Bàsquet Girona

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bàsquet Girona
Información xeral
Nome Bàsquet Girona
Liga ACB
Fundación 2014
Historia CEB Marc Gasol (2014–2016)
CEB Girona Marc Gasol (2016–2017)
Cores           Vermello, branco
Presidente España Marc Gasol
Adestrador España Aíto García Reneses
Localización
Cidade España Xirona, España
Pavillón Pavelló Girona-Fontajau
Capacidade 5 500
basquetgirona.com
Para o equipo de baloncesto de Xirona que competiu entre 1988 e 2008 na Liga ACB, véxase CB Sant Josep.

O Bàsquet Girona é un club profesional de baloncesto español con sede na cidade de Xirona, Cataluña, que xoga actualmente na Liga ACB. Fundado no ano 2014 por Marc Gasol co nome de Club Escola Bàsquet Marc Gasol, chegou á máxima categoría do baloncesto español por primeira vez en 2022. Xoga os seus encontros como local no Pavelló Girona-Fontajau, recinto con capacidade para 5 500 espectadores.

Historia[editar | editar a fonte]

O club foi fundado no ano 2014 polo xogador daquela xogador da NBA Marc Gasol. O propio Gasol foi o primeiro presidente e bautizou ao equipo co nome de "Club Escola Bàsquet Marc Gasol".[1] Acompañando a Marc Gasol estaban Alex Formento como vicepresidente, Marc Pena de director deportivo e Jesús Escosa como secretario técnico.[1] Debutou con cinco equipos que competían en diferentes categorías de base. No ano 2016 engadiuse o nome da cidade ao nome do club, mudando a "Escola de Bàsquet Girona Marc Gasol" e un ano máis tarde, mudou outra vez ao actual Baloncesto Xirona. Co obxectivo de arraigar, de novo, un proxecto profesional de baloncesto para a cidade, en 2017 o Bàsquet Girona crea o seu primeiro equipo sénior, o cal debutou na tempada 2017−18 da Liga EBA, a cuarta categoría do baloncesto español, con Quim Costa de adestrador. Ao acabar a primeira tempada o club aproveitou a ampliación a 24 equipos da Liga LEB Prata para ascender unha categoría.

Após dúas temporadas na terceira categoría do baloncesto español, na tempada 2019−20 a temporada finaliza prematuramente á pandemia mundial causada pola COVID-19, co Girona en segundo posición, o que lle serve para ascender directamente á LEB Ouro. O 25 de novembro de 2021, durante a primeira temporada do na segunda categoría, o presidente Marc Gasol incorpórase ao elenco de xogadores do equipo, axudando ao seu club a ascender á Liga ACB após vencer ao Movistar Estudiantes na Final Four disputada en Xirona.

Xogadores[editar | editar a fonte]

Cadro actual[editar | editar a fonte]

Bàsquet Girona 2022−2023
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Procedencia
E 2 Fjellerup, Máximo 1,98 m (6 ft 6 in) 123 kg (271 lb) Palmer Alma Mediterránea (2022)
A 4 España Vila, Eric 2,09 m (6 ft 10 in) 100 kg (220 lb) UTEP Miners (2021)
E 5 Taylor, Kameron 1,98 m (6 ft 6 in) 94 kg (207 lb) Strasbourg IG (2022)
B 7 España Figueras, Pol 1,85 m (6 ft 1 in) 80 kg (176 lb) Palmer Alma Mediterránea (2022)
AP 8 Croacia Prkačin, Roko 2,06 m (6 ft 9 in) 102 kg (225 lb) Cibona (2022)
B 10 AndorraEspaña Colom, Quino 1,88 m (6 ft 2 in) 88 kg (194 lb) AEK (2022)
P 11 Miletić, Dušan 2,14 m (7 ft 0 in) 103 kg (227 lb) Partizan (2022)
AP 18 España Oriola, Pierre 2,06 m (6 ft 9 in) 107 kg (236 lb) Barça (2022)
P 21 Croacia Bursać, Aleksandar 2,05 m (6 ft 9 in) 103 kg (227 lb) Zadar (2022)
B 24 España Franch, Josep 1,92 m (6 ft 4 in) 103 kg (227 lb) Melilla Sport Capital (2021)
E 28 República Checa Hanzlik, Ondrej 2,00 m (6 ft 7 in) 80 kg (176 lb) Juaristi ISB (2022)
B 29 Italia Garino, Pato 1,96 m (6 ft 5 in) 92 kg (203 lb) Nanterre 92 (2022)
P 33 España Gasol, Marc 2,15 m (7 ft 1 in) 116 kg (256 lb) Los Angeles Lakers (2021)
P 35 España Sorolla, Jaume 2,11 m (6 ft 11 in) 118 kg (260 lb) FC Barcelona B (2021)
Adestrador
España Aíto García Reneses
Asistente(s)
República Checa Lubos Barton
España Albert Sabat

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 15−102022

Destacados[editar | editar a fonte]

Adestradores[editar | editar a fonte]

Historial[editar | editar a fonte]

Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas
2017−18 4 EBA 17–9
2018−19 3 LEB Prata 18–16
2019−20 3 LEB Prata 19–6 Copa LEB Prata
2020−21 2 LEB Ouro 14º 12–14
2021−22 2 LEB Ouro 21–13

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Marc Gasol funda un club escuela en Girona". FEB (en castelán). 20 de maio de 2014. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]