Nemanja Radović
UCAM Murcia – No. 11 | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 11 de novembro de 1991 (32 anos) Berane, Montenegro |
Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
Peso oficial | 95 kg (209 lb) |
Posición | Ala / Ala-pivote |
Información da carreira | |
Carreira | 2008−presente |
Historial de equipos | |
Mornar Bar (2008–2011) Budućnost Podgorica (2011–2012) Vršac (2012–2013) KAOD (2013) Mega Vizura (2013–2014) Murcia (2014–2017) Obradoiro (2017–2018) Zaragoza (2018–2020) Murcia (2020–presente) |
Nemanja Radović, nado o 11 de novembro de 1991 en Berane, é un xogador profesional de baloncesto montenegrino que xoga para o UCAM Murcia da Liga ACB. Cunha estatura de 2,08 metros pode xogar nas posicións de ala e ala-pivote.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O 1 de agosto de 2017, anunciouse a súa fichaxe polo Obradoiro CAB da Liga ACB por unha tempada.[1]
O 1 de xullo de 2018, anunciouse a fichaxe de Radović polo Tecnyconta Zaragoza da Liga ACB por dúas tempadas.[2] O 23 de xuño de 2019, renovou unha tempada máis co Zaragoza.[3]
O 7 de xullo de 2020, Radović asinou un contrato dun ano con opción a outro máis co UCAM Murcia.[4] O 30 de maio de 2021, anunciouse a renovación de Radovic co Murcia ata 2023.[5]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "El Monbus Obradoiro ficha a Nemanja Radovic". Arquivado dende o orixinal o 04 de agosto de 2017. Consultado o 01 de agosto de 2017.
- ↑ "Nemanja Radovic se convierte en el primer fichaje de Tecnyconta Zaragoza". Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2018. Consultado o 26 de xullo de 2018.
- ↑ "Nemanja Radovic seguirá una temporada más en Tecnyconta Zaragoza". Arquivado dende o orixinal o 24 de xuño de 2019. Consultado o 23 de xuño de 2019.
- ↑ Nemanja Radovic vuelve a UCAM Murcia
- ↑ Nemanja Radovic extends with UCAM Murcia until 2023
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
Categorías:
- Nados en 1991
- Nados en Montenegro
- Xogadores de baloncesto de Montenegro
- Alas de baloncesto
- Ala-pivotes de baloncesto
- Xogadores de baloncesto da ACB
- Xogadores do KK Mornar Bar
- Xogadores do KK Budućnost Podgorica
- Xogadores do KAOD BC
- Xogadores do KK Mega Basket
- Xogadores do CB Murcia
- Xogadores do Obradoiro CAB
- Xogadores do Basket Zaragoza 2002