CB Murcia
UCAM Murcia | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | ACB |
Fundación | 1985 |
Historia | A.D. Juver (1985-1993) |
Cores | Branco, vermello, negro |
Presidente | ![]() |
Adestrador | ![]() |
Patrocinador | UCAM |
Vestimenta | Spalding |
Localización | |
Cidade | ![]() |
Pavillón | Palacio de Deportes |
Capacidade | 7.454 |
Inauguración | 1994 |
Campionatos | |
Liga LEB | 3 (1998, 2003, 2011) |
Príncipe | 1 (2006) |
ucammurcia.com |
O Club Baloncesto Murcia, tamén coñecido como Universidad Católica de Murcia ou UCAM Murcia por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto español da cidade de Murcia. Foi fundado en 1985 e actualmente compite na liga ACB.
Índice
Traxectoria[editar | editar a fonte]
O equipo naceu en 1985 baixo o nome de Agrupación Deportiva Juver, e en 1991 pasou a denominarse C.B. Juver Murcia. A empresa murciana foi o espónsor do conxunto ata a tempada 1992-93.
O equipo comezou a súa andaina na categoría autonómica, e na tempada 1985-86 adquiriu os dereitos federativos do Logos de Madrid para militar na Primeira División B, participando nesta categoría durante catro anos. Nos play-offs finais da tempada 1989-90 ascendeu á liga ACB, logo de proclamarse campión ao vencer o Obradoiro. Posteriormente demostrouse que realizou unha aliñación indebida, falsificando a ficha de Esteban Daniel Pérez Beltrán, e cuxa identidade verdadeira era Esteban Daniel Pérez Spatazza, internacional arxentino. Finalmente, a ACB e a FEB, ascenderon o equipo.
Nesta categoría permaneceu seis anos consecutivos.
Na etapa correspondente a 1993-94 produciuse un cambio na imaxe corporativa do Club; o equipo pasouse a denominar simplemente C.B. Murcia (non houbo patrocinador), e as cores do uniforme pasaron a ser vermellos, e creouse o anagrama co escudo que actualmente segue vixente e que foi elixido o máis vangardista e orixinal entre tódolos equipos ACB en 1994.
Na tempada 1995-96 o Club organiza a fase final da Copa do Rei cun notable éxito organizativo, acadándose as semifinais. O conxunto murciano caeu nesta ocasión por 5 puntos ante o TDK Manresa, que estivo brillantemente dirixido por Joan Creus e que finalmente se proclamou campión ao vencer o FC Barcelona.
Se na tempada 1996-97 o equipo volveu descender á Liga LEB, non tardaría, porén, en volver á máxima categoría do baloncesto español, xa que na tempada seguinte se proclamou campión desta Liga e ascendeu de novo á ACB. Nesta etapa houbo un cambio de patrocinador e o equipo pasou a chamarse C.B. Murcia Artel.
Durante a tempada 1998-99 participou na ACB cun novo patrocinador, denominándose Recreativos Orenes C.B. Murcia.
Na tempada 1999-00 volveu denominarse C.B. Murcia por non contar cun patrocinador, cambiaría a C.B. Etosa na tempada 2000-01, e volvería cambiar a Etosa Murcia (denominación coa que permaneceu as seguintes dúas tempadas). Na tempada 2002-03 o equipo proclamouse campión da Liga LEB e consegue de novo o cobizado ascenso á ACB.
A tempada 2003-04, 9ª do club na ACB, comezou cun nuevo espónsor, Polaris World, e co obxectivo de estabilizar o club na máxima competición estatal. Tras unha tempada nefasta o club volta á Liga LEB. Nela disputaría as dúas vindeiras tempadas, nas que o club cambiou de mans. A empresa murciana Polaris World comprou as accións do club ao ata entón presidente, Juan Valverde, e fíxose cargo do equipo, sendo o presidente do club Salvador Hernández.
Na tempada 2005-06, o club gaña a Copa Príncipe de Asturias de Baloncesto e o ascenso á ACB, pechando por todo o alto o vixésimo aniversario do nacemento do Club.
Tras atinxir a permanencia dous anos na máxima categoría, na tempada 2008-09 comezará o seu terceiro ano consecutivo e duodécima tempada en ACB coa intención de consolidarse na categoría, e xa so o nome de Club Baloncesto Murcia trala saída de Polaris World do club.
O 9 de maio de 2009 o C.B. Murcia venceu o CAI Zaragoza, que descendeu á LEB Ouro após gañar fóra por 59-60. Ámbolos dous equipos se xogaban o descenso nun todo ou nada que se decidiu a favor dos murcianos tras un partido moi igualado e que puido manter a categoría tras unha tempada moi difícil no plano económico.
En xullo de 2009 confirmouse a chegada á presidencia de José Ramón Carabante, empresario que se fará cargo do Club Baloncesto Murcia, asesorado polo seu home de confianza, o xonalista José Ángel de la Casa.
Na tempada 2010-11 acabou como campión da categoría, logrando o ascenso directo á Liga ACB.[1]
Denominacións[editar | editar a fonte]
- CB Juver Murcia: 1985–1993
- CB Murcia Artel: 1997–1998
- Recreativos Orenes CB Murcia: 1998–1999
- CB Etosa/Etosa Murcia: 2000–2003
- Polaris World CB Murcia: 2003–2008
- UCAM Murcia: 2011–presente
Xogadores[editar | editar a fonte]
Cadro actual[editar | editar a fonte]
UCAM Murcia 2019−2020 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|