Saltar ao contido

Atlanta Hawks

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Atlanta Hawks
Atlanta Hawks logo
Atlanta Hawks logo
Información xeral
Conferencia Leste
División Sueste
Fundación 1946
Historia Buffalo Bisons
1946
Tri-Cities Blackhawks
1946–1951
Milwaukee Hawks
1951–1955
St. Louis Hawks
1955–1968
Atlanta Hawks
1968–presente
Cores                     Vermello, branco
Retirados 6 (9, 21, 23, 44, 55, 59)
Localización
Cidade Xeorxia Atlanta, Xeorxia
Pavillón State Farm Arena
Capacidade 18.118 espectadores
Inauguración 18 de setembro de 1999
Persoal
Propietario(s) Tony Ressler
Presidente Travis Schlenk
Director Travis Schlenk
Adestrador Nate McMillan
Títulos
Campión 1 (1958)
Conferencia 0
División 12 (1957, 1958, 1959, 1960, 1961, 1968, 1970, 1980, 1987, 1994, 2015, 2021)
hawks.com

Os Atlanta Hawks son un equipo profesional estadounidense de baloncesto con sede en Atlanta, Xeorxia, que xoga na División Sueste da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA). Xogan os seus encontros como local no State Farm Arena, situado no centro financeiro da cidade.

A súa orixe remóntase á fundación dos Tri-Cities Blackhawks en 1946, equipo membro da National Basketball League (NBL). En 1949 uníronse á National Basketball Association (NBA) como parte da fusión entre a NBL e a Basketball Association of America (BAA). Tan só dous anos despois, a franquía trasládase a Milwaukee, onde cambiaron o seu nome ao actual "Hawks" (do inglés: falcóns). O equipo volta trasladarse de novo na mesma década, en 1955, a St. Louis. Alí gañan o seu primeiro título da NBA en 1958. Non sería até dez anos despois cando o equipo se traslada definitivamente a Atlanta.

Actualmente os Hawks posúen a segunda serie máis longa da NBA de anos consecutivos sen gañar un título da NBA, tan só por detrás dos Sacramento Kings. Todas as aparicións da franquía nas Finais da campetición tiveron lugar cando tiña a súa sede en St. Loius. Entrementres, desde 1967, non conseguiron nunca superar unha eliminatoria de play-offs en ningún tipo de formato. Gran parte do fracaso que do equipo nas fases eliminatorias ten que ver co seu pobre historial no Draft da NBA. Desde 1980, os Hawks tan só seleccionaron catro xogadores que co tempo serían escollidos para xogar no partido do All-Star: Doc Rivers, Kevin Willis, Al Horford e Jeff Teague. Dominique Wilkins, un dos mellores xogadores da historia do club, de feito non foi escollido polos de Atlanta, senón polos Utah Jazz.

A franquía foi formada en 1946 baixo o nome de Tri-Cities Blackhawks, xogaba na NBL, e estaba sita no área entre Molline, Illinois, Rock Island, tamén en Illinois e Davenport, en Iowa, zona agora chamada Quad-Cities. Cando a NBL fusionouse coa BAA para forma-la NBA, os Blackhawks acadaron os playoffs na tempada inaugural, baixo o liderado do adestrador Red Auerbach. Porén, na seguinte tempada, despois de que o equipo elixira no draft a Bob Cousy e o mandara ós Chicago Stags (cando estes desapareceron foi ós Boston Celtics tras un draft de dispersión), non conseguiron cualificarse para a postempada. En 1951, a franquía mudouse a Milwaukee, e converteuse nos Hawks. En 1953, os Hawks elixiron a Bob Pettit, futuro MVP da NBA. Pero malia iso, os Hawks tiveron un dos peores balances da liga, e en 1955, mudáronse de novo, esta vez a St. Louis, Missouri. Coas adquisicións do draft e de axentes libres, os Hawks convertéronse axiña nun dos equipos punteiros da liga en pouco tempo, chegando en 1957 á final da NBA, perdendo alí contra os Boston Celtics nun sétimo partido moi emocionante con dous tempos extra incluídos. Na tempada seguinte, no ano 1958, os Hawks chegaron de novo á final sendo o adestrador Alex Hannum, e conseguiron o seu primeiro e ata o momento último título da NBA contra os Celtics no sexto partido.

