Saltar ao contido

Nikolai Semenov

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Nikolay Semyonov»)
Modelo:BiografíaNikolai Semenov

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de abril de 1896 (Xuliano) Editar o valor en Wikidata
Saratov (Imperio Ruso) Editar o valor en Wikidata
Morte25 de setembro de 1986 Editar o valor en Wikidata (90 anos)
Moscova, Rusia Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturacemiterio Novodevichii Editar o valor en Wikidata
Membro do Conselho Supremo da Unión Soviética
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaSan Petersburgo
Moscova Editar o valor en Wikidata
EducaciónImperial St. Petersburg University (en) Traducir (1913–1917)
Q4406448 Traducir (–1913) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoFísica química Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónfísico, catedrático, químico, político Editar o valor en Wikidata
EmpregadorZnanie (en) Traducir (1960–1963)
Universidade Estatal de Moscova (1944–)
Semenov Institute of Chemical Physics (en) Traducir, director (1931–1986)
Peter the Great Saint Petersburg State Polytechnical University (en) Traducir (1928–)
Tomsk Polytechnic University (en) Traducir
Universidade Estatal de Tomsk (pt) Traducir
Instituto Ioffe (pt) Traducir
Instituto de Física e Tecnoloxía de Moscova
Academia de Ciencias de Rusia, Vicepresidente Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista da Unión Soviética (1947–) Editar o valor en Wikidata
Membro de
Interesado enFisicoquímica Editar o valor en Wikidata
ProfesoresAbram Ioffe (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosIakov Zeldovich, Juliï Borisovich Khariton (pt) Traducir, Viktor Nikolaevič Kondratʹev (en) Traducir, David Frank-Kamenetsky (en) Traducir, Nikolay Emanuel (en) Traducir, Walter Alexander Filippovich (en) Traducir, Aram Nalbandyan (en) Traducir, Nikolay Yenikolopov (en) Traducir e Vladislav Voyevodsky (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
17 de outubro de 196122nd Congress of the Communist Party of the Soviet Union (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoDmitrii Knorre (en) Traducir, Aram Nalbandyan (en) Traducir, Nikolay Yenikolopov (en) Traducir e Vitalii Goldanskii (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMaria Liverovskaya (1921–) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Семёнов Николай Николаевич)
Enciclopedia soviética armenia
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
Find a Grave: 138368191 Editar o valor en Wikidata

Nikolai Nikolaevich Semenov (en ruso: Николай Николаевич Семёнов), nado o 15 de abril de 1896 en Saratov, (Unión Soviética) e finado o 25 de setembro de 1986, foi un químico e profesor universitario ruso/soviético galardoado co Premio Nobel de Química de 1956.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou física, química e matemáticas na Universidade de San Petersburgo e foi nomeado profesor de física do Instituto Politécnico de Leningrado logo de participar na guerra civil rusa, sendo Semyonov o introductor da química física no seu país.

Dirixiu o Instituto de Química Física da Academia de Ciencias desde 1931, e o Instituto de Química Física da Universidade de Moscova desde 1944.

Investigacións científicas

[editar | editar a fonte]
Semenov (dereita) e Petr Kapitsa, retrato de Boris Kustodiev, 1921

Interesado inicialmente no estudo da física molecular e dos fenómenos electrónicos, xunto a Petr Kapitsa descubriu en 1922 un método para medir o campo magnético dun núcleo atómico, que posteriormente sería modificado e mellorado por Otto Stern e Walter Gerlach, e coñecido como experimento de Stern-Gerlach.

En 1925 xunto a Iakov Frenkel estudou a cinética da condensación e absorción dos vapores. En 1927 estudou a ionización dos gases así como a química do electrón, e en 1928 xunto a Vladimir Fok creou a teoría da descarga rota de dieléctricos.

Posteriormente dedicouse completamente á cinética química, ao desenvolvemento da cal contribuíu notablemente. A súa tarefa foi especialmente intensa durante a segunda guerra mundial, cando os problemas de combustión e explosión adquiriron extraordinaria importancia. O goberno soviético premiouno en 1941 co Premio Stalin e en 1945 coa Orde de Lenin.

Posteriormente traballou no campo das reaccións químicas en cadea, o coñecemento da cal contribuíu de xeito moi considerable do mesmo xeito que o químico inglés Cyril Norman Hinshelwood co cal mantivo estreitas relacións científicas e compartiu o Premio Nobel de Química do ano 1956.

Entre as súas principais obras atópanse "Reaccións en Cadea" (1934) e "Suma de Problemas de Química Cinética e Radioactividade" (1954)

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Vincent du Vigneaud
Premio Nobel de Química

1956
compartido con
Cyril Norman Hinshelwood
Sucesor:
Alexander Robertus Todd