Fundación CB Granada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Fundación CB Granada
Información xeral
Liga ACB
Fundación 2012
Cores           Vermello, negro
Presidente España Óscar Fernández-Arenas
Adestrador España Pablo Pin
Patrocinador Covirán
Localización
Cidade España Granada, España
Pavillón Palacio Municipal
Capacidade 9 507
Inauguración 1991
Campionatos
Liga LEB 1 (2022)
fundacioncbgranada.es
Para o equipo de baloncesto de Granada que competiu entre 1996 e 2011 na Liga ACB, véxase CB Granada.

A Fundación Club Baloncesto Granada, coñecido por motivos de patrocinio como Covirán Granada, é un club de baloncesto profesional con sede na cidade de Granada, España, que xoga actualmente na Liga ACB. Fundado no ano 2012 como sucesor do desaparecido Club Baloncesto Granada, chegou á máxima categoría do baloncesto español por primeira vez en 2022. O club xoga os seus encontros como local no Palacio Municipal de Deportes, pavillón con capacidade para 9 507 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

A Fundación Club Baloncesto Granada foi fundada en 2006 como entidade asociada ao Club Baloncesto Granada, co obxectivo de promover o baloncesto e outro tipo de actividades non lucrativas na provincia de Granada. No ano 2012, despois da disolución do CB Granada, a entidade decidiu crear un equipo de baloncesto sénior que puidese substituír o desaparecido na cidade. Na súa primeira temporada, o club ascendeu á Liga EBA após finalizar campión do grupo andaluz da Primeira División de Baloncesto,[1] quinta categoría do baloncesto español. No ano 2013 o club comeza a denominarse Covirán Granada por motivos de patrocinio.

Dous anos despois, en 2015, o Covirán Granada clasifícase para a fase final da Liga EBA. Nesta fase, disputada en Albacete, o equipo finaliza primeiro e acada o ascenso LEB Prata, a terceira categoría do baloncesto español.[2] En 2017 o Granada consegue o seu primeiro título, a Copa LEB Prata, despois de vencer ao HLA Alicante por 80–74. Con todo, o equipo non consegue o ascenso á LEB Ouro despois de seren eliminados polo Sammic ISB en semifinais. AO ano seguinte o Granada consegue reter o título de campión da Copa LEB Prata, esta vez após vencer na final ao Fundación Globalcaja La Roda por 71–63. Na liga esta vez o desenlace sería diferente e o club consegue ascender á LEB Ouro.

Na segunda categoría permance durante catro temporadas. Na primeira temporada, a 2018−19, consegue clasificarse en oitavo lugar e disputar os playoffs polo ascenso, onde perden na primeira rolda ante o Iberojet Palma. Na segunda tempada o equipo sofre e finaliza en décimo terceiro lugar no momento en que a competición se detivo por mor da pandemia de COVID-19. Na tempada 2020−21, nunha categoría con dous grupos e con só unha praza de ascenso, o Granada consegue chegar a final. Con todo, no xogo definitivo son derrotados ostensiblemente en Granada polo Club Baloncesto Breogán no Palacio Municipal de Deportes (57−83).[3] Ao ano seguinte, xa co formato tradicional, o Granada consegue o primeiro posto e o seu primeiro ascenso á Liga ACB.[4]

Pavillón[editar | editar a fonte]

O Fundación CB Granada xoga so seus encontros como local no Palacio Municipal de Deportes de Granada, un pavillón multiúsos situado no Paseo do Emperador Carlos V de Granada, con capacidade para 9000 espectadores. Foi o pavillón do CB Granada ata a súa desaparición no ano 2012.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Elenco actual =[editar | editar a fonte]

Covirán Granada 2022−2023
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
P 1 Felício, Cristiano 2,11 m (6 ft 11 in) 123 kg (271 lb) ratiopharm Ulm (2022)
A 2 Bropleh, Thomas 1,96 m (6 ft 5 in) 91 kg (201 lb) Bahía San Agustín (2020)
P 4 Senegal Niang, Petit 2,09 m (6 ft 10 in) 100 kg (220 lb) Coosur Real Betis (2021)
B 12 Bosnia e Hercegovina Renfroe, Alex 1,91 m (6 ft 3 in) 80 kg (176 lb) Hereda San Pablo Burgos (2022)
A 13 España Vilà, Ramón 2,03 m (6 ft 8 in) 110 kg (243 lb) Casademont Zaragoza (2022)
B 14 España Díaz, Christian 1,84 m (6 ft 0 in) 80 kg (176 lb) Leche Río Breogán (2020)
B 15 España Costa, Lluís 1,87 m (6 ft 2 in) 80 kg (176 lb) FC Barcelona B (2020)
A 19 España Tomàs, Pere 2,00 m (6 ft 7 in) 91 kg (201 lb) Acunsa GBC (2021)
AP 21 España Iriarte, David 2,05 m (6 ft 9 in) 112 kg (247 lb) Zornotza ST (2017)
E 24 Ali, Prince 1,93 m (6 ft 4 in) 88 kg (194 lb) Crailsheim Merlins (2022)
AP 32 Maye, Luke 2,03 m (6 ft 8 in) 109 kg (240 lb) BAXI Manresa (2022)
AP 50 España Díaz, Jacobo 2,05 m (6 ft 9 in) 97 kg (214 lb) Bahía San Agustín (2021)
Adestrador
España Juan Pablo Pin
Asistente(s)
España Alberto Fernández
España Arturo Ruíz

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 14−102022

Destacados[editar | editar a fonte]

Adestradores[editar | editar a fonte]

Palmarés[editar | editar a fonte]

LEB Ouro

  • Campións (1): 2022
  • Subcampións (1): 2021

LEB Prata

  • Campións (1): 2018

Copa LEB Prata

  • Campións (2): 2017, 2018

Historial[editar | editar a fonte]

Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas
2012−13 5 Autonómica 12–7
2013−14 4 EBA 16–6
2014−15 4 EBA 22–7
2015−16 3 LEB Prata 15–13
2016−17 3 LEB Prata 25–13 Copa LEB Prata
2017−18 3 LEB Prata 23–7 Copa LEB Prata
2018−19 2 LEB Ouro 22–17
2019−20 2 LEB Ouro 13º 9–15
2020−21 2 LEB Ouro 25–12
2021−22 2 LEB Ouro 26–8 Copa Princesa

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]