Os Hawks permaneceron como un dos mellores equipos da NBA na seguinte década. En 1960, sendo adestrador Ed Macauley, o equipo volveu ás finais, pero caeron derrotados, outra vez, contra os Celtics nun sétimo partido moi emocionante. No ano seguinte, 1961, tras elixir o rookie Lenny Wilkens, acadaron outra vez a oportunidade de loitar polo título nas finais, pero esperábanlles a súa besta negra, os Celtics, perdendo en cinco encontros.

Mudanza a Atlanta

[editar | editar a fonte]

Nos seguintes anos, os Hawks seguiron a ser aspirantes ó título, cada tempada chegando máis lonxe nos playoffs e gañando varios títulos de división. En 1968, sendo os novos donos o Gobernador do Estado de Xeorxia, Carl Sanders, e o responsable dunha inmobiliaria baseada en Atlanta, Tom Cousins, o equipo mudouse a Atlanta. A inmobiliaria de Cousins construíu o Omni Coliseum, unha cancha no centro da cidade para os Hawks e para a franquía de hóckey sobre xeo Atlanta Flames, que abriu en 1972, sendo a primeira fase dun macrocomplexo deportivo que incluía hoteis, oficinas e tendas, que agora é coñecido como CNN Center.

Nos seguintes anos despois da mudanza, os Hawks amosaron un equipo moi talentoso, incluíndo a Pete Maravich, gañando outro campionato de división e acadando de novo as finais. Pero despois deste período de éxitos, os Hawks entraron en anos de reestruturación do equipo.

O tamén dono dos Atlanta Braves, Ted Turner, mercou o equipo e asinou a Bernie Bickerstaff como adestrador xefe. En 1979, os Hawks acabaron a tempada con 50 vitorias e gañaron a División Central. En 1982 a franquía asinou á superestrela Dominique Wilkins, e repetiu as 50 vitorias nas seguintes catro tempadas, pero malia iso o equipo non foi capaz de pasar das finais de conferencia. En 1993 asinouse a Lenny Wilkens no posto de adestrador xefe, conducindo o equipo ás 57 vitorias na tempada 1993-1994, conseguindo o récord do equipo, e en 1995 o propio Wilkens esnaquiza o récord de vitorias dun adestrador da NBA con 939 partidos gañados, superando o tamén antigo adestrador dos Hawks Red Auerbach.

Pero nos últimos anos, os Hawks desinfláronse, converténdose unha vez máis nun dos peores equipos da liga. En marzo de 2004 a franquía foi vendida a un grupo de executivos reunidos baixo o nome de Atlanta Spirit LLC by Time Warner (que herdou ós Hawks e os Atlanta Braves por mor do acordo con Turner Broadcasting en 1996), xunto ó equipo de hóckey sobre xeo da cidade, os Atlanta Thrashers, que compartía cos Hawks o Philips Arena. Pero a pesar do cambio de donos, o equipo continuaba a caer na clasificación. Na tempada 2004-2005 incluso tiveron a dubidosa honra de acada-lo peor balance da liga con só 13 vitorias, 5 menos que o novo equipo que entrou nesa tempada na liga, os Charlotte Bobcats, e que os New Orleans Hornets. Pero tiveron mala sorte no sorteo das posicións para o draft, e só puideron consegui-la posición número dous no 2005, indo na primeira elección ós Milwaukee Bucks. Utilizaron ese número dous para elixir a Marvin Williams, da Universidade de North Carolina. Williams está considerado como un dos xogadores deste draft con máis potencial e rendibilidade económica. Ademais, os Hawks tamén puideron conseguir a Josh Childress, a Josh Smith, a Salim Stoudamire, e preto de 25 millóns de dólares en soldos libres para o mercado de axentes libres de 2005. No verán dese ano, completouse un sign-and-trade cos Phoenix Suns que trouxo a Joe Johnson a Atlanta, mandando a Phoenix a Francis Pierre, a Boris Diaw e dúas eleccións de primeira rolda en futuros drafts. Tamén asinaron a Zaza Pachulia, dos Milwaukee Bucks. Todos este trocos tiveron lugar despois dunha aparente loita de poder entre os donos da franquía nas tres semanas anteriores.[1]

No 2006, os Hawks amosaron unha moderada mellora. Malia te-lo peor balance da liga de novo na tempada 2005-2006, conseguiron derrotar os campións saíntes dese ano, os San Antonio Spurs, por 94-84, e tamén os Detroit Pistons, que terían o mellor récord do ano en tempada regular.

