Copa Princesa de Asturias de baloncesto
A Copa do Princesa de Asturias é unha competición española de clubs de baloncesto, organizada pola Federación Española de Baloncesto (FEB). Sucesora da Copa da Asociación, cuxo único campión foi o Saski Baskonia, celebrou a súa primeira edición na tempada 1985-1986, cando a FEB asumiu a perda da organización da Copa do Rei, que pasara a ser responsabilidade da Asociación de Clubs de Baloncesto (ACB) un par de anos antes. A FEB, que tamén deixara de organizar a liga, creou a Copa do Príncipe para manterse como responsable dunha competición de elite.
A competición tivo prestixio nas súas primeiras edicións, entre as tempadas 1985-1986 e 1990-1991, cando participaron os equipos da ACB. De 1986-1987 a 1990-1991 foi conquistada por equipos cataláns: tres veces polo Joventut de Badalona e unha polo F.C. Barcelona. Diversos problemas provocaron que se deixase de celebrar durante cinco anos. A Copa do Príncipe volveu disputarse a partir da tempada 1996-1997. Desde entón, celébrase anualmente aínda que só coa participación dos equipos da LEB.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Clubs[editar | editar a fonte]
- 3 Títulos: Joventut Badalona (1986-1987, 1988-1989 e 1990-1991) e Melilla Baloncesto (1998-1999, 2000-2001 e 2009-2010).
- 2 Títulos: Baloncesto Fuenlabrada (1997-1998 e 2004-2005) e Lucentum Alicante (2001-2002 e 2008-2009), CB Breogán (2007-2008 e 2017-2018)
- 1 Título: Baskonia (1984-1985), CB Estudiantes (1985-1986), FC Barcelona (1987-1988), Lobos Cantabria (1996-1997), Ourense Baloncesto (1999-2000), Tenerife CB (2002-2003), CAI Zaragoza (2003-2004), CB Murcia (2005-2006), CB León (2006-2007), , Obradoiro CAB (2010-2011), CB Canarias (2011-2012), CB Atapuerca (2012-2013) e BC Andorra (2013-2014).