Saltar ao contido

CB Gran Canaria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Dreamland Gran Canaria
Información xeral
Liga ACB
Alcume Granca
Fundación 1963
Historia Colegio Claret (1963–1985)
Claret Gran Canaria (1985–1988)
Cores           Amarelo e azul
Presidente España Enrique Moreno
Adestrador Eslovenia Jaka Lakovič
Localización
Cidade España As Palmas, España
Pavillón Gran Canaria Arena
Capacidade 11 500
Inauguración 15 de marzo de 2014
Campionatos
Supercopa 1 (2016)
cbgrancanaria.net

O Club Baloncesto Gran Canaria - Claret, S.A.D., coñecido tamén coma Dreamland Gran Canaria por motivos de patrocinio, é un equipo profesional de baloncesto español con sede na cidade das Palmas de Gran Canaria, nas Illas Canarias. Fundado en 1963 co nome de Colegio Claret, actualmente xoga na Liga ACB. Desde 2014, tras deixar o Centro Insular de Deportes, o equipo disputa os seus partidos como local no Gran Canaria Arena, recinto con capacidade para acoller 11 500 espectadores.[1]

O actual CB Gran Canaria naceu no ano 1963 dentro do Colexio Claret, e durante moitos anos xogou co nome de dita entidade. Tralos bos resultados nas competicións escolares, decidiu federar ao equipo, que pasou a integrarse na Segunda División. Até o ano 1984, p seu primeiro equipo militaría nesa categoría, e é ese mesmo ano cando se decide a confeccionar uns estatutos propios para ter personalidade xurídica independente. Ditos estatutos son aprobados o 22 de maio de 1985 polo que o equipo pasa a denominarse Claret Club de Baloncesto.

Na temporada 1984−85 acada o ascenso á Liga ACB, baixo a denominación de Claret Bofill e xogando os seus partidos no Pavillón Municipal de Tamaraceite debuta na máxima categoría, que non pode conservar, baixando de novo á Primeira División B. Ascende de novo á Liga ACB na temporada 1987−88, pasando na temporada seguinte a denominarse C.B. Gran Canaria nun intento de reivindicar ao Club como expoñente de onde asenta á súa masa social. No seu regreso á ACB, estrea novo pavillón en setembro de 1988, o Centro Insular de Deportes. Tras dúas temporadas na ACB, descendeu novamente á Primeira División B para recuperar de novo a súa praza na máxima categoría na temporada 1991−92.

Por esixencias do Consello Superior de Deportes faise de obrigado cumprimento a transformación do club en Sociedade Anónima Deportiva, a cal se constitúe o 30 de xuño de 1992 logo dun apoio incondicional por parte das institucións locais (Cabido de Gran Canaria, Concello,...) e o accionariado privado. Logo de varias temporadas na categoría de prata do baloncesto español (Primeira División e Liga EBA), na temporada 1994-95, o actual Gran Canaria lograba o campionato da Liga EBA e o ascenso automático por cuarta vez á Liga ACB. Dende aquela militou na máxima categoría do baloncesto español de xeito ininterrompido.

A temporada 2006−07 supuxo a duodécima participación consecutiva na Liga ACB. Foi a temporada onde obtivo o maior número de vitorias (23) e na que se conseguiu permanecer imbatido en toda a segunda volta da fase regular da ACB, no Centro Insular de Deportes. O Gran Canaria participou por sexto ano nos play-off (quinto ano consecutivo), na fase final da Copa do Rei (quinta temporada e terceira consecutiva) e un ano máis (o terceiro) na competición europea, a Copa da ULEB. Na temporada 2007−08 non se conseguen os obxectivos iniciais, quedando fora da fase final da Copa do Rei e dos play-off finais, obtendo un noveno posto que permite ao club participar na Copa da ULEB, na súa actual denominación de Eurocup.

