Liga ACB

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Liga Endesa
Borja Prado con las 18 estrellas de la Liga Endesa.jpg
Fundación1957 (Liga Nacional)
PaísEspaña España
Outros clubs deAndorra Andorra
ConfederaciónFIBA Europa
PresidenteAntonio Martín
Equipos18
CopaCopa do Rei
Supercopa
DescensoLEB Oro
Actual campiónReal Madrid (34º título)
Máis laureadoReal Madrid (34 títulos)
TelevisiónMovistar+
OrganizadorACB
Sitio webwww.acb.com
Current basketball.svg ACB 2018-19

A Liga ACB, coñecida por motivos de patrocinio como Liga Endesa, é a principal liga de baloncesto profesional de España. Administrada pola Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB), está composta actualmente por 18 equipos, dos cales os oito primeiros ao finalizar a tempada se clasifican para xogar os playoffs polo título e os dous últimos descenden á Liga LEB Oro, sendo substituídos polo campión desta competición e o vencedor dunha rolda de playoffs.

Desde a súa fundación participaron na liga un total de 49 equipos. De todos os equipos participantes, sete conseguiron alzarse co título de campións, destacando o Real Madrid con 34 títulos e o FC Barcelona con 18. O equipo madrileño dominou o campionato cando este estaba organizado pola Federación Española de Baloncesto (FEB) desde a década de 1950 até a de 1970. Nos anos 1980, coa fundación da ACB, o dominio repartiuse entre os madrileños e os barceloneses, aínda que con outros campións como o Baskonia, o Joventut, o Baloncesto Málaga, o Bàsquet Manresa e o Valencia Basket.

A Liga ACB é unha da competicións de deporte profesional en pavillón, contando cunha asistencia media aos seus partidos durante a temporada 2016–17 de 6.456 espectadores. Isto supón que sexa a novena competición do mundo en asistencia en deportes cubertos e a cuarta liga profesional de baloncesto do mundo, tan só por detrás da National Basketball Association (NBA), a EuroLeague e a Women's National Basketball Association (WNBA).

Historia[editar | editar a fonte]

Liga Española de Baloncesto[editar | editar a fonte]

A Primeira División da "Liga Española da EBA", disputada entre 1957 e 1983, foi unha "liga" no sentido estrito da palabra. Non había play-off. Todos os participantes (cuxo número foi aumentando cos anos) enfrontábanse entre si de acordo ao calendario establecido por un sorteo a principio de tempada. Cando todos os equipos enfrontáronse ao resto, iniciábase a "segunda volta". Os equipos volvíanse a enfrontar entre eles, seguindo o mesmo orde do calendario, pero alterando o campo no que xogaban. Desta maneira, todos os equipos enfrontábanse contra todos dúas veces, e unha vez en cada campo.

A vitoria valía dous puntos e o empate un punto (naquel tempo o regulamento do baloncesto contemplaba o empate a puntos). Ao finalizar a "segunda volta" concluía a liga e o primeiro clasificado, o equipo que máis puntos sumara, era proclamado campión, e gañaba a posibilidade de participar na Copa de Europa de Baloncesto, organizada pola FIBA. Os equipos clasificados en segundo, terceiro e cuarto lugar eran convidados a disputar a Copa Korac, agás se algún deles gañara a Copa do Rei de Baloncesto, nese caso era convidado a disputar a Recopa de Europa de Baloncesto. O tres últimos clasificados descendían á "Primeira División B" da liga e deixaban a súa praza ao tres primeiros clasificados desta, que ascendían de categoría. Durante as 27 tempadas que se disputou a liga, o Real Madrid foi o dominador absoluto da competición, gañando 22 das 27 edicións. Tan só en cinco ocasiones foi destronado, e sempre por equipos cataláns: o FC Barcelona en tres ocasiones, e o Joventut Badalona en dous.

Liga ACB[editar | editar a fonte]

A Liga ACB Foi creada en 1983 como máxima competición nacional, substituíndo á Liga Española de Baloncesto disputada ata entón organizada pola Federación Española de Baloncesto. Desde a súa fundación o dominio repartiuse entre o Real Madrid e FC Barcelona, aínda que entraron en liza outros equipos que conseguiron facerse co título de campións: o Baskonia, o Joventut, o Baloncesto Málaga, o Bàsquet Manresa e o Valencia Basket. Actualmente, baixo o patrocinio de Endesa, a Liga ACB é unha das competicións de baloncesto profesional máis importantes do mundo, contando cunha asistencia media aos seus partidos durante a temporada 2016–17 de 6.456 espectadores. Isto supón que sexa a cuarta liga profesional neste aspecto, tan só por detrás da National Basketball Association (NBA), a EuroLeague e a Women's National Basketball Association (WNBA).

Ao longo do tempo a liga recibiu diferents nomes:

  • ACB Primera División (1983–1988)
  • Liga ACB (1988–2011)
  • Liga Endesa (2011–presente)

Sistema de competición[editar | editar a fonte]

Encontro entre o Real Madrid e o Fuenlabrada.

A Liga ACB está formada por 18 equipos que compiten nunha primeira fase ou fase regular nunha Liga na que cada un enfróntase dúas veces a todos os demais (unha vez como local e outra como visitante). Ao finalizar a primeira volta os oito primeiros clasificados disputan a Copa do Rei. Pódese dar o caso que o oitavo clasificado non a dispute xa que unha das prazas é para un equipo ACB anfitrión da cidade que organiza o torneo. Dispútase a partido único (sete encontros: cuartos de final, semifinais e final) nunha mesma sede.

Ao final da fase regular, os oito primeiros clasificados enfróntanse nos play-offs, isto é, emparéllanse eses oito equipos de acordo coa súa clasificación na fase regular e disputan unhas eliminatorias ao mellor de tres partidos (cinco na final). Os primeiros clasificados teñen vantaxe de campo e os emparellamentos fanse favorecendo a clasificación previa, é dicir o primeiro xoga co oitavo, o segundo co sétimo, o terceiro co sexto, e o cuarto co quinto. O gañador da final destas eliminatorias é proclamado campión da Liga ACB. Os dous últimos clasificados descenden directamente á Liga LEB.

Posto Clasificación
Play-off polo título de liga
9º − 16º
17º Descenso á Liga LEB Ouro
18º

Equipos[editar | editar a fonte]

Para consultar os diferentes xogadores de cada equipo véxase: Elencos da ACB.

Os seguintes son os equipos que compiten na temporada 2018−19 da Liga ACB.

Localización dos equipos da ACB 2018–19
Equipo Cidade Comunidade / País Pavillón Capacidade
Barça Lassa Barcelona Cataluña Cataluña Palau Blaugrana 7.585
Baxi Manresa Manresa Cataluña Cataluña Nou Congost 5.000
Cafés Candelas Breogán Lugo Galiza Galiza Pazo dos Deportes 6.500
Delteco GBC Donostia País Vasco País Vasco Donostia Arena 11.000
Divina Seguros Joventut Badalona Cataluña Cataluña Palau Municipal d'Esports 8.500
Herbalife Gran Canaria As Palmas Illas Canarias Illas Canarias Gran Canaria Arena 9.870
Iberostar Tenerife La Laguna Illas Canarias Illas Canarias Santiago Martín 5.003
Kirolbet Baskonia Vitoria-Gasteiz País Vasco País Vasco Fernando Buesa Arena 15.504
Monbus Obradoiro Santiago de Compostela Galiza Galiza Multiusos Fontes do Sar 5.060
Montakit Fuenlabrada Fuenlabrada Comunidade de Madrid Madrid Fernando Martín 5.100
MoraBanc Andorra Andorra la Vella Andorra Andorra M.I. Govern Andorra 5.000
Movistar Estudiantes Madrid Comunidade de Madrid Madrid WiZink Center 15.000
Real Madrid Madrid Comunidade de Madrid Madrid WiZink Center 15.000
San Pablo Burgos Burgos Castela e León Castela e León Coliseum Burgos 9.352
Tecnyconta Zaragoza Zaragoza Aragón Aragón Pabellón Príncipe Felipe 10.500
UCAM Murcia Murcia Murcia Murcia Palacio de Deportes 7.341
Unicaja Málaga Andalucía Andalucía Martín Carpena 10.233
Valencia Basket Valencia Flag of the Valencian Community (2x3).svg Valencia Font de Sant Lluís 8.500

Historial[editar | editar a fonte]

Equipos[editar | editar a fonte]

A seguinte táboa amosa os rexitros de todos os equipos que teñen participado na Liga ACB desde a súa fundación na temporada 1983-84. A táboa non inclúe rexistros de anteriores temporadas da Liga Española de Baloncesto. Os datos están actualizados até a temporada 2016-17.

Pos Equipo Temp. PX G P CF Debut Desde/Última Mellor
1 Barcelona 35 1482 1107 375 15 11 5 1 3 1983-84 1983-84 1
2 Real Madrid 35 1451 1073 378 12 8 6 2 6 1983-84 1983-84 1
3 Baskonia 35 1372 865 507 3 5 5 5 12 1983-84 1983-84 1
4 Joventut 35 1311 752 559 2 4 5 4 6 1983-84 1983-84 1
5 Málaga 33 1263 716 547 1 2 4 6 10 1983-84 1987-88 1
6 Estudiantes 35 1310 696 614 1 5 7 9 1983-84 1983-84 2
7 Valencia 29 1104 635 469 1 1 2 2 13 1988-89 1996-97 1
8 Gran Canaria 27 992 477 515 2 13 1985-86 1995-96 4
9 Sevilla 29 1044 473 571 2 6 1989-90 2017-18 2
10 Manresa 30 1070 445 625 1 2 2 1983-84 2018-19 1
11 Valladolid 30 1032 432 600 4 1983-84 2013-14 6
12 Girona 20 731 330 401 4 1988-89 2007-08 5
13 Fuenlabrada 20 692 278 414 5 1996-97 2005-06 7
14 CB Zaragoza 13 473 270 203 2 3 6 1983-84 1995-96 3
15 Murcia 20 705 249 456 1 1990-91 2011-12 7
16 Breogán 16 604 242 362 2 1984-85 2018-19 6
17 Bilbao 13 459 228 265 1 5 2004-05 2017-18 2
18 Canarias[N 1] 13 456 199 257 4 1983-84 2012-13 5
19 León 11 398 179 219 3 1990-91 2007-08 6
20 Peñas 12 441 173 268 1983-84 1995-96 10
21 Granollers 10 352 166 186 7 1983-84 1992-93 5
22 Cáceres CB 11 388 163 225 1 1992-93 2002-03 5
23 Ourense 12 383 143 240 2 1989-90 2000-01 8
24 CB Granada 12 411 140 271 1996-97 2010-11 10
25 OAR Ferrol 10 350 140 210 1 1983-84 1993-94 7
26 Lucentum 9 316 132 184 3 2000-01 2011-12 6
27 Basket Zaragoza 9 310 131 179 1 1 2008-09 2010-11 3
28 Andorra 8 287 127 150 3 1992-93 2014-15 6
29 Gipuzkoa 10 341 118 223 1 2006-07 2017-18 5
30 Obradoiro 8 239 102 171 1 2009-10 2011-12 8
31 Collado Villalba 5 226 93 133 1 1987-88 1991-92 8
32 Oximesa 6 225 82 143 1986-87 1991-92 11
33 Cajabilbao 5 184 76 108 1986-87 1990-91 9
34 Maristas Málaga 4 160 76 84 1988-89 1991-92 13
35 Espanyol 5 165 73 92 1 1984-85 1988-89 8
36 Lleida 4 140 57 83 1 2001-02 2004-05 8
37 Cantabria 5 170 53 117 1997-98 2001-02 14
38 Menorca 5 168 51 117 2005-06 2011-12 15
39 Círcol Catòlic 3 97 49 48 1 1 1983-84 1985-86 4
40 Cajamadrid 3 98 46 52 1 1983-84 1985-86 5
41 Gijón 4 144 37 107 1995-96 2001-02 15
42 Salamanca 2 76 36 40 1994-95 1995-96 9
43 Tenerife AB 2 89 28 61 1988-89 1989-90 22
44 Llíria 2 79 27 52 1991-92 1992-93 16
45 Tenerife 2 68 25 43 2003-04 2004-05 10
46 Miraflores 1 34 13 21 2017-18 2017-18 14
47 Ciudad de Huelva 1 39 11 28 1997-98 1997-98 17
48 L'Hospitalet 1 31 11 20 1983-84 1983-84 15
49 Askatuak 1 43 10 33 1988-89 1988-89 24

