Os 14 puntos de Wilson

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Imagen del Presidente Wilson.

Os Catorce Puntos foron unha serie de propostas redactadas nun discurso do presidente dos Estados Unidos Woodrow Wilson no final da Primeira Guerra Mundial, facendo un chamamento ás nacións europeas en conflito para que detiveran o fogo e deran paso á reconstrución do continente.

Isto permitiría desvanecer a pantasma da guerra en todo o planeta e a conformación dunha nova orde mundial. O discurso foi dado o 8 de xaneiro de 1918 ante o Congreso dos EUA.

Ditos puntos son:

  1. Convenios abertos e sen diplomacia secreta no futuro.
  2. Absoluta liberdade de navegación na paz e na guerra fóra das augas xurisdicionais, agás cando os mares se cerrasen por acordo internacional.
  3. Desaparición, tanto como sexa posible, das barreiras económicas.
  4. Garantías adecuadas para a redución dos armamentos nacionais.
  5. Reaxuste, absolutamente imparcial, das reclamacións coloniais, de tal maneira que os intereses dos pobos merezan igual consideración que as aspiracións dos gobernos, cuxo fundamento terá que ser determinado, é dicir, o dereito á autodeterminación dos pobos.
  6. Evacuación de todo o territorio ruso, dándolle a Rusia plena oportunidade para o seu propio desenvolvemento coa axuda das potencias.
  7. Plena restauración de Bélxica na súa completa e libre soberanía.
  8. Liberación de todo o territorio francés e reparación dos prexuízos causados por Prusia en 1871.
  9. Reaxuste das fronteiras italianas de acordo co principio da nacionalidade.
  10. Oportunidade para un desenvolvemento autónomo dos pobos do Imperio austrohúngaro.
  11. Evacuación de Romanía, Serbia e Montenegro, concesión dun acceso ao mar a Serbia e arranxo das relacións entre os estados balcánicos de acordo cos seus sentimentos e o principio de nacionalidade.
  12. Seguridade de desenvolvemento autónomo das nacionalidades non turcas do Imperio otomán, e o Estreito dos Dardanelos libre para toda clase de barcos.
  13. Declarar a Polonia como un estado independente, que ademais teña acceso ao mar.
  14. A creación dunha asociación xeral de nacións, a constituír mediante pactos específicos co propósito de garantir mutuamente a independencia política e a integridade territorial, tanto dos Estados grandes como dos pequenos.

De aquí sae a iniciativa para a conformación dunha Sociedade de Nacións, antecedente de Nacións Unidas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]