Robbie Hummel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robbie Hummel
Posición Ala / Escolta
Información persoal
Nacemento 8 de marzo de 1989 (35 anos)
Indiana Valparaiso, Indiana
Nacionalidade Estados Unidos de América Estados Unidos
Altura 2,03 m (6 ft 8 in)
Peso oficial 99 kg (219 lb)
Información da carreira
Instituto Valparaiso (Valparaiso, Indiana)
Universidade Purdue (2007–2012)
NBA Draft 2012 / Rolda: 2 / Elección: 58
Por Minnesota Timberwolves
Carreira dende 2012
Historial de equipos
Obradoiro CAB (2012−2013)
Minnesota (2013−2015)
Olimpia Milano (2015−2016)
Khimki (2016−2017)

Robert John "Robbie" Hummel, nado o 8 de marzo de 1989 en Valparaiso, Indiana, é un ex xogador de baloncesto profesional estadounidense, e actual comentarista de televisión.

Instituto[editar | editar a fonte]

Hummel acudiu ó Valparaiso High School en Valparaiso, Indiana. Xogou para o adestrador Bob Punter, e xogou xunto ó que sería o seu compañeiro no primeiro ano de universidade, Scott Martin. Hummel fixo 15.7 puntos, 7.1 rebotes e 4.1 asistencias por partido na súa derradeira tempada no instituto.

Traxectoria universitaria[editar | editar a fonte]

Hummel converteuse no 44º xogador na historia de Purdue en anotar máis de 1000 puntos, superando esa marca o 9 de xaneiro de 2010, tras anotar 13 puntos na derrota por 73-66 contra Wisconsin.[1] Ó remate da súa carreira universitaria, marcada polas múltiples lesións, finalizou con 1772 puntos, 862 rebotes, 268 asistencias, 132 roubos e 112 tapóns.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 28 de xuño de 2012, Hummel foi elixido na 58ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Minnesota Timberwolves.

O 8 de agosto de 2012, asinou un contrato dun ano co Obradoiro CAB.[2] Nunha tempada, xogou 28 partidos, onde acadou 10.2 e 3.9 rebotes por encontro, converténdose nun dos xogadores clave para que o Blu:Sens Monbús alcanzara os Playoffs da Liga ACB por primeira vez na súa historia.

O 26 de setembro de 2013, Hummel asinou cos Minnesota Timberwolves.[3]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Purdue Boilermakers – Wisconsin Badgers Box Scores, Game Results & Summary". USA Today. Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2010. Consultado o 29 de decembro de 2010. 
  2. "Robbie Hummel, novo xogador do Blusens Monbus". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2013. Consultado o 02 de outubro de 2013. 
  3. Wolves Sign Brown, Hummel And Jeffers To Camp Roster

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]