Na temporada 2008−09 o equipo logrou ser líder durante unha xornada logo de vencer ao Unicaja Málaga no Centro Insular de Deportes, finalizando unha grande primeira volta na que se conseguen 10 vitorias, o equipo clasifícase para disputar a Copa do Rei disputada no Pazo de Deportes da Comunidade de Madrid, onde cae en cuartos de final ante o Unicaja Málaga. Durante a segunda volta lógranse outras 10 vitorias que clasifican ao equipo para os play-off polo título. O seu rival en cuartos de final foi o seu verdugo na Copa o Unicaja de Málaga. No primeiro partido en Málaga houbo vitoria 90-96, mais o Unicaja remontou gañando no CID e o terceiro e último partido en Málaga, o que supuxo a eliminación. Esta será lembrada pola consecución de 12 vitorias consecutivas como local, sendo o mellor rexistro do equipo na ACB, e igualando con 7 vitorias consecutivas a marca acadada na temporada 2005-06. O sexto posto final permítelle xogar unha vez máis en competición europea.

En [[[2014]] o equipo estrea un novo pavillón, o Gran Canaria Arena, o cal conta con capacidade para 11 500 espectadores. Entre o ano de inauguración do pavillón e 2018 o equipo consegue particpar de forma consecutiva en catro EuroCups, sendo finalista da edición de 2015, onde perderon na final por 66–91 e 83–64 ante o Khimki ruso. En 2018 o equipo chega as semifinais da ACB e consegue a súa participación na Euroliga 2018-19. Porén, o equipo acaba cun rexistro de 8−22, moi lonxe de clasficarse aos play-offs.

Patrocinios

[editar | editar a fonte]

Por motivos de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia.

  • Canarias Telecom (1999–2002)
  • Auna Gran Canaria (2002–2004)
  • Gran Canaria Grupo Dunas (2006–2007)
  • Kalise Gran Canaria (2007–2009)
  • Gran Canaria 2014 (2009–2012)
  • Herbalife Gran Canaria (2012–2021)

Xogadores

[editar | editar a fonte]

Cadro actual

[editar | editar a fonte]
Gran Canaria 2022−2023
XogadoresAdestradores
Pos.#Nac.NomeAlturaPesoProcedencia
P 2 Polonia Balcerowski, Olek 2,16 m (7 ft 1 in) 123 kg (271 lb) Categorías inferiores (2017)
E 3 Kljajić, Jovan 1,95 m (6 ft 5 in) 85 kg (187 lb) Categorías inferiores (2019)
E 4 Polonia Slaughter, A. J. 1,91 m (6 ft 3 in) 80 kg (176 lb) Real Betis (2020)
B 5 España Bassas, Ferrán 1,81 m (5 ft 11 in) 85 kg (187 lb) Joventut Badalona (2022)
B 6 Francia Albicy, Andrew 1,78 m (5 ft 10 in) 77 kg (170 lb) Zenit San Petersburgo (2020)
E 8 Italia Benite, Vítor 1,94 m (6 ft 4 in) 88 kg (194 lb) Hereda San Pablo Burgos (2022)
A 9 Italia Brussino, Nicolás 2,05 m (6 ft 9 in) 88 kg (194 lb) Casademont Zaragoza (2021)
A 10 España Salvó, Miquel 2,05 m (6 ft 9 in) 90 kg (198 lb) Hereda San Pablo Burgos (2021)
P 14 Lituania Shurna, John 2,04 m (6 ft 8 in) 100 kg (220 lb) MoraBanc Andorra (2021)
AP 16 España López de la Torre, Rubén 2,01 m (6 ft 7 in) 94 kg (207 lb) Categorías inferiores (2020)
P 18 Senegal Diop, Khalifa 2,15 m (7 ft 1 in) 105 kg (231 lb) Categorías inferiores (2017)
E 23 Mutaf, David 1,94 m (6 ft 4 in) 85 kg (187 lb) Minnesota Golden Gophers (2021)
P 41 Stević, Oliver 2,04 m (6 ft 8 in) 105 kg (231 lb) Urbas Fuenlabrada (2020)
AP 00 Francia Inglis, Damien 2,06 m (6 ft 9 in) 109 kg (240 lb) Surne Bilbao Basket (2022)
Adestrador
Eslovenia Jaka Lakovič
Asistente(s)
España Víctor García
España Manuel Peña
España Asier Setién

Lenda
  • (C) Capitán
  • Lesionado Lesionado

Cadro
Actualizado: 03−102022

Dorsais retirados

[editar | editar a fonte]
Dorsais retirados polo Gran Canaria
Xogador Posición Etapa
20Jim MoranAla2001–2011

Destacados

[editar | editar a fonte]

Adestradores

[editar | editar a fonte]

A seguinte é unha lista dos adestradores do Gran Canaria desde 1985.

