José López Martínez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
José López Martínez
AlcumeRabadelo
Nacemento1882
Lugar de nacementoA Pontenova
Falecemento3 de decembro de 1936
Lugar de falecementoLugo
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónxornaleiro, xornalista e político
editar datos en Wikidata ]

José López Martínez, coñecido como Rabadelo, nado na Pontenova cara a 1882 e finado en Lugo o 3 de decembro de 1936, foi un xornaleiro, xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Militante socialista e masón, dirixente da Sociedad de Obