Maximilian Kleber

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Maxi Kleber")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Maximilian Kleber
EuroBasket Qualifier Austria vs Germany, 13 August 2014 - 094.JPG
Dallas Mavericks – No. 42
Ala-pivote
Información persoal
Nacemento 29 de xaneiro de 1992 (27 anos)
Baviera Würzburg, Baviera
Nacionalidade Alemaña Alemaña
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 100 kg (220 lb)
Información da carreira
NBA Draft 2014 / Elección: Sen draftear
Carreira dende 2009
Historial de equipos
s.Oliver Baskets (2009–2014)
Obradoiro (2014–2015)
FC Bayern München (2015−2017)
Dallas Mavericks (2017−presente)

Maximilian Kleber, nado o 29 de xaneiro de 1992 en Würzburg, Baviera, é un xogador profesional de baloncesto alemán que xoga para os Dallas Mavericks da National Basketball Association (NBA). Cunha estatura de 2,11 metros xoga na posición de ala-pivote.

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

O 2 de xullo de 2014, anunciouse a súa fichaxe polo Obradoiro CAB da Liga ACB.[1] Na súa primeira tempada en Santiago, Kleber xogou 33 partidos nos que acadou 11.5 puntos e 6.5 rebotes en 25 minutos de xogo, cunha valoración de 13.2 por encontro, sendo un dos xogadores máis importantes da tempada. O 1 de xullo de 2015, o Obradoiro anunciou a decisión de Kleber de rescindir o seu contrato e deixar o club,[2] asinando posteriormente co FC Bayern München.[3]

O 13 de xullo de 2017, Kleber asinou cos Dallas Mavericks da National Basketball Association (NBA).[4] Fixo o seu debut na NBA o 21 de outubro de 2017 contra os Houston Rockets.[5] O 10 de xullo de 2019, asinou un novo contrato cos Mavericks.[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Rio Natura Monbus ficha a Maxi Kleber
  2. Maxi Kleber no continuará en el Rio Natura Monbus Obradoiro
  3. "Bayern Munich signs Maximilian Kleber to a two-year contract". Sportando.com. 1 de xullo de 2015. Consultado o 18 de xullo de 2015. 
  4. "Mavericks Sign Forward Maxi Kleber". National Basketball Association. 13 de xullo de 2017. Consultado o 13 de xullo de 2017. 
  5. "James Harden leads Rockets past Mavericks, 107–91". ESPN. 22 de outubro de 2017. Consultado o 22 de outubro de 2017. 
  6. "Mavs re-sign forward Maxi Kleber". mavs.com. 10 de xullo de 2019. Consultado o 10 de xullo de 2019. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]