Os Hawks só son superados polos Golden State Warriors (12) en tempadas consecutivas sen aparecer nos playoffs con 7.

Pavillón

[editar | editar a fonte]
Véxase tamén: Philips Arena.
Exterior do Philips Arena.

A andaina dos Atlanta Hwaks no mundo do baloncesto tivo por primeiro escenario o Wharton Field House de Moline, Illinois, onde eran coñecidos como Tri-Cities Blackhawks. Este pavillón, con capacidade para 6.000 espectadores, viu ao equipo até o seu traslado até Milwaukee en 1951. Na capital de Wisconsin permaneceron até 1955, ano no cal nacen os St. Louis Hawks, etapa na que gañan o seu primeiro título da NBA. O pavillón principal durante esta etapa sería o Kiel Auditorium, aínda que tamén foi utilizado ocasionalmente o St. Louis Arena. Con todo, non sería até 1968 que o equipo non chega até a súa localización actual, Atlanta. Xa nesta cidade o equipo móvese entre distintos pavillóns, entre os cales están o Alexander Memorial Coliseum, The Omni, o Lakefront Arena, o Georgia Dome and Alexander Memorial Coliseum e a súa actual sede, o Phillips Arena. É preciso destacar que en 1982 o equipo xogou durante 12 partidos en Nova Orleáns en troques de 1,2 millóns de dólares.

