Liga ACB 2011-12
| Tipo | Liga ACB |
|---|---|
| Deporte | baloncesto |
| Organizador | Liga ACB |
| Número de participantes | 18 |
| Localización e Datas | |
| País | España |
| Período | tempada 2011-2012 |
| Intervalo de tempo | 8 de outubro de 2011 – 16 de xuño de 2012 |
| Competición | |
| Primeiro posto | FC Barcelona Bàsquet |
| Datos estatísticos | |
| Puntos por partido | Andy Panko |
A tempada 2011-12 da Liga ACB foi a 29ª edición da máxima competición ligueira entre clubs de baloncesto que se xoga en España. A liga comezou o 8 de outubro de 2011, e rematou o 16 de xuño de 2012 co quinto e derradeiro encontro da final.
Composta por 18 conxuntos, a liga tivo unha tempada regular con 34 xornadas, e de seguido os 8 primeiros equipos da táboa comezaron a disputa das eliminatorias polo título. Pola contra, os dous últimos da táboa descenderon de categoría, malia que diversas razóns económicas permitiron que os dous recuperasen a categoría.
Tempada regular
[editar | editar a fonte]A tempada regular rematou o 6 de maio de 2012 despois da disputa de 34 xornadas. O Regal FC Barcelona acadou o primeiro posto da táboa con 29 vitorias, seguido polo Real Madrid Basket que venceu en 26 encontros. Pola parte baixa da táboa o máis salientable foi a clasificación do Asefa Estudiantes en postos do descenso de categoría por vez primeira na súa longa historia, se ben finalmente non se levou a cabo por cuestións administrativas. O Blu:sens Monbus Obradoiro, único representante galego na elite do baloncesto español, levou a cabo a mellor tempada da súa historia, acadando a permanencia na penúltima xornada, e rematou a súa participación con 13 vitorias. Así quedou a táboa clasificatoria ó cabo das 34 xornadas da tempada regular:
|
Xog = Encontros xogados; G = Encontros gañados; P = Encontros perdidos; P+ = Puntos a prol; P- = Puntos en contra; Dif = Diferenza de puntos |
Rolda final
[editar | editar a fonte]Unha vez rematada a tempada regular, os oito primeiros conxuntos da táboa comezaron a disputa polo campionato. Cada eliminatoria dos cuartos de final decidíase ó mellor de 3 encontros, mentres que as semifinais e a final decidíronse ó mellor de 5 encontros. Así foron os emparellamentos das eliminatorias finais polo título:
| Cuartos de final | Semifinal | Final | ||||||||
| 1 - Regal FC Barcelona | 2 | |||||||||
| 8 - CB Lucentum | 0 | |||||||||
| 1 - Regal FC Barcelona | 3 | |||||||||
| 4 - Valencia BC | 1 | |||||||||
| 4 - Valencia BC | 2 | |||||||||
| 5 - Lagun Aro GBC | 1 | |||||||||
| 1 - Regal FC Barcelona | 3 | |||||||||
| 2 - Real Madrid | 2 | |||||||||
| 2 - Real Madrid | 2 | |||||||||
| 7 - Banca Cívica | 0 | |||||||||
| 2 - Real Madrid | 3 | |||||||||
| 3 - Caja Laboral | 2 | |||||||||
| 3 - Caja Laboral | 2 | |||||||||
| 6 - Gescrap Bizkaia | 0 | |||||||||
O campión definitivo da edición 2011/12 da Liga ACB foi o Regal FC Barcelona, que bateu na final ó MMT Real Madrid por 3 encontros a 2. Esta vitoria supuxo o 14º título de Liga ACB para o club catalán, que así aumentou a súa vantaxe no palmarés desta competición sobre o Real Madrid (8 títulos).
O xogador culé Erazem Lorbek foi elixido MVP da final.
Estatísticas da tempada regular
[editar | editar a fonte]| Máximo anotador: | |
| Valoración: | |
| Máximo reboteador: | |
| Máximo asistente: | |
| Máximo taponador: | |
| Máximo recuperador: | |
| Máximo machacador: | |
| Porcentaxe tiros 1: | |
| Porcentaxe tiros 2: | |
| Porcentaxe tiros 3: |
Premios
[editar | editar a fonte]- MVP da Tempada
- Xogador máis espectacular
- Xogador revelación
- Xogador máis deportivo
- Mellor adestrador
- Quinteto ideal da tempada
| Posición | Xogador | Equipo |
|---|---|---|
| Base | Real Madrid | |
| Escolta | Lagun Aro GBC | |
| Aleiro | Lagun Aro GBC | |
| Ala-pívot | Caja Laboral | |
| Pívot | FC Barcelona Regal |