Liga ou situación na temporada 2016-17:

Liga ACB 2018-19
Liga LEB Ouro 2018-19
Liga LEB Prata 2018-19
Liga EBA 2018-19
Divisións inferiores
O club desapareceu ou compite só en categorías inferiores

Resultados[editar | editar a fonte]

A Liga Nacional foi a primeira denominación do campionato de primeira división de baloncesto. Das vinte e sete edicións da mesma, o Real Madrid saíu vencedor en vinte e dúas ocasións, sendo unicamente superado en cinco ocasións, das cales catro foi subcampión. Os outros vencedores foron o Club de Fútbol Barcelona de baloncesto con tres títulos e o Club Joventut de Badalona con dous campionatos. Desde que a competición pasou a ser organizada pola Asociación de Clubs de Baloncesto baixo a denominación de Liga ACB, un total de sete equipos resultaron vencedores. Alén do Real Madrid, o Barcelona e o Joventut, conseguiron vencer o Saski Baskonia, o Bàsquet Manresa, o Club Baloncesto Málaga e o Valencia Basket. A mellor xeira de títulos logrouna o Real Madrid, quen conseguiu proclamarse campión en dez temporadas consecutivas entre 1967 e 1977.

O xogador croata Velimir Perasović foi máximo anotador da liga en catro tempadas consecutivas co Baloncesto Fuenlabrada, alén dunha vez anteriormente co Club Baloncesto Breogán. Desde a temporada 1990−91 entrégase o premio ao mellor xogador da final sendo Juan Carlos Navarro, con tres, o máis galardoado. Un ano despois empezou a entregarse o premio ao mellor xogador da liga regular recaendo en tres ocasiones no estadounidense Darryl Middleton, por diante das dúas ocasións logradas por Arvydas Sabonis, Tanoka Beard e Luis Scola.