Pavillón Localización Estado Capacidade Período(s)
Wharton Field House Moline Illinois Illinois 6.000 1946 1951
Milwaukee Arena Milwaukee Wisconsin Wisconsin 10.783 1951 1955
Kiel Auditorium St. Louis Missouri Missouri 9.300 1955 1968
St. Louis Arena St. Louis Missouri Missouri 14.200 1955 1968
Alexander Memorial Coliseum Atlanta Xeorxia Xeorxia 8.600 1968−72 1997−99
The Omni Atlanta Xeorxia Xeorxia 16.378 1972 1997
Lakefront Arena Nova Orleáns Luisiana Luisiana 8.933 1984 1985
Georgia Dome Atlanta Xeorxia Xeorxia 71.000 1997 1999
Philips Arena Atlanta Xeorxia Xeorxia 18.047 1999
Campións da NBA Campións de Conferencia Campións de División En posición de Playoffs
Temporada Liga Temporada regular Playoffs Premios
Conferencia Posto División Posto V D %V PD
Tri-Cities Blackhawks
1949−50NBAOeste2935.45310Perdidas Semifinais de División (Packers) 2–1
1950−51NBAOeste2543.36819
Milwaukee Hawks
1951−52NBAOeste1749.25824
1952−53NBAOeste2744.28021.5
1953−54NBAOeste2151.29225
1954−55NBAOeste2646.36117Bob Pettit (ROY)
St. Louis Hawks
1955−56NBAOeste3339.4584Gañadas Semifinais de División (Lakers) 2–1
Perdidas Finais de División (Pistons) 3–2
Bob Pettit (MVP)
1956−57NBAOeste3438.472Gañadas Finais de División (Lakers) 3–0
Perdidas Finais da NBA (Celtics) 4–3
1957−58NBAOeste4131.563Gañadas Finais de División (Pistons) 4–1
Gañadas Finais da NBA (Celtics) 4–2
1958−59NBAOeste4923.681Perdidas Finais de División (Lakers) 4–2Bob Pettit (MVP)
1959−60NBAOeste4629.613Gañadas Finais de División (Lakers) 4–3
Perdidas Finais da NBA (Celtics) 4–3
1960−61NBAOeste5128.646Gañadas Finais de División (Lakers) 4–3
Perdidas Finais da NBA (Celtics) 4–1
1961−62NBAOeste2951.36325
1962−63NBAOeste4832.6005Gañadas Semifinais de División (Pistons) 3–1
Perdidas Finais de División (Lakers) 4–3
Harry Gallatin (COY)
1963−64NBAOeste4634.5752Gañadas Semifinais de División (Lakers) 3–2
Perdidas Finais de División (Warriors) 4–3
1964−65NBAOeste4535.5634Perdidas Semifinais de División (Bullets) 3–1
1965−66NBAOeste3644.4509Gañadas Semifinais de División (Bullets) 3–0
Perdidas Finais de División (Lakers) 4–3
1966−67NBAOeste3942.4815Gañadas Semifinais de División (Bulls) 3–0
Perdidas Finais de División (Warriors) 4–2
1967−68NBAOeste5626.683Perdidas Semifinais de División (Warriors) 4–2Richie Guerin (COY)
Atlanta Hawks
1968−69NBAOeste4834.5857Gañadas Semifinais de División (Rockets) 4–2
Perdidas Finais de División (Lakers) 4–1
1969−70NBAOeste4834.585Gañadas Semifinais de División (Bulls) 4–1
Perdidas Finais de División (Lakers) 4–0
1970−71NBALesteCentral3646.4396Perdidas Semifinais de Conferencia (Knicks) 4–1
1971−72NBALesteCentral3646.4392Perdidas Semifinais de Conferencia (Celtics) 4–2
1972−73NBALesteCentral4636.5616Perdidas Semifinais de Conferencia (Celtics) 4–2
1973−74NBALesteCentral3547.42712
1974−75NBALesteCentral3151.37829
1975−76NBALesteCentral2953.35420
1976−77NBALesteCentral3151.37818
1977−78NBALesteCentral4141.50011Perdida Primeira Rolda (Bullets) 2–0Hubie Brown (COY)
1978−79NBALesteCentral4636.5612Gañada Primeira Rolda (Rockets) 2–0
Perdidas Semifinais de Conferencia (Bullets) 4–3
1979−80NBALesteCentral5032.610Perdidas Semifinais de Conferencia (76ers) 4–1
1980−81NBALesteCentral3151.37829
1981−82NBALesteCentral4240.51213Perdida Primeira Rolda (76ers) 2–0
1982−83NBALesteCentral4339.5248Perdida Primeira Rolda (Celtics) 2–1
1983−84NBALesteCentral4042.48810Perdida Primeira Rolda (Bucks) 3–2
1984−85NBALesteCentral3448.41525
1985−86NBALesteCentral5032.6107Gañada Primeira Rolda (Pistons) 3–1
Perdidas Semifinais de Conferencia (Celtics) 4–1
Mike Fratello (COY)
1986−87NBALesteCentral5725.695Gañada Primeira Rolda (Pacers) 3–1
Perdidas Semifinais de Conferencia (Pistons) 4–1
1987−88NBALesteCentral5032.6104Gañada Primeira Rolda (Bucks) 3–2
Perdidas Semifinais de Conferencia (Celtics) 4–3
1988−89NBALesteCentral5230.63411Perdida Primeira Rolda (Bucks) 3–2
1989−90NBALesteCentral4141.50018
1990−91NBALesteCentral4339.52418Perdida Primeira Rolda (Pistons) 3–2
1991−92NBALesteCentral3844.46329
1992−93NBALesteCentral4339.52414Perdida Primeira Rolda (Bulls) 3–0
1993−94NBALesteCentral5725.695Gañada Primeira Rolda (Heat) 3–2
Perdidas Semifinais de Conferencia (Pacers) 4–2
Lenny Wilkens (COY)
1994−95NBALesteCentral4240.51210Perdida Primeira Rolda (Pacers) 3–0
1995−96NBALesteCentral4636.56126Gañada Primeira Rolda (Pacers) 3–2
Perdidas Semifinais de Conferencia (Magic) 4–1
1996−97NBALesteCentral5626.68313Gañada Primeira Rolda (Pistons) 3–2
Perdidas Semifinais de Conferencia (Bulls) 4–1
Dikembe Mutombo (DPOY)
1997−98NBALesteCentral5032.61012Perdida Primeira Rolda (Hornets) 3–1Dikembe Mutombo (DPOY)
Alan Henderson (MIP)
1998−99NBALesteCentral3119.6202Gañada Primeira Rolda (Pistons) 3–2
Perdidas Semifinais de Conferencia (Knicks) 4–0
1999−2000NBALeste14ºCentral2854.34128
2000−01NBALeste13ºCentral2557.30527
2001−02NBALeste12ºCentral3349.40217
2002−03NBALeste11ºCentral3547.42715
2003−04NBALeste12ºCentral2854.34133
2004−05NBALeste15ºSueste1369.15946
2005−06NBALeste14ºSueste2656.31726
2006−07NBALeste13ºSueste3052.36614
2007−08NBALesteSueste3745.45115Perdida Primeira Rolda (Celtics) 4–3
2008−09NBALesteSueste4735.57312Gañada Primeira Rolda (Heat) 4–3
Perdidas Semifinais de Conferencia (Cavaliers) 4–0
2009−10NBALesteSueste5329.6466Gañada Primeira Rolda (Bucks) 4–3
Perdidas Semifinais de Conferencia (Magic) 4–0
Jamal Crawford (SMOY)
2010−11NBALesteSueste4438.53714Gañada Primeira Rolda (Magic) 4–2
Perdidas Semifinais de Conferencia (Bulls) 4–2
2011−12NBALesteSueste4026.6066Perdida Primeira Rolda (Celtics) 4–2
2012−13NBALesteSueste4438.53722Perdida Primeira Rolda (Pacers) 4–2
2013−14NBALesteSueste3844.46316Perdida Primeira Rolda (Pacers) 4–3
2014−15NBALesteSueste6022.732Gañada Primeira Rolda (Nets) 4–2
Gañadas Semifinais de Conferencia (Wizards) 4–2
Perdidas Finais de Conferencia (Cavaliers) 4–0
Mike Budenholzer (COY)
Total temporada regular25892612.4981949–presente
Total playoffs138183.4301949–presente

