República Socialista Soviética de Ucraína

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Українська Радянська Соціалістична Республіка (Ucraíno)
Украинская Советская Социалистическая Республика (Ruso)
República Socialista Soviética de Ucraína

 

 

 

1917–1991
Bandeira Escudo
Lema: "Пролетарі всіх країн, єднайтеся!"
("Traballadores do mundo, unídevos!")
Himno: Himno da RSS de Ucraína
Capital Kharkiv (1917-1935)
Kiev (1935-1991)
Lingua Ucraíno e Ruso
Goberno n/d
Historia
 • Establecido 25 de decembro de 1917
 • Disolución 24 de agosto de 1991
Moeda Rublo soviético
Poster soviético en ucraíno

A República Socialista Soviética de Ucraína (Українська Радянська Соціалістична Республіка) foi creada o 25 de decembro de 1917, e foi unha das repúblicas que constituíron a Unión Soviética cando esta foi formada en 1922. Trala II Guerra Mundial, en 1945, algunhas enmendas á Constitución da RSS de Ucraína foron aceptadas, que lle permitiron actuar como un suxeito separado en canto a lexislación internacional, sendo parte da URSS ó mesmo tempo. Concretamente, esas enmendas permitiron á RSS de Ucraína converterse nun dos membros fundadores da Organización das Nacións Unidas (ONU) xunto á URSS e a RSS de Bielorrusia. En realidade isto só significaba dar á Unión Soviética votos e asentos extra na ONU, xa que a RSS de Ucraína non tiña voz propia nos asuntos internacionais.

A RSS de Ucraína foi renomeada Ucraína o 24 de agosto de 1991, e deixou a URSS o mesmo día, volvendose un estado independente.

A capital foi inicialmente Kharkiv (entre 1918 e 1934) e despois Kiev (Kyiv). Crimea foi transferida á república en 1954 dende a RSSF de Rusia.

A RSS de Ucraína acadou á súa independencia tralo colapso da Unión Soviética en 1991.

Os líderes do Partido Comunista de Ucraína (e tamén líderes da república) foron:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]