Temporada Campión Res. Subcampión Máx. Anotador (Equipo) / Pts.
Liga Nacional
1956–57 Real Madrid (1) N/A C.F. Barcelona España Alfonso Martínez (RM) / 18,0
1957–58 Real Madrid (2) N/A Juventud de Badalona España Alfonso Martínez (RM) / 17,2
1958–59 C.F. Barcelona (1) N/A Real Madrid España Emiliano Rodríguez (AIS) / 17,2
1959–60 Real Madrid (3) N/A Juventud de Badalona Porto Rico Johnny Báez (RM) / 19,9
1960–61 Real Madrid (4) N/A CB Orillo Verde Sabadell España Francisco Llobet (SAB) / 20,4
1961–62 Real Madrid (5) N/A Juventud de Badalona Estados Unidos Wayne Hightower (RM) / 19,7
1962–63 Real Madrid (6) N/A C.B. Estudiantes España Emiliano Rodríguez (RM) / 19,9
1963–64 Real Madrid (7) N/A Picadero Jockey Club España Emiliano Rodríguez (RM) / 22,7
1964–65 Real Madrid (8) N/A Picadero Jockey Club España Lorenzo Alocén (HEL) / 24,2
1965–66 Real Madrid (9) N/A Picadero Jockey Club Estados Unidos Miles Aiken (ÁGL) / 23,9
1966–67 Juventud de Badalona (1) N/A Real Madrid España Alfonso Martínez (JOV) / 22,1
1967–68 Real Madrid (10) N/A C.B. Estudiantes Estados Unidos Clifford Luyk (RM) / 24,3
1968–69 Real Madrid (11) N/A Juventud de Badalona Estados Unidos Charles Thomas (SJI) / 25,6
1969–70 Real Madrid (12) N/A Picadero Jockey Club Estados Unidos Charles Thomas (SJI) / 24,1
1970–71 Real Madrid (13) N/A Juventud de Badalona España Alfredo Pérez (BRE) / 27,1
1971–72 Real Madrid (14) N/A C.F. Barcelona España Gonzalo Sagi-Vela (EST) / 21,6
1972–73 Real Madrid (15) N/A Juventud de Badalona España Alfredo Pérez (BRE) / 23,2
1973–74 Real Madrid (16) N/A F.C. Barcelona Estados Unidos John Coughran (YMCA) / 31,7
1974–75 Real Madrid (17) N/A F.C. Barcelona Estados Unidos Ray Price (BAS) / 32,2
1975–76 Real Madrid (18) N/A F.C. Barcelona Estados Unidos Bob Fullarton (BRE) / 30,3
1976–77 Real Madrid (19) N/A F.C. Barcelona Estados Unidos Bob Guyette (FCB) / 32,0
1977–78 Juventud de Badalona (2) N/A Real Madrid Estados Unidos Essie Hollis (ASK) / 41,0
1978–79 Real Madrid (20) N/A F.C. Barcelona Estados Unidos Webb Williams (BAS) / 34,5
1979–80 Real Madrid (21) N/A F.C. Barcelona Estados Unidos Nate Davis (VAD) / 29,7
1980–81 F.C. Barcelona (2) N/A C.B. Estudiantes Canadá Lars Hansen (OAR) / 27,4
1981–82 Real Madrid (22) N/A F.C. Barcelona Estados Unidos Larry McNeill (CAN) / 34,4
1982–83 F.C. Barcelona (3) N/A Real Madrid Estados Unidos Claude Gregory (BAS) / 30,6
Liga ACB
Temporada Campión Res. Subcampión MVP Final (Equipo) MVP Liga (Equipo) Máx. anotador (Equipo) / Pts.
1983–84 Real Madrid (23) 2–1 F.C. Barcelona Estados Unidos Nate Davis (OAR) / 28,2
1984–85 Real Madrid (24) 2–1 Joventut Massana Estados Unidos Nate Davis (OAR) / 30,0
1985–86 Real Madrid (25) 2–0 F.C. Barcelona Estados Unidos Mike Phillips (ESP) / 29,5
1986–87 F.C. Barcelona (4) 3–1 Ron Negrita Joventut Estados Unidos Eddie Phillips (CAJ) / 33,1
1987–88 F.C. Barcelona (5) 3–2 Real Madrid Estados Unidos Kenny Simpson (TDK) / 29,7
1988–89 F.C. Barcelona (6) 3–2 Real Madrid Iugoslavia Dražen Petrović (RM) / 28,7
1989–90 F.C. Barcelona (7) 3–0 Joventut de Badalona Estados Unidos Ray Smith (MAY) / 27,7
1990–91 Joventut de Badalona (3) 3–1 F.C. Barcelona Estados Unidos Corny Thompson (JOV) Estados Unidos Walter Berry (ATM) / 33,4
1991–92 Joventut de Badalona (4) 3–2 Real Madrid Asegurator Estados Unidos Mike Smith (JOV) Estados Unidos Darryl Middleton (GIR) Estados Unidos Jeff Lamp (OXI) / 29,1
1992–93 Real Madrid Teka (26) 3–2 Joventut de Badalona Lituania Arvydas Sabonis (RM) Estados Unidos Darryl Middleton (CSF) Croacia Velimir Perasović (BRE) / 24,5
1993–94 Real Madrid Teka (27) 3–0 F.C. Barcelona Banca Catalana Lituania Arvydas Sabonis (RM) Lituania Arvydas Sabonis (RM) Brasil Oscar Schmidt (FOR) / 33,2