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Cadro actual

[editar | editar a fonte]
Atlanta Hawks 2023–2024
XogadoresAdestradores
Pos.#Nac.NomeAlturaPesoProcedencia
A/AP 41 Bey, Saddiq 2.01 m (6 ft 7 in) 98 kg (215 lb) Villanova
B/E 13 Bogdanović, Bogdan 1.98 m (6 ft 6 in) 100 kg (220 lb) Serbia
B/E 4 Bufkin, Kobe 1.96 m (6 ft 5 in) 88 kg (195 lb) Michigan
AP/P 15 Suíza Capela, Clint 2.08 m (6 ft 10 in) 109 kg (240 lb) Suíza
AP/P 24 Fernando, Bruno 2.06 m (6 ft 9 in) 109 kg (240 lb) Maryland
B/E 2 Forrest, Trent 1.93 m (6 ft 4 in) 95 kg (210 lb) Florida State
A/AP 14 Griffin, AJ 1.98 m (6 ft 6 in) 101 kg (222 lb) Duke
A/AP 18 Senegal Gueye, Mouhamed 2.08 m (6 ft 10 in) 95 kg (210 lb) Washington State
E/A 12 Hunter, De'Andre 2.03 m (6 ft 8 in) 100 kg (221 lb) Virginia
A/AP 1 Johnson, Jalen 2.03 m (6 ft 8 in) 99 kg (219 lb) Duke
B/E 27 República Checa Krejčí, Vít 2.03 m (6 ft 8 in) 88 kg (195 lb) República Checa
A/AP 3 Lundy, Seth 1.93 m (6 ft 4 in) 100 kg (220 lb) Penn State
B/E 25 Mathews, Garrison 1.98 m (6 ft 6 in) 98 kg (215 lb) Lipscomb
E/A 32 Matthews, Wesley 1.96 m (6 ft 5 in) 100 kg (220 lb) Marquette
B/E 8 Australia Mills, Patty 1.88 m (6 ft 2 in) 82 kg (180 lb) Saint Mary's
B/E 5 Murray, Dejounte 1.96 m (6 ft 5 in) 82 kg (180 lb) Washington
A/AP 17 Okongwu, Onyeka 2.08 m (6 ft 10 in) 109 kg (240 lb) USC
B/E 11 Young, Trae 1.85 m (6 ft 1 in) 74 kg (164 lb) Oklahoma
Adestrador
Asistente(s)
  • Bryan Bailey
  • Mike Brey
  • Brittni Donaldson
  • Steve Klei

Lenda
  • (C) Capitán
  • (DP) Drafteado sen asinar
  • (FA) Axente libre
  • (IN) Inactivo
  • (S) Suspendido
  • Mancado Mancado

Cadro
Actualizado: 25-02-2024

Líderes históricos

[editar | editar a fonte]

Negra indica que ao xogador segue en activo na franquía. Cursiva indica que ao xogador segue en activo, mais non na franquía.

