Javier Pérez de Cuéllar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Javier Pérez de Cuéllar
Javier Pérez de Cuéllar.JPG
Nacemento 19 de xaneiro de 1920
Lugar Lima
Nacionalidade Perú
Relixión Igrexa católica e catolicismo
Alma máter Pontifical Catholic University of Peru
Ocupación político, diplomático e avogado
Premios Prêmio Jawaharlal Nehru para Compreensão Internacional, Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, Knight Grand Cross of the Order of St Michael and St George, Prémio Olof Palme, Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional, Four Freedoms Award - Freedom Medal, Freedom Award, Grand Cordon of the National Order of the Cedar‎, Grand Cross Special Class of the Order of Merit of the Federal Republic of Germany, Grand Officer of the Order of Merit of the Italian Republic, Grand Cross of the Order of Merit of the Republic of Poland, grand-croix de l'ordre national de la Croix du Sud, Grand Cross of the Order of the Oak Crown, Grand Cross of the Legion of Honour, Grand Cross of the National Order of Merit e United Nations Peace Medal
editar datos en Wikidata ]

Javier Pérez de Cuéllar Guerra, nado en Lima o 19 de xaneiro de 1920, é un avogado e diplomático peruano que se converteu no quinto Secretario Xeral das Nacións Unidas entre 1982 e 1991.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Mocidade e carreira diplomática[editar | editar a fonte]

Estudou dereito e ingresou en 1940 no Ministerio de Exteriores de Perú. En 1944 entrou a formar parte do Servizo Diplomático, e foi enviado como embaixador de Perú a Francia, Reino Unido, Bolivia, Brasil, Suíza, a Unión Soviética (sendo o primeiro embaixador de Perú neste país), Polonia e Venezuela.

En 1961 volveu para Lima para desenvolver os cargos de director do Departamento Xurídico, director da Administración, director de Protocolo e director de Asuntos Políticos. En 1966 conseguiu que o nomeasen viceministro e Secretario Xeral de Relacións Exteriores, baixo a presidencia de Belaunde Terry.

Foi designado polo seu país como delegado na Asemblea Xeral da ONU en 1946, para converterse en representante nas Nacións Unidas desde 1971 ata 1975. Representou a Perú no Consello de Seguridade da ONU entre 1973 e 1974, desenvolvendo a función de Presidente do Consello durante o conflito de Chipre de 1974. O 18 de setembro daquel ano foi nomeado representante especial do Secretario Xeral en Chipre, cargo que ocupou ata 1977, cando volveu ao seu cargo no Ministerio de Exteriores de Perú.

O 27 de febreiro de 1979 foi nomeado Secretario Xeral Asistente das Nacións Unidas para Asuntos Políticos concretos. Desde abril de 1981 alternou este cargo co de Representante Persoal do Subsecretario Xeral durante a crise de Afganistán. Con esta condición viaxou a Afganistán e Paquistán durante abril e agosto daquel ano para proseguir as negociacións de paz iniciadas polo subsecretario xeral meses antes.

En maio de 1981 volveu ao Ministerio de Exteriores de Perú, continuando porén como representante do Subsecretario Xeral na crise de Afganistán ata a súa designación como Secretario Xeral das Nacións Unidas.

Secretario Xeral das Nacións Unidas[editar | editar a fonte]

O 1 de xaneiro de 1982 Javier Pérez de Cuéllar tomou posesión do seu cargo de Secretario Xeral das Nacións Unidas, en substitución de Kurt Waldheim. Foi o primeiro latino en ocupar este cargo, e o primeiro sudamericano.

O 10 de outubro de 1986 foi reelixido para continuar cun segundo mandato, que iniciou o 1 de xaneiro de 1987. Os membros do Consello de Seguridade solicitaron a realización dun terceiro mandato de Pérez de Cuéllar se ben o diplomático peruano non aceptou a oferta e renunciou ao cargo o 31 de decembro de 1991. En outubro de 1987 foi galardonado co Premio Príncipe de Asturias de Cooperación Internacional.

Durante o seu mandato vai levar directamente as negociacións entre Arxentina e o Reino Unido durante a guerra das Malvinas ao igual que promoveu as accións do Grupo de Contadora para a consecución da paz en América Central. As Nacións Unidas interviñeron nas negociacións para a independencia de Namibia, o conflito do Sáhara Occidental entre Marrocos e a Fronte Polisario, así coma no conflito de Chipre. Durante o seu mandato os Cascos Azuis das Nacións Unidas foron galardoados co Premio Nobel da Paz en 1988.

Profesor[editar | editar a fonte]

Traballou tamén como profesor de dereito Internacional na Academia Diplomática de Perú e como profesor de Relacións Internacionais na Academia de Guerra Aérea de Perú. É autor do Manual de Dereito Diplomático (Manual of Diplomatic Law), 1964.

Actividade política[editar | editar a fonte]

Logo da súa retirada das Nacións Unidas volveu para o seu país, onde optou ás eleccións presidenciais de 1995, co partido Unión por el Perú, onde perdeu diante de Máximo San Román.

Entre o 25 de novembro do 2000 e o 28 de xullo de 2001 foi nomeado primeiro ministro e ministro de Exteriores de Perú durante o goberno de transición de Valentín Paniagua logo da caída de Alberto Fujimori.

Inmediatamente despois vai asumir o cargo de embaixador de Perú en Francia e na UNESCO, ao que renunciou o 22 de xullo de 2004. O 31 de decembro daquel ano renunciou á actividade diplomática e retirouse da vida política activa. Desde aquela vive retirado en París, onde en xullo de 2005 sufriu un infarto, do que se recuperou con ben.

Na actualidade é membro da Comisión de Ética do Comité Olímpico Internacional.

Condecoracións e homenaxes[editar | editar a fonte]

O embaixador Javier Pérez de Cuéllar recibiu o doutoramento honoris causa nas seguintes universidades:

Con motivo do seu octoxésimo aniversario recibiu na Universidade de Lima un significativo homenaxe onde ditou unha conferencia maxistral sobre relacións internacionais.

Principais premios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]