Dereitos do neno

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ninos campesinos khmer.jpg

Os Dereitos do Neno (ou Dereitos da Infancia) son dereitos que posúen os nenos, nenas e adolescentes polo simple feito de nacer. Son inalienables, irrenunciables, innatos e imprescindibles para unha boa infancia.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

A primeira declaración de dereitos do neno, de carácter sistemática, foi a Declaración dos Dereitos do Neno de 1924, redactada por Eglantyne Jebb fundadora da organización internacional Save the Children , que foi aprobada pola Sociedade de Nacións o 26 de decembro de 1924.

As Nacións Unidas aprobaron en 1948 a Declaración Universal dos Dereitos Humanos que, implicitamente, incluía os dereitos do neno, porén, posteriormente chegouse ó convencimento de que as particulares necesidades dos nenos debían estar especialmente enunciadas e protexidas.

Por iso, a Asemblea Xeral da ONU, aproba en 1959 unha Convención sobre os Dereitos do Neno, que constaba de 10 principios, concretando para os nenos os dereitos contemplados na Declaración Universal de Dereitos Humanos. Seis anos antes decidira que o Fondo Internacional de Emerxencia das Nacións Unidas para os nenos (UNICEF) continuara os seus labores coma organismo especializado e permanente para a protección da infancia (denominándoo oficialmente Fondo das Nacións Unidas para a Infancia).

Categorías[editar | editar a fonte]

Os dereitos do neno poden dividirse nas seguintes categorías:

  • Dereitos á supervivencia: que buscan protexer e garantir o dereito á vida e a satisfacer as súas necesidades máis básicas, coma o alimento, o abrigo e a protección da saúde.
  • Dereitos ó desenvolvemento: que buscan protexer e garantir o desenvolvemento pleno (físico, espiritual, moral e social), coma o dereito á educación, á cultura, ó xogo e á liberdade de pensamento, conciencia e relixión.
  • Dereitos á protección: que buscan protexer e garantir que non sexan obxecto de abusos, neglixencia e explotación, coma o dereito ó nome, (identidade), nacionalidade e coidado.
  • Dereitos á participación: que buscan protexer e garantir a súa participación nas decisións que lles afectan e nas actividades das súas comunidades locais e países, coma a liberdade de expresión.
  • Dereitos a ser escoitado: que buscan protexer e garantir o seu respecto polos demais. Por que se non escoitas a un neno, este tampouco escoitará aos demais (é para a súa educación).

Dereitos do Neno e lexislación interna[editar | editar a fonte]

Aínda que a lexislación e o sistema xurídico de cada país adoitan ser diferentes, case a totalidade dos países entenden as necesidades dos nenos como sumamente importantes, por iso consagran medidas especiais para a súa protección. Protección da que non só se ocupa unha lei simple senón que, habitualmente, é a mesma Constitución.

Entre os dereitos que se protexen constitucionalmente atópanse os seguintes:

  • Dereito á educación
  • Dereito a unha familia
  • Dereito á atención de saúde preferente
  • Dereito a non ser obrigados a traballar
  • Dereito a ser escoitados

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Galifontes
A Galifontes posúe escritos orixinais acerca de: Dereitos do neno