Puntos anotados (temporada regular) (a finais da temporada 2017−18)[2]

  1. Dominique Wilkins (23.292)
  2. Bob Pettit (20.880)
  3. Lou Hudson (16.049)
  4. Cliff Hagan (13.447)
  5. John Drew (12.621)
  6. Joe Johnson (10.606)
  7. Kevin Willis (10.582)
  8. Josh Smith (10.371)
  9. Eddie Johnson (9.631)
  10. Zelmo Beaty (8.727)
  11. Bill Bridges (8.685)
  12. Lenny Wilkens (8.591)
  13. Al Horford (8.288)
  14. Mookie Blaylock (7.743)
  15. Dan Roundfield (7.644)
  16. Doc Rivers (7.357)
  17. Pete Maravich (7.325)
  18. Jason Terry (6.534)
  19. Steve Smith (6.291)
  20. Jeff Teague (6.291)
  21. Joe Caldwell (6.072)
  22. Tree Rollins (5.666)
  23. Marvin Williams (5.616)
  24. Stacey Augmon (5.356)
  25. Walt Bellamy (5.289)
  26. Paul Millsap (5.177)
  27. Clyde Lovellette (4.733)
  28. Alan Henderson (4.575)
  29. Dennis Schröder (4.545)
  30. Steve Hawes (4.498)

Outras estatísticas (temporada regular) (a finais da temporada 2017−18)[3]

Minutos xogados

  1. Dominique Wilkins (32.545)
  2. Bob Pettit (30.690)
  3. Lou Hudson (25.825)
  4. Bill Bridges (23.574)
  5. Josh Smith (23.078)

Rebotes

  1. Bob Pettit (12.849)
  2. Bill Bridges (8.656)
  3. Kevin Willis (7.332)
  4. Dominique Wilkins (6.119)
  5. Tree Rollins (5.994)

Asistencias

  1. Doc Rivers (3.866)
  2. Mookie Blaylock (3.764)
  3. Eddie Johnson (3.207)
  4. Lenny Wilkens (3.049)
  5. Jeff Teague (2.671)

Roubos

  1. Mookie Blaylock (1.321)
  2. Dominique Wilkins (1.245)
  3. Doc Rivers (1.166)
  4. John Drew (859)
  5. Josh Smith (857)

Tapóns

  1. Tree Rollins (2.283)
  2. Josh Smith (1.440)
  3. Dikembe Mutombo (1.094)
  4. Jon Koncak (747)
  5. Dan Roundfield (716)

Dorsais retirados

[editar | editar a fonte]

Aínda que non foi xogador do Hawks, Ted Turner viu o seu dorsal retirado en homenaxe á súa labor como propietario do equipo entre 1977 e 2001. Alén diso, aínda que non foi retirado, o dorsal nº 40 do falecido Jason Collier non foi volto a utilizar. Collier faleceu o 15 de outubro de 2005 sendo xogador dos Hawks debido a un problema cardíaco.

Dorsais retirados polos Atlanta Hawks
Xogador Posición Período Data de retiro do Nº
9Bob PettitAP1954–1965
21Dominique WilkinsA1982–199413 de xaneiro de 2001
23Lou HudsonE1966–19771 de marzo de 1977
44Pete MaravichE1970–19743 de marzo de 2017
55Dikembe MutomboP1996–200124 de novembro de 2015
59Kasim ReedAlcalde de Atlanta2010–20183 de novembro de 2017
Ted Turner1977–200130 de novembro de 2004