1994–95 F.C. Barcelona Banca Catalana (8) 3–2 Unicaja Málaga Estados Unidos Mike Ansley (UNI) Lituania Arvydas Sabonis (RM) Estados Unidos Darrell Armstrong (OUR) / 24,6
1995–96 F.C. Barcelona Banca Catalana (9) 3–0 Caja San Fernando España Xavi Fernández (FCB) Estados Unidos Michael Anderson (CSF) Estados Unidos John Morton (GCA) / 26,3
1996–97 F.C. Barcelona Banca Catalana (10) 3–2 Real Madrid Teka España Roberto Dueñas (FCB) Estados Unidos Kenny Green (BSK) Estados Unidos John Morton (GCA) / 23,6
1997–98 TDK Manresa (1) 3–1 TAU Cerámica Baskonia España Joan Creus (TDK) RF Iugoslavia Dejan Bodiroga (RM) Estados Unidos Tony White (FOR) / 21,2
1998–99 F.C. Barcelona (11) 3–0 Caja San Fernando Estados Unidos Derrick Alston (FCB) Estados Unidos Tanoka Beard (RM) Croacia Velimir Perasović (FUE) / 22,5
1999–00 Real Madrid Teka (28) 3–2 F.C. Barcelona España Alberto Angulo (RM) Estados Unidos Darryl Middleton (GIR) Croacia Velimir Perasović (FUE) / 22,4
2000–01 F.C. Barcelona (12) 3–0 Real Madrid España Pau Gasol (FCB) Estados Unidos Lou Roe (GIJ) Croacia Velimir Perasović (FUE) / 22,9
2001–02 TAU Cerámica Baskonia (1) 3–0 Unicaja Málaga Estados Unidos Elmer Bennett (BSK) Estados Unidos Tanoka Beard (JOV) Croacia Velimir Perasović (FUE) / 22,4
2002–03 F.C. Barcelona (13) 3–0 Pamesa Valencia Lituania Šarūnas Jasikevičius (FCB) Arxentina Walter Herrmann (FUE) Arxentina Walter Herrmann (FUE) / 22,3
2003–04 F.C. Barcelona (14) 3–2 Adecco Estudiantes Serbia e Montenegro Dejan Bodiroga (FCB) Arxentina Andrés Nocioni (BSK) Estados Unidos Lou Roe (ALI) / 20,9
2004–05 Real Madrid (29) 3–2 TAU Cerámica Baskonia Estados Unidos Louis Bullock (RM) Arxentina Luis Scola (BSK) Estados Unidos Charlie Bell (BRE) / 27,0
2005–06 Unicaja Málaga (1) 3–0 TAU Cerámica Baskonia España Jorge Garbajosa (UNI) España Juan Carlos Navarro (FCB) Estados Unidos Lou Roe (CSF) / 19,1
2006–07 Real Madrid (30) 3–1 Winterthur F.C. Barcelona España Felipe Reyes (RM) Arxentina Luis Scola (BSK) España Juan Carlos Navarro (FCB) / 17,3
2007–08 TAU Cerámica Baskonia (2) 3–0 AXA F.C. Barcelona Estados Unidos Pete Mickeal (BSK) España Marc Gasol (GIR) España Rudy Fernández (JOV) / 19,9
2008–09 Regal F.C. Barcelona (15) 3–1 TAU Cerámica Baskonia España Juan Carlos Navarro (FCB) España Felipe Reyes (RM) Serbia Igor Rakočević (BSK) / 19,8
2009–10 Caja Laboral Baskonia (3) 3–0 Regal F.C. Barcelona Brasil Tiago Splitter (BSK) Brasil Tiago Splitter (BSK) Estados Unidos Jaycee Carroll (GCA) / 19,1
2010–11 Regal F.C. Barcelona (16) 3–0 Bizkaia Bilbao Basket España Juan Carlos Navarro (FCB) España Fernando San Emeterio (BSK) Estados Unidos Jaycee Carroll (GCA) / 19,6
2011–12 Regal F.C. Barcelona (17) 3–2 Real Madrid Eslovenia Erazem Lorbek (FCB) Estados Unidos Andy Panko (GBC) Estados Unidos Andy Panko (GBC) / 18,9
2012–13 Real Madrid (31) 3–2 F.C. Barcelona Regal España Felipe Reyes (RM) España Nikola Mirotić (RM) Canadá Carl English (EST) / 17,2
2013–14 F.C. Barcelona Regal (18) 3–1 Real Madrid España Juan Carlos Navarro (FCB) Estados UnidosJustin Doellman (VBC) Estados Unidos Andy Panko (FUE) / 17,9
2014–15 Real Madrid (32) 3–0 F.C. Barcelona Lassa España Sergio Llull (RM) España Felipe Reyes (RM) Estados Unidos Andy Panko (FUE) / 18,6
2015–16 Real Madrid (33) 3–1 F.C. Barcelona Lassa España Sergio Llull (RM) Grecia Ioannis Bourousis (BSK) Estados Unidos Darius Adams (BSK) / 17,2
2016–17 Valencia Basket (1) 3–1 Real Madrid Montenegro Bojan Dubljević (VBC) España Sergio Llull (RM) Francia Edwin Jackson (EST) / 21,4
2017–18 Real Madrid (34) 3–1 Kirolbet Baskonia España Rudy Fernández (RM) Eslovenia Luka Dončić (RM) Estados Unidos Gary Neal (ZAR) / 20,6

