Kassius Robertson
![]() | |
Monbus Obradoiro – No. 30 | |
Escolta | |
Información persoal | |
---|---|
Nacemento | 20 de abril de 1994 (26 anos)![]() |
Nacionalidade | ![]() |
Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
Peso oficial | 82 kg (181 lb) |
Información da carreira | |
Instituto | Vaughan (Vaughan, Ontario) Thornlea (Thornhill, Ontario) |
Universidade | Canisius (2014–2017) Missouri (2017–2018) |
NBA Draft | 2018 / Elección: Sen draftear |
Carreira | 2018−presente |
Historial de equipos | |
Medi Bayreuth (2018−2019) Fortitudo Bologna (2019–2020) Obradoiro (2020–presente) |
Kassius Robertson, nado o 20 de abril de 1994 en Toronto, Ontario, é un xogador profesional de baloncesto canadense. Cunha altura de 1,91 m xoga na posición de escolta para o Monbus Obradoiro da Liga ACB.
Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]
En xuño de 2018, Robertson asinou co Medi Bayreuth da Basketball Bundesliga.[1] Nunha tempada na Bundesliga, acadou 12.3 puntos por encontro.
En xullo de 2019, Robertson asinou co Fortitudo Bologna da Lega Basket Serie A.[2] O 3 de marzo de 2020, Robertson foi cortado polo equipo italiano.[3]
O 18 de xullo de 2020, anunciouse a fichaxe de Robertson por unha tempada polo Obradoiro CAB da Liga ACB.[4] O 20 de decembro de 2020, Robertson anotou 37 puntos na vitoria do Obradoiro contra o Casademont Zaragoza, a maior anotación individual na historia do equipo santiagués en ACB, superando os 36 puntos acadados por Maxi Kleber en marzo de 2015.[5][6]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Kassius Robertson just signed with your new favorite Bundesliga hoops team". SB Nation. 28 de xuño de 2018. Consultado o 3 de xullo de 2018.
- ↑ "Kassius Robertson signs with Fortitudo Bologna". Sportando. 16 de xullo de 2019. Consultado o 27 de xaneiro de 2020.
- ↑ "Risoluzione consensuale con Kassius Robertson". fortitudo103.it. 3 de marzo de 2019.
- ↑ O Monbus Obradoiro ficha a Kassius Robertson
- ↑ O Monbus Obradoiro recupera o acerto para sumar a sexta vitoria (102-91)
- ↑ KASSIUS ROBERTSON en modo metralleta: ¡37 puntos con 9 triples! | Liga Endesa 2020-21