Basketball Hall of Fame

[editar | editar a fonte]
Membros do Basketball Hall of Fame dos Atlanta Hawks
Xogadores
Nome Posición Período Ano de ingreso
20Ed MacauleyA1956–19591960
9Bob PettitAP1954–19651971
16Cliff HaganP1956–19661978
22Slater MartinP1956–19601982
14Bob HoubregsA19531987
44Pete MaravichP1970–19741987
14Lenny Wilkens 1P1960–19681989
42Connie HawkinsA1975–19761992
8Walt Bellamy 2B1970–19741993
2Moses MaloneA1988–19912001
21Dominique WilkinsA1996–19972006
19Richie GuerinB1963–1967; 1968–19702013
55Dikembe MutomboA1996–20012015
14
31
Zelmo BeatyA1962–19692016
1Tracy McGradyE2011–20122017
10Maurice CheeksB1991–19922018
22
44
Rod ThornB / E1965–19672018
Adestradores
Nome Posición Período Ano de ingreso
Red AuerbachAdestr.1949–19501969
Red HolzmanAdestr.1954–19571986
Alex HannumAdestr.1957–19581998
Lenny Wilkens 1Adestr.1993–20001998
Hubie BrownAdestr.1976–19812005
Notas:
  • 1 En total, Wilkens foi incluído no Hall of Fame tres veces: como xogador, como adestrador e como membro do Equipo Olímpico de 1992.
  • 2 En total, Bellamy foi incluído no Hall of Fame dúas veces: como xogador e como membro do Equipo Olímpico de 1960.

Galardóns individuais

[editar | editar a fonte]

Adestradores

[editar | editar a fonte]
Pasou toda a súa carreira de adestrador NBA cos Hawks
Elixido no Basketball Hall of Fame como adestrador
Basketball Hall of Fame coma adestrador e pasou toda a súa carreira de adestrador NBA cos Hawks
Mike Budenholzer.
# Nome Período P V D % P V D % Logros
Temporada regular Playoffs
1 Roger Potter 1949
7
1
6
.143
2 Red Auerbach 19491950
57
28
29
.491
3
1
2
.333
10 mellores adestradores da historia da NBA
3 Dave MacMillan 1950
23
9
14
.391
4 Johnny Logan 1950
3
2
1
.667
5 Mike Todorovich 19501951
42
14
28
.333
6 Doxie Moore 19511952
66
17
49
.258
7 Andrew Levane 19521954
117
38
79
.325
8 Red Holzman 19541957
203
83
110
.409
9
4
5
.444
10 mellores adestradores da historia da NBA
9 Slater Martin 1957
8
5
3
.625
10 Alex Hannum 19571958
103
56
47
.544
23
16
7
.696
Un título da NBA (1958)
11 Andy Phillip 1958
10
6
4
.600
12 Ed Macauley 19581959
137
89
48
.650
20
9
11
.450
13 Paul Seymour 19601961
93
56
37
.602
12
5
7
.417
Andrew Levane 1961−1962
60
20
40
.333
14 Bob Pettit 1962
6
4
2
.667
15 Harry Gallatin 19621964
193
111
82
.575
23
12
11
.522
Adestrador do Ano da NBA (1963)
16 Richie Guerin 19641972
618
327
291
.529
60
26
34
.434
Adestrador do Ano da NBA (1968)
17 Cotton Fitzsimmons 19721976
320
140
180
.438
6
2
4
.333
18 Bumper Tormohlen 1976
8
1
7
.125
19 Hubie Brown 19761981
407
199
208
.489
16
6
10
.375
Adestrador do Ano da NBA (1978)
20 Mike Fratello 1981
3
0
3
.000
21 Kevin Loughery 19811984
164
85
79
.518
5
1
4
.200
Mike Fratello 19841990
574
324
250
.564
40
18
22
.450
Adestrador do Ano da NBA (1986)
22 Bob Weiss 19901993
246
124
122
.504
8
2
6
.250
23 Lenny Wilkens 19932000
542
310
232
.572
47
17
30
.362
Adestrador do Ano da NBA (1994)
24 Lon Kruger 20002002
191
69
122
.361
25 Terry Stotts 20022004
137
52
85
.380
26 Mike Woodson 20042010
492
206
286
.419
29
11
18
.379
27 Larry Drew 20102013
230
128
102
.557
24
10
14
.417
28 Mike Budenholzer 2013
164
98
66
.598
19
11
8
.579
Adestrador do Ano da NBA (2015)
  1. Hawks Ownership Dispute Resolved
  2. "Hawks: Players". Basketball Reference (en inglés). 15 de xuño de 2018. Consultado o 2 de decembro de 2018.
  3. "Atlanta Hawks Career Leaders". Basketball Reference (en inglés). 15 de xuño de 2018. Consultado o 2 de decembro de 2018.[Ligazón morta]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]