Palmarés[editar | editar a fonte]

A ACB está oficialmente considerada como a continuación da desaparecida Liga Nacional, polo que ambas competicións están consideradas na seguinte táboa.[1] En mtoda a historia da competición, só sete equipos diferentes conseguiron proclamarse campións.[2]

Club C SC Temporadas
Real Madrid 34 12 1957, 1958, 1960, 1961, 1962, 1963, 1964, 1965, 1966, 1968, 1969, 1970, 1971, 1972, 1973, 1974, 1975, 1976, 1977, 1979, 1980, 1982, 1984, 1985, 1986, 1993, 1994, 2000, 2005, 2007, 2013, 2015, 2016, 2018
Barcelona 18 20 1959, 1981, 1983, 1987, 1988, 1989, 1990, 1995, 1996, 1997, 1999, 2001, 2003, 2004, 2009, 2011, 2012, 2014
Joventut 4 10 1967, 1978, 1991, 1992
Baskonia 3 5 2002, 2008, 2010
Málaga 1 2 2006
Valencia 1 1 2017
Manresa 1 0 1998
Picadero 0 4
Estudiantes 0 4
Sevilla 0 2
Orillo Verde 0 1
Bilbao 0 1

Líderes estatísticos[editar | editar a fonte]

Puntos[editar | editar a fonte]

A nacionalidade do xogador está referida á selección nacional á que está afiliado. En negra xogadores en activo. En dourado xogadores con máis de 6.000 puntos, considerados pola ACB "históricos".[3] Os datos corresponden até o final da temporada 2017−18.

Posto Xogador Partidos Puntos Media
1.  España Alberto Herreros  654  9.759  14,92
2.  España Jordi Villacampa  506  8.991  17,77
3.  Estados Unidos Brian Jackson  392  8.651  22,07
4.  España Juan Carlos Navarro  689  8.318  12,07
5.  España Felipe Reyes  761  8.060  10,59
6.  Estados Unidos Granger Hall  433  8.039  18,57
7.  España Joan Creus  585  7.929  13,55
8.  Estados Unidos Joe Arlauckas  365  7.543  20,67
9.  España Alex Mumbrú  677  7.435  10,98
10.  Croacia Velimir Perasović  354  7.387  20,87
11.  España Epi  422  7.029  16,66
12.  España Darryl Middleton  398  6.425  16,14
13.  Estados Unidos Andre Turner  378  6.405  16,94
14.  España Rafa Jofresa  756  6.327  8,37
15.  Estados Unidos Richard Scott  350  6.199  17,71
16.  Estados Unidos John Pinone  332  6.175  18,60
17.  España Bernard Hopkins  456  6.088  13,35
18.  Estados Unidos Claude Riley  308  6.074  19,72
19.  España Xavi Fernández  499  6.042  12,11
20.  España Chicho Sibilio  348  6.010  17,27

