OAR Ferrol
Club Baloncesto OAR Ferrol | |
Información xeral | |
---|---|
Fundación | 1951 |
Historia | Club Baloncesto OAR Ferrol (1951-1996) |
Cores | Verde e branco |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Pavillón Municipal Punta Arnela (5.500) Pavillón Polideportivo A Malata(5.000) |
Campionatos | |
Copa Galicia | 5 (1988, 1989, 1990, 1991, 1993) |
Información na web da ACB |
O OAR Ferrol foi un club de baloncesto galego da cidade de Ferrol fundado en 1951 e desaparecido en 1996.
Historia[editar | editar a fonte]
O Obra Atlética Recreativa Ferrol foi fundado en 1951, sendo o seu primeiro presidente Jaime López Perez, e contando nun principio unicamente cun equipo xuvenil, que se proclama campión da liga local do ano 1954 ao 1957. É na tempada 1957-58, na cal, baixo a presidencia de Antonio Bouza Evia, aproveitando os cimentos deixados polo equipo xuvenil forma un equipo sénior capaz de competir en igualdade con outros equipos xa consolidados.
Na primeira tempada conquista a Segunda División Provincial, se ben a desaparición de dita división fai que non acade o ascenso de categoría, e provoca a desaparición do equipo sénior, que non reaparecerá ata a tempada 1963-64, baixo a presidencia de Juan Fernández García, que logo dirixiría os destinos do club os seguintes 30 anos.
Na tempada 1975-76 o equipo militaba na 3ª División Nacional. A idea de afrontar tarefas máis importantes concretouse na cabeza de Juan Fernández. Cun americano prestado, demostrouse nalgún partido amigable que este era o que marcaba a diferenza. Na seguinte tempada, a 1976-77, fichouse a José Antonio Figueroa, un adestrador profesional, que nuns anos conduciu e mantivo ao equipo en Primeira División.
É durante a presidencia de Juan Fernández García cando o club obtén os seus maiores éxitos deportivos, marcados por sucesivos ascensos de categoría que levan ao club a militar durante trece anos na máxima categoría do baloncesto español, chamada primeiro División De Honra, e despois coñecida pola súa denominación Liga ACB. Nestes trece anos logra clasificarse en dúas ocasións para xogar competición europea, concretamente a Copa Korać.
É na tempada 1993-94. cando por motivos económicos, motivados en boa medida pola súa conversión en S.A.D., perde administrativamente a categoría, o que levaría á súa desaparición pouco tempo despois. Durante a longa vida deportiva do Club Baloncesto OAR Ferrol, foron moitos os xogadores e adestradores que defenderon as cores do equipo.
Xogadores destacados[editar | editar a fonte]
- Manuel Saldaña ("Mico")
- Miguel Loureiro ("Canido")
- Manuel Aller
- José Antonio Figueroa
- Anicet Lavodrama
- Ricardo Hevia
- Miguel Maseda
- Lars Hansen
- Fernando Romay
- Ricardo Aldrey
- Óscar Cobelo
- Javier Vallejo
- Nate Davis
- Valentín Ruano
- Javier Casero
- Moncho Monsalve
- Otis Howard
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Ligas españolas[editar | editar a fonte]
Tempada | 1979-80 | 1980-81 | 1981-82 | 1982-83 | 1983-84 | 1984-85 | 1985-86 | 1986-97 | 1987-88 | 1988-89 | 1989-90 | 1990-91 | 1991-92 | 1992-93 | 1993-94 | 1994-95 | 1995-96 | |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Liga | Segunda División | Primeira División | Primeira División | Primeira División | ACB | ACB | ACB | ACB | Primeira División B | ACB | ACB | ACB | ACB | ACB | ACB | Segunda División | Liga EBA | |
Posto | 1 | 9 | 8 | 11 | 7 | 11 | 12 | 16 | 1 | 9 | 19 | 21 | 10 | 15 | 15 | 7 | - | - |
Competicións europeas[editar | editar a fonte]
- 1981-82 Copa Korac : Eliminado en oitavos de final
- 1982-83 Copa Korac : Eliminado na primeira rolda
- 1984-85 Copa Korac : Eliminado en cuartos de final
Competicións galegas[editar | editar a fonte]
- 5 veces campión da Copa Galiza: 1988, 1989, 1990, 1991 e 1993