Pepiño Casal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPepiño Casal
Biografía
Nacemento1950 Editar o valor em Wikidata (73/74 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónbaloncestista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
- Obradoiro Clube de Amigos do Baloncesto Editar o valor em Wikidata

José Casal, nado en Vigo en 1950, é un preparador físico galego coñecido como Pepiño Casal.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa andaina no deporte como atleta, chegando a ser campión galego dos 200 metros lisos, campión de España universitario de 200 metros lisos e medalla de bronce na mesma proba no campionato de España júnior.

Iniciouse como preparador físico en diversos equipos de Santiago de Compostela. O primeiro equipo de baloncesto que preparou foi o Obradoiro CAB, do que posteriormente foi adestrador e secretario técnico. A finais dos setenta foi tamén preparador físico da selección española nas categorías xuvenil, júnior e sub-22, con Ignacio Pinedo e Aíto García Reneses como adestradores. Máis tarde formou parte das seleccións absolutas masculina e feminina, baixo as ordes de Antonio Díaz Miguel e María Planas respectivamente.

Durante as décadas de 1990 e 2000 colaborou na preparación física das categorías inferiores do ADM Peleteiro. En 1999, Aíto García Reneses encargoulle a preparación física do primeiro equipo do FC Barcelona onde o seu labor principal foi o de axudar á integración de Juan Carlos Navarro e Pau Gasol no primeiro equipo barcelonista, cargo no que estivo ata o 2002. Ademais, entre 2003 e 2008 foi o preparador físico persoal de Pau Gasol en Europa.

Soou como posíbel director técnico do Obradoiro trala sentenza de 2004, mais non chegou a producirse o nomeamento.[1] Entre os anos 2005 e 2010 fíxose cargo da preparación física do departamento de arbitraxe da Liga ACB.

No 2008 formou parte do corpo técnico da Selección Española de Baloncesto que acadou a medalla de prata nos Xogos Olímpicos de Beixín.[2]

En 2015 foi nomeado Presidente da Fundación Heracles responsable das categorías inferiores do Obradoiro CAB, que pasou a nomearse Fundación Obradoiro.

Dende o ano 1994 dirixe o Campus de Baloncesto Peleteiro, que xunta máis de 200 xogadores de baloncesto cada xuño no Colexio Manuel Peleteiro. Dende o ano 2000 dirixe xunto a Fernando Romay e Eva Latorre o Campus Memorial Antonio Díaz Miguel, que cada verán xunta máis de 300 xogadores.

É presidente de diversas asociacións de pesca fluvial e un defensor dos ríos galegos.

Notas[editar | editar a fonte]