Parte do Imperio Ruso antes da primeira guerra mundial, Belarús declarou a súa independencia o 25 de marzo de 1918, formando a República Nacional de Belarús. A república tivo, de todas formas, unha curta vida, e o réxime foi derrocado trala retirada alemá. En 1919 Belarús converteuse na República Socialista Soviética de Belarús, e "ingresou" na República Socialista Soviética Lituano-Belarusa. Trala guerra polaco-soviética rematada en 1921, as terras de Belarús foron divididas entre Polonia e a RSS de Belarús, que converteuse nun membro fundador da URSS en 1922. En setembro de 1939, a Unión Soviética anexionouse a Belarús polaca como resultado do Pacto de Molotov-Ribbentrop.
Trala segunda guerra mundial, a RSS de Belarús obtivo voz na Asemblea Xeral da ONU xunto á Unión Soviética e a RSS de Ucraína, converténdose nun dos membros fundadores da ONU.