Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento
Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Nome curto | UNDP e PNUD ![]() | ||
Tipo | organização estabelecida pelas Nações Unidas (pt) ![]() ![]() | ||
Parte de | Sistema das Nacións Unidas ![]() | ||
Lingua oficial | lingua inglesa, lingua castelá, lingua rusa, lingua francesa, lingua chinesa e lingua árabe ![]() | ||
Personalidades | |||
Cargo dirixente | administrator of the United Nations Development Programme (en) ![]() ![]() | ||
Entidades | |||
Matriz | Consello Económico e Social das Nacións Unidas ![]() | ||
En sociedade con | Organización de Aviación Civil Internacional ![]() | ||
Membro de
| |||
Entidades subsidiarias
| |||
Data | |||
Fundación | 1965 ![]() | ||
Localización | |||
País | Estados Unidos de América ![]() | ||
Sede | Nova York ![]() | ||
Composto por | |||
Composto por
| |||
Contacto | |||
Páxina WEB | undp.org ![]() | ||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | ||
[ Wikidata ] |
O Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento (PNUD), creouse mediante a fusión do Programa Ampliado de Asistencia Técnica das Nacións Unidas, creado en 1949, e o Fondo Especial da Organización das Nacións Unidas, estabelecido en 1958. O PNUD, tal como se coñece no presente, foi creado en 1965 pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas. Pertence ó sistema de Nacións Unidas, e a súa función é contribuír á mellora da calidade de vida das nacións. Dende 1990, o PNUD publica o informe sobre desenvolvemento humano ou Índice de desenvolvemento humano (IDH). O PNUD promove o cambio e conecta os coñecementos, a experiencia e os recursos necesarios para axudar ós pobos a forxar unha vida mellor. Está presente en 178 países.
Áreas de traballo
[editar | editar a fonte]A súa meta é axudar ós países a elaborar e compartir solucións que permitan responder os retos que expoñen: gobernabilidade democrática, redución da pobreza, prevención e recuperación das crises, enerxía e medio ambiente, tecnoloxía da información e as comunicacións e o VIH-SIDA. Igualmente, estabelecéronse metas claras para reducir as doenzas, o analfabetismo e a discriminación contra a muller.
O PNUD é unha rede internacional da ONU en desenvolvemento económico.