Saltar ao contido

Phumzile Mlambo-Ngcuka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPhumzile Mlambo-Ngcuka

(2014) Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(zu) Phumzile Mlambo-Ngcuka
(en) Phumzile Mlambo-Ngcuka Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento3 de novembro de 1955 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Durban, Suráfrica Editar o valor en Wikidata
Presidenta ONU Mulleres
10 de xullo de 2013 – 30 de setembro de 2021 – Sima Sami Bahous (pt) Traducir →
Deputy President of South Africa (en) Traducir
22 de xuño de 2005 – 23 de setembro de 2008
Membro da Asemblea Nacional de Suráfrica
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Cidade do Cabo
Universidade Nacional do Lesoto (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítica Editar o valor en Wikidata
EmpregadorONU Editar o valor en Wikidata
Partido políticoCongreso Nacional Africano Editar o valor en Wikidata
Participou en
20 de xaneiro de 2020Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2020
21 de xaneiro de 2015Encontro Anual do Foro Económico Mundial de 2015
22 de xaneiro de 2014Encontro Anual do Fórum Económico Mundial de 2014 Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeBulelani Ngcuka Editar o valor en Wikidata
Premios

Twitter: phumzileunwomen Discogs: 5500533 Editar o valor en Wikidata

Phumzile Mlambo-Ngcuka (pronuncia: pumzíle lámbo núca), nada o 3 de novembro de 1955 en Trasnkei, é unha política surafricana que foi vicepresidenta de Suráfrica desde 2005 até 2008. Foi a primeira muller en ocupar o cargo e nese momento a muller de máis alto rango na historia de Suráfrica.

O 10 de xullo de 2013, Mlambo-Ngcuka foi nomeada Directora Executiva da Entidade das Nacións Unidas para a Igualdade de Xénero e Apoderamento das Mulleres (ONU Mulleres) polo Secretario Xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon.

Educación

[editar | editar a fonte]

Obtivo unha licenciatura en ciencias sociais e educación na Universidade Nacional de Lesoto (National University of Lesotho) en 1980, así como un doutoramento da Universidade de Cidade do Cabo (University of Cape Townen) en 2003, sobre planificación e política educativa. En 2013 foi galardoada cun doutoramento da Universidade de Warwick (University of Warwick) polo seu traballo no uso de tecnoloxías móbiles para apoiar a formación do profesorado nos países de escasos recursos.

De 1981 a 1983 deu clases en KwaZulu-Natal, despois do cal se trasladou a Xenebra para traballar coa Asociación Mundial Cristiá Feminina (YWCA), entre 1984 e 1989, como Directora de Mocidade da organización, onde se avogou pola creación de emprego para a mocidade dentro o sistema da ONU e a educación para o desenvolvemento promovido en África, Asia e Oriente Medio. Durante este tempo tamén fundou e dirixiu o Programa Internacional de Mulleres Novas. De 1987 a 1989 foi directora de TEAM, unha Organización non gobernamental (ONG) de desenvolvemento en Cidade do Cabo, e tamén se involucrou con mulleres ocupas e igrexas africanas independentes para promover a autosuficiencia económica e a execución de programas de desenvolvemento de aptitudes. De 1990 a 1992 foi directora dos Servizos Mundiais Universitarios (World University Services), un organismo de financiamento, así como participou na xestión dos fondos doados a organizacións de desenvolvemento polas axencias gobernamentais de desenvolvemento suecas e suízas.

Membro do Parlamento

[editar | editar a fonte]

En 1994, Mlambo-Ngcuka converteuse en membro do Parlamento, presidindo o Comité de Carteira de Servizos Públicos. Foi viceministra no Ministerio de Comercio e Industria desde 1996 até 1999, tempo durante o cal tamén foi membro fundadora da Corporación de Desenvolvemento da Comunidade Guguletu. Desde 1997 foi membro do comité executivo nacional do Congreso Nacional Africano (ANC), ademais de ser a vicepresidenta provincial da ANC do Cabo Occidental.

Mlambo-Ngcuka foi Ministra de Minerais e Enerxía entre xuño de 1999 e xuño de 2005. Durante este tempo foi unha forza impulsora na política do goberno de crear a Nova Orde de Dereitos de Minaría, que puxo fin a un período en que as grandes empresas mineiras, que controlaban case todos os minerais das reservas de Suráfrica, podían manter os dereitos mineiros concedidos en perpetuidade. A política de Mlambo-Ngucka de "úsao ou pérdeo" creou unha situación na que os dereitos de minería chegaron a estar dispoñíbeis a un segmento moito máis amplo da poboación, incluída moita xente de cor anteriormente desfavorecida. Desempeñouse como ministra interina de Artes, Cultura, Ciencia e Tecnoloxía de febreiro a abril de 2004.

