Trygve Lie
Trygve Lie | |
---|---|
![]() | |
Nome completo | Trygve Halvdan Lie |
Alcume | Rodney Witherspoon |
Nacemento | 16 de xullo de 1896 |
Lugar de nacemento | Grünerløkka e Oslo |
Falecemento | 30 de decembro de 1968 |
Lugar de falecemento | Geilo |
Causa | infarto agudo de miocardio |
Nacionalidade | Noruega |
Relixión | luteranismo e Igrexa de Noruega |
Alma máter | Universidade de Oslo |
Ocupación | político, diplomático, xurista e avogado |
Cónxuxe | Hjørdis Jørgensen |
Fillos | Sissel Lie |
Premios | Gran Cruz da Orde de San Olaf, Gran Cruz da Orde de Dannebrog, Medalla polo Servizo Cívico Excepcional e Ordem de Dannebrog |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Trygve Halvdan Lie, nado en Oslo o 16 de xullo de 1896 e finado o 30 de novembro de 1968, foi un diplomático noruegués, Primeiro Secretario Xeral das Nacións Unidas.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Fillo de Martin e Hulda Arnesen Lie. Estudou na Universidade de Oslo, Ingresou á vida política no seu país aos 15 anos cando se converteu en membro da Organización de Mocidades do Partido Laborista Noruegués en 1911.
Logo de graduarse como avogado en 1919, foi conselleiro xurídico da Federación Norueguesa das Asociacións Sindicais en 1922. Catro anos despois foi elixido Secretario Executivo Nacional do Partido Laborista.
En 1935, Lie foi Ministro de Xustiza e mantivo o cargo ata 1939 en que pasou a ocupar o cargo de Ministro de Comercio e Industria. Durante o estalido da segunda guerra mundial, converteuse en Ministro de Abastecemento e Transporte. Como tal desenvolveu as medidas provisionais que salvaron ás tropas norueguesas dos Aliados, tras a invasión alemá en abril de 1940. En xuño de 1945 foi nomeado Ministro de Asuntos Exteriores, e logo ratificado no cargo en outubro do mesmo ano polo novo goberno.
O 1 de febreiro de 1946, foi nomeado Secretario Xeral das Nacións Unidas. Trygve Lie chegou ás Nacións Unidas cun coñecemento amplo do labor que ía cumprir esta Organización no mundo: fora testemuña do nacemento da ONU como xefe da delegación norueguesa que participou na Conferencia de San Francisco (abril a xuño de 1945) onde se elaborou a Carta das Nacións Unidas.
Durante o seu período, construíuse a actual sede das Nacións Unidas, en Manhattan (Nova York). Case cinco anos logo de asumir o cargo, a Asemblea Xeral da ONU ratificouno no cargo por tres anos máis desde o 1 de febreiro de 1951. Con todo, dimitiu en novembro de 1952.
Tras a súa marcha das Nacións Unidas, Trygve Halvdan Lie recibiu os seguintes nomeamentos: Gobernador de Oslo e Akersus, Presidente da Xunta de Enerxía de Noruega. Tras unha resolución da Asemblea Xeral de 1958, pediuse ao Rei Olav V de Noruega que establecese as bases por mor das cales Etiopía e Italia poderían empezar a establecer unha disputa territorial que implicaría a Somalia, antiga colonia italiana. En 1959, o Rei Olaf nomeou Mediador a Trygve Halvdan Lie.