Rafael Almagro Martínez
| Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Nacemento | 29 de marzo de 1945 Granada | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Ocupación | futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Deporte | fútbol | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Rafael Almagro Martínez, nado en Granada o 29 de marzo de 1945, é un exfutbolista español. Xogaba de centrocampista.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Debutou profesionalmente co Granada CF, porén rematando a tempada 1968/69 da Segunda División ficha polo Celta de Vigo, que co ascenso acadado buscaba reforzarse para a tempada seguinte en Primeira División, porén non puido enrolarse no equipo esa tempada ao atoparse realizando o servizo militar en Cádiz, polo que foi cedido ao equipo desa cidade.
Finalmente debuta co Celta de Vigo o 21 de setembro de 1969, e pouco despois marcaba o seu primeiro tanto.
Formou parte do equipo que rematou a competición na sexta posición e conseguiu a primeira clasificación para a Copa da UEFA da historia do club, competición na que debutou contra o Aberdeen escocés.
A tempada de debut europeo foi a última no Celta, tras so disputar sete encontros fichou polo Elche CF.
Tras lograr o ascenso a Primeira co Elche tamén competiu en Segunda División co RCD Mallorca.