra o Valladolid no Polideportivo Pisuerga, partido no que fixo cinco puntos.[1][5]

Na tempada 2014/15 compaxinou o filial co primeiro equipo, co que xogou 23 partidos de liga, e na seguinte subiu xa definitivamente ao equipo da ACB, facendo unha media de 7 puntos e 2,3 rebotes en 17 minutos.[3]

En agosto de 2016, Abalde asinou un contrato de catro anos co Valencia Basket, que cedeu ó xogador unha tempada ó Joventut de Badalona.[6] Foi a súa segunda tempada completa co primeiro equipo da Penya e obtivo unha media de 10,1 puntos por partido e 9,7 de valoración.[2] Ao ano seguinte estreouse co Valencia, co que xogou tres tempadas, gañando na primeira delas a Eurocup e debutando na segunda delas na Euroliga fronte ao CSKA de Moscova.[7]

O 21 de xullo de 2020, o club laranxa anunciou a marcha do xogador galego,[8] que fichou por cinco tempadas polo Real Madrid.[9] Aínda lle quedaba un ano de contrato co equipo Valencia, polo que o club madrileño pagou a súa cláusula de rescisión, cun valor de 1,5 millóns de euros.[10]

Selección española[editar | editar a fonte]

Foi internacional nas categorías inferiores da selección española dende 2012. Ese mesmo ano disputou o Mundial sub-17 en Kaunas e ao ano seguinte gañou o bronce europeo coa sub-18 en Letonia. En 2014 e 2015 gañou dúas pratas europeas coa sub-20 en Grecia e Italia respectivamente.[11]

Debutou coa selección absoluta en tres partidos amigables en xullo de 2016 e en xuño de 2018 xogou o seu primeiro partido oficial contra Eslovenia en Liubliana.[12][13] En 2021 disputou o seu primeiro gran torneo internacional, nos Xogos Olímpicos de Toquio 2020, nos que participou tamén súa irmá Tamara. O seu equipo logrou clasificarse para as eliminatorias, despois de ter derrotado na fase de grupos á Arxentina e ao Xapón e de perder contra a Eslovenia de Dončić. Xa nos cuartos de final, non puideron cos Estados Unidos liderados por Kevin Durant, quedando eliminados cun marcador de 81-95.[14]

Palmarés[editar | editar a fonte]

CB Prat[editar | editar a fonte]

Valencia Basket[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Alberto Abalde debuta con el Joventut". Faro de Vigo (en castelán). 3 de marzo de 2014. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  2. 2,0 2,1 "Alberto Abalde, el chico de los 300.000 euros y un Mercadona". El Mundo (en castelán). 8 de xullo de 2020. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  3. 3,0 3,1 "Llevaba casi 3 meses detrás: el Valencia ficha a Abalde y lo deja cedido en el Joventut" (en castelán). 17 de agosto de 2016. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  4. "Alberto Abalde, talento pluriempleado en el CB Prat" (en castelán). 22 de outubro de 2014. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  5. "El Joventut no se apiada del colista Valladolid". Marca (en castelán). 2 de marzo de 2014. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  6. "El Valencia Basket ficha a Alberto Abalde". Marca. 17 de agosto de 2016. Consultado o 17 de agosto de 2016. 
  7. "Abalde: "La magnitud del CSKA es un buen test para ver dónde estamos"". La Vanguardia (en castelán). 3 de outubro de 2019. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  8. Alberto Abalde se desvincula del Valencia Basket
  9. Alberto Abalde, talento nacional para el Real Madrid
  10. "Abalde paga los 1,5 millones de cláusula al Valencia y ficha por el Real Madrid". Mundo Deportivo (en castelán). 22 de xullo de 2020. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  11. "Alberto Abalde". acb.eu. Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2021. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  12. "Sergio Scariolo agradece el trabajo de Alberto Abalde en la selección". La Voz de Galicia (en castelán). 27 de xullo de 2016. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  13. "Alberto Abalde debuta con España en partido oficial" (en castelán). 29 de xuño de 2018. Consultado o 26 de marzo de 2021. 
  14. Álvarez, Robert (3 de agosto de 2021). "Kevin Durant oficia la eliminación de España y la despedida de Pau Gasol". El País (en castelán). Consultado o 3 de agosto de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]