Helen Clark

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Helen Clark
Helen Clark 2.jpg
Helen Elizabeth Clark
Primeiro Ministro de Nova Zelandia
Período 5 de decembro de 1999 - 19 de novembro de 2008
Antecesor Jenny Shipley
Sucesor John Phillip Key
Datos persoais
Nacemento 26 de febreiro de 1950
Lugar Hamilton
Organización Partido Laborista
Cónxuxe Peter Davis
Profesión política

Helen Elizabeth Clark, nada o 20 de febreiro de 1950 en Hamilton, é actualmente directora do Programa das Nacións Unidas para o Desenvolvemento. Foi primeira ministra de Nova Zelandia desde o 5 de decembro de 1999 ata o 18 de novembro de 2008.

Foi a segunda muller en ser primeiro ministro en Nova Zelandia, logo de gañar a elección de 1999. Anteriormente, Jenny Shipley foi tamén primeira ministra. Clark gañou tres eleccións seguidas. Foi forte opositora á invasión de Iraq, liderada polos Estados Unidos. Baixo o seu mandato enviáronse tropas a Afganistán para axudar á súa reconstrución. Apoia as políticas antinucleares de Nova Zelandia dos últimos 20 anos.

Helen Clark é Membro Honorario da Fundación Internacional Raoul Wallenberg. Pertence ao Partido Laborista de Nova Zelandia.