  • España Joaquín Costa (1985–1990)
  • España Manolo Hussein (1990–1992)
  • España Trifón Poch (1992–1994)
  • España Roberto Orellana (1994–1995)
  • España Manolo Hussein (1995–2002)
  • España Pedro Martínez (2002–2005)
  • España Salva Maldonado (2005–2009)
  • España Pedro Martínez (2009–2014)
  • España Aíto García Reneses (2014–2016)
  • España Luis Casimiro (2016–2018)
  • España Salva Maldonado (2018)
  • España Víctor García (2018−2019)
  • España Pedro Martínez (2019)
  • Grecia Fotios Katsikaris (2019–2020)
  • España Porfirio Fisac (2020–2022)
  • Eslovenia Jaka Lakovič (2020–2022)

Palmarés

[editar | editar a fonte]

Supercopa

  • Campións (1): 2016
  • Subcampións (2): 2017

Historial

[editar | editar a fonte]
Ano Nivel Liga Pos. V–D Copa do Rei Outras copas Competicións europeas
1962–63 32ª División
1963–64 32ª División
1964–65 32ª División
1965–66 32ª División
1966–67 32ª División 10º
1967–68 32ª División
1968–69 32ª División
1969–70 32ª División
1970–71 32ª División 10º
1971–72 32ª División
1972–73 32ª División
1973–74 32ª División
1974–75 32ª División
1975–76 32ª División
1976–77 32ª División
1977–78 32ª División
1978–79 32ª División
1979–80 32ª División
1980–81 32ª División 10º
1981–82 32ª División 10º
1982–83 32ª División
1983–84 32ª División
1984–85 21ª División B 19–7
1985–86 1ACB 15º 8–23
1986–87 21ª División B 22–12
1987–88 21ª División B 31–16
1988–89 1ACB 18º 20–19 Oitavos de final
1989–90 1ACB 23º 15–29 Primeira rolda
1990–91 21ª División 31–11
1991–92 1ACB 23º 14–30 Primeira rolda
1992–93 21ª División 20–18
1993–94 21ª División 21–14
1994–95 2Liga EBA 29–10
1995–96 1ACB 14º 16–22
1996–97 1ACB 12º 17–17
1997–98 1ACB 10º 15–19
1998–99 1ACB 14º 13–21
1999–00 1ACB 19–18 Cuartos de final
2000–01 1ACB 13º 12–22 3 Copa KoraćDF1–1
2001–02 1ACB 16º 10–24
2002–03 1ACB 21–16 Cuartos de final
2003–04 1ACB 18–20 2 ULEB CupOF8–4
2004–05 1ACB 20–18 Cuartos de final 2 ULEB CupFG6–4
2005–06 1ACB 20–17 Cuartos de final 3 FIBA EurocupFG3–3
2006–07 1ACB 22–16 Cuartos de final 2 ULEB CupOF5–7
2007–08 1ACB 16–18 2 ULEB CupOF10–4
2008–09 1ACB 21–14 Cuartos de final 2 EuroCupFG4–4
2009–10 1ACB 17–19 SupercopaSF 2 EuroCupCF9–5
2010–11 1ACB 21–15 Cuartos de final 2 EuroCupOF8–6
2011–12 1ACB 14º 13–21 2 EuroCupFG4–2
2012–13 1ACB 21–19 Semifinais
2013–14 1ACB 23–14 Cuartos de final
2014–15 1 ACB 18–18 Cuartos de final 2 Eurocup21–3
2015–16 1 ACB 22–15 Subcampión SupercopaSF 2 EurocupSF16–6
2016–17 1 ACB 22–13 Cuartos de final Supercopa 2 EuroCupCF11–5
2017–18 1 ACB 22–18 Semifinais Supercopa 2 EuroCupCF9–9
2018–19 1 ACB 12º 14–20 1 EuroligaFR8–22
2019–20 1 ACB 11º 13–14
2020–21 1 ACB 18–20 2 EuroCupSF14–7
2021–22 1 ACB 17–19 2 EuroCupCF13–7
  1. "Gran Canaria Arena". typsa.com (en inglés). Consultado o 24 de agosto de 2021.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]