Rebotes[editar | editar a fonte]

A nacionalidade do xogador está referida á selección nacional á que está afiliado. En negra xogadores en activo. En dourado xogadores con máis de 2.500 rebotes, considerados pola ACB "históricos".[4] Os datos corresponden até o final da temporada 2017−18.

Felipe Reyes.
Posto Xogador Partidos Rebotes Media
1.  España Felipe Reyes  761  4,556  5.99
2.  Estados Unidos Granger Hall  433  4,292  9.91
3.  España Carlos Jiménez  641  3,526  5.50
4.  Estados Unidos Claude Riley  308  3,033  9.85
5.  España Juan Antonio Orenga  616  2,933  4.77
6.  Lituania Arvydas Sabonis  235  2,904  12.36
7.  España Bernard Hopkins  456  2,806  6.15
8.  España Mike Smith  405  2,755  6.80
9.  Estados Unidos Larry Micheaux  269  2,729  10.14
10.  España Darryl Middleton  398  2,701  6.79
11.  Galicia Fran Vázquez  607  2,653  4.37
12.  Estados Unidos Joe Arlauckas  365  2,626  7.19
13.  España Alex Mumbrú  677  2,499  3,68
14.  Estados Unidos Harper Williams  346  2,493  7.21
15.  República Centroafricana Anicet Lavodrama  345  2,429  7.04
16.  España Alfonso Reyes  461  2,417  5.24
17.  Bélxica Axel Hervelle  473  2,355  4.98
18.  España Ramón Rivas  307  2,290  7.46
19.  España Ferrán Martínez  417  2,287  5.48
20.  Estados Unidos Darrell Lockhart  291  2,283  7.85

Récords[editar | editar a fonte]

Fran Vázquez posúe o récord de tapóns nun partido de ACB con 12.
  • Máis puntos nun partido
  • Máis canastras nun partido
  • Máis triplas nun partido
  • Máis tiros libres nun partido
  • Máis rebotes nun partido
  • Máis asistencias nun partido
  • Máis reoubos nun partido
  • Máis tapóns nun partido
  • Valoración
  • Anotadores prolíficos
  • Partidos de máis de 30 puntos nunha temporada: 24 por Walter Berry en 1990−91
  • Partidos de máis de 30 puntos consecutivos: 13 por Walter Berry en 1990−91 (desde a xornada 4 até a 16)
  • Xogadores con partidos de máis de 20 rebotes
  • Dobres-Dobres
  • Triplos-Dobres
    • Mike Smith con 31 puntos, 10 rebotes e 10 roubos o 21 de outubro de 1989
    • Nacho Suárez con 10 puntos, 10 rebotes e 11 asistencias o 11 de novembro de 1991
    • Nacho Suárez con 15 puntos, 10 rebotes e 11 asistencias o 9 de decembro de 1991
    • George Singleton con 23 puntos, 12 rebotes e 10 tapóns o 12 de febreiro de 1994
    • Dejan Tomašević con 14 puntos, 13 rebotes e 10 asistencias o 12 de maio de 2004
    • Fran Vázquez con 11 puntos, 10 rebotes e 12 tapóns o 7 de xaneiro 2007
    • Luka Dončić con 17 puntos, 10 rebotes e 10 asistencias o 9 de maio de 2018
  • Máis puntos nun partido
  • Menos puntos nun partido
  • Vitoria por maior diferenza
  • Vitoria con menos puntos

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "N", pero non se atopou a etiqueta <references group="N"/> correspondente ou falta unha etiqueta </ref> de peche