Pazo Provincial dos Deportes Paco Paz

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Pazo Paco Paz»)

Coordenadas: 42°19′01″N 7°51′51″O / 42.317072222222, -7.8641277777778

Pazo Paco Paz
Galicia Pazo Paco Paz
Datos
LocalizaciónOurense, Galicia
Construción
Inauguración1988
Estadio
Capacidade6.000 espectadores
LocalíaClub Ourense Baloncesto
Ourense Fútbol Sala

O Pazo Provincial dos Deportes Paco Paz é un recinto polideportivo e multiúsos da cidade de Ourense, en Galicia, inaugurado no ano 1988. O pavillón ten unha superficie de parqué homologada para a práctica de baloncesto, fútbol sala ou balonmán entre outros deportes. As bancadas do recinto teñen capacidade para acoller máis de 5.000 persoas en localidades de asento. Situado nun complexo deportivo composto por campos de fútbol, pistas de tenis, piscinas e un circuíto de automodelismo, o seu funcionamento depende da Deputación Provincial de Ourense.

Foi deseñado para cumprir dous obxectivos:

  • O primeiro deles, poder acoller acontecementos deportivos de alto nivel, para o cal, ademais de ter a pista homologada, está equipado con cabinas e salas de prensa, sala VIP e un pavillón auxiliar.
  • O segundo, poder acoller espectáculos culturais, como poden ser concertos musicais, actuacións, actividades recreativas etc.

O Club Ourense Baloncesto xoga os seus encontros como local neste pavillón, do mesmo xeito que o Ourense Fútbol Sala. Isto significa que o Pazo dos Deportes Paco Paz acolleu nas décadas de 1990 e 2000 máis de 150 encontros da Liga ACB durante as 10 tempadas que o COB militou na elite do baloncesto español, e tamén máis de 150 encontros da LNFS durante as 9 tempadas que o Ourense FS militou na máxima categoría do fútbol sala de España.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]