Vicepresidenta

[editar | editar a fonte]
Mlambo-Ngcuka no 2007
Mlambo-Ngcuka no 2006

O 22 de xuño de 2005, o presidente Thabo Mbeki nomeouna como vicepresidenta de Suráfrica, despois de remudar a Jacob Zuma do cargo a semana anterior.[1] O esposo de Mlambo-Ngcuka, Bulelani Ngcuka, foi xefe da Dirección Nacional do Ministerio Público de Suráfrica no seu momento e encargado da loita contra o crime organizado. Foi o NDPP quen determinou que deberían estabelecerse cargos criminais contra Zuma. A posición mantida por Zuma era que os cargos na súa contra tiñan motivacións políticas. Pouco despois do seu nomeamento foi apupada polos partidarios de Zuma nun mitin en KwaZulu-Natal, un incidente que non estaba cuberto pola cadea pública, a SABC, que levou a acusacións de parcialidade. En agosto de 2005, comentou sobre o lento ritmo do programa de reforma agraria Willing Buyer Willing Seller (Disposto Vendedor Disposto Comprador) en Suráfrica, e afirmou que Suráfrica podería aprender acerca da reforma agraria de Zimbabwe. Este comentario provocou unha condena pola oposición parlamentaria.[2]

O presidente Mbeki dimitiu en setembro de 2008 despois de que o Comité Executivo Nacional, opóndose á presunta participación de Mbeki no axuizamento de Jacob Zuma para actividades delituosas, decidise apartalo. O 23 de setembro, por mor disto, a maior parte do gabinete de Suráfrica renunciou, Mlambo-Ngcuka entre eles.[3] Mlambo-Ngcuka uniuse ao partido político COPE a finais de febreiro de 2009.

Controversias

[editar | editar a fonte]

Durante o seu período como Ministra de Minerais e Enerxía, a empresa paraestatal PetroSa efectuou un pago anticipado de 15 millóns de TSAR (aproximadamente 1,5 millóns de dólares estadounidenses) a unha empresa privada Imvume, que á súa vez fixo unha doazón de 11 millóns de TSAR ao ANC antes das eleccións de 2004. Comprobouse que Imvume tiña vínculos estreito co ANC. Estes eventos foron alcumados como o escándalo Oilgate polos medios de comunicación de Suráfrica.

Aínda que nunca houbo ningunha evidencia de que Mlambo-Ngcuka estivese involucrada de ningunha maneira, os medios de comunicación sospeitaban que houbese algunha relación. Co fin de limpar o seu nome, Mlambo-Ngcuka pediu ao Defensor do Pobo de Suráfrica unha investigación sobre o tema. O informe posterior liberouna por completo de calquera responsabilidade. Debido a que o irmán de Mlambo-Ngcuka, Bonga Mlambo, estaba involucrado con Imvume nun proxecto hoteleiro naquel momento, foi presuntamente involucrado no negocio de aceite de Imvume. Estas acusacións tamén resultaron ser infundadas.

Mlambo-Ngcuka tamén se enfrontou con outra controversia en xaneiro de 2006 cando se soubo que ela se foi coa súa familia e un amigo Thuthukile Mazibuko-Skweyiya, en decembro de 2005, de vacacións supostamente pagas polos impostos dos contribuíntes por valor de 4 millóns de TSAR aos Emiratos Árabes Unidos. Este escándalo foi alcumado o Gravy Plane polos medios surafricanos, e chegou nun momento delicado, xa que o ANC estaba a prepararse para loitar nas eleccións locais. Unha vez máis Mlambo-Ngcuka pediulle ao Defensor do Pobo unha investigación e unha vez máis foi absolta de toda culpa. O Defensor do Pobo atopou que os servizos de seguridade surafricanos decidiran que, debido a razóns de seguridade, empregase un avión do goberno para a viaxe e que Mlambo-Ngcuka non tivera ningún papel na toma desta decisión.

  1. "Mujer es vicepresidenta de Sudáfrica". Arquivado dende o orixinal o 20 de abril de 2017. Consultado o 01 de outubro de 2018. 
  2. "SA could learn from Zim, says Mlambo-Ngcuka". IOL. Arquivado dende o orixinal o 14 de novembro de 2006. Consultado o 01 de outubro de 2018. 
  3. "Los ministros de Sudáfrica renuncian al Gobierno". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 01 de outubro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]