Napoli Basket
| GeVi Napoli | |
| Información xeral | |
|---|---|
| Liga | LBA |
| Fundación | 2016 |
| Historia | Cuore Napoli Basket (2016−2018) |
| Cores | Branco, azul |
| Presidente | |
| Adestrador | |
| Patrocinador | Generazione Vincente |
| Localización | |
| Cidade | |
| Pavillón | PalaBarbuto |
| Capacidade | 5 500 |
| Inauguración | 2003 |
| napolibasket.it | |
O SS Napoli Basket, actualmente coñecido como GeVi Napoli Basket por motivos de patrocinio, é un equipo de baloncesto profesional italiano con sede en Nápoles, Campania. Fundado en 2016, é o equipo sucesor do desaparecido S.S. Basket Napoli.[1] Após conseguiren o ascenso desde a Serie A2 na temporada 2020−21, o equipo compite na LBA, a máxima categoría do baloncesto transalpino.
Historia
[editar | editar a fonte]Após a desaparición do S.S. Basket Napoli en 2010, o proxecto renaceu seis anos despois da man de Ciro Ruggiero grazas á cesión dos dereitos deportivos do Cilento Basket Agropoli, que permitiron ao recentemente nado equipo napolitano comezar a súa andaina na Serie B na temporada 2016−17. Na mesma tempada, o Napoli Basket consegue o ascenso á Serie A2 tras finalizar primeiro no Grupo C da tempada regular e vencer ao Bergamo Basket na final do play-off. Con todo, ao final da seguinte temporada o equipo regresa á Serie B tras perder nos play-outs ante os Roseto Sharks. Ao final da mesma tempada, a dirección pasa aos empresarios napolitanos Federico Grassi e Francesco Tavassi, mentres que o adestrador Gianluca Lulli é designado para dirixir o equipo. Na Serie B 2018−19 o Napoli Basket pecha a tempada regular no 6º posto do grupo D con 36 puntos, pasando así a disputar os play-offs, onde perde en semifinais ante Pallacanestro Palestrina.
En xuño de 2019 a equipo anuncia que comprou os dereitos deportivos do Legnano Basket Knights, obtendo o dereito a participar na Serie A2 2019−20. A tempada comeza con tres derrotas consecutivas coa consecuente rescisión do técnico Gianluca Lulli e o anuncio da contratación de Stefano "Pino" Sacripanti. O Napoli finaliza a temporada regular en oitava posición, asegurándose un lugar nos play-offs. Porén, estes nunca se chegarán a xogar debido á pandemia de COVID-19. Na temporada 2020−21 da Serie A2, o equipo volve clasificarse aos play-offs, conseguindo o obxctivo do ascenso após venceren ao Amici Pallacanestro Udinese na rolda final.
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Campións (1): 2024
Copa da Segunda División de Italia
- Campións (1): 2021
Copa da Terceira División de Italia
- Campións (1): 2017
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ripartiamo dal basket" [Partamos do baloncesto]. Napoli Basket (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 01 de agosto de 2021. Consultado o 1 de agosto de 2021.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial Arquivado 28 de xullo de 2021 en Wayback Machine.