Panathinaikos B.C.
(Redirixido desde "Panathinaikos BC")
Panathinaikos | |
![]() |
|
Información xeral | |
---|---|
Nome | ΚΑΕ Παναθηναϊκός Α.Ο. |
Liga | A1 Ethniki / Euroliga |
Alcume | PAO (ΠΑΟ) |
Fundación | 1922 |
Cores | Verde, branco, dourado |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Patrocinador | Stoiximan |
Vestimenta | Adidas |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | OAKA Indoor Hall |
Capacidade | 18.500 |
Inauguración | 1995 |
Campionatos | |
Euroliga | 6 (1996, 2000, 2002, 2007, 2009, 2011) |
Tripla coroa | 2 (2007, 2009) |
Liga | 34 (1946–47, 1950–51, 1954, 1961–62, 1967, 1969, 1971–75, 1977, 1980–82, 1984, 1998–01, 2003–11, 2013–14) |
Copa | 16 (1979, 1982, 1983, 1986, 1993, 1996, 2003, 2005–09, 2012–15) |
paobc.gr |
O K.A.E. Panathinaikos Athlitikos Omilos (en grego: Κ.Α.Ε. Παναθηναϊκός, transliterado en galego: K.A.E. Panathinaikos) é un equipo profesional de baloncesto grego con sede na cidade de Atenas. O club é tamén coñecido de xeito habitual como PAO, que son as siglas de "Panathinaikos Athlitikos Omilos". O donos do club son os magnates da industria farmacéutica Pavlos Giannakopoulos e Thanassis Giannakopoulos. O equipo foi fundado en 1922, converténdose dende aquela no equipo con máis éxito do baloncesto grego, e nun dos máis importantes de Europa. O Panathinaikos gañou até o momento trinta ligas gregas, doce copas, seis Euroligas, un Campionato do Mundo FIBA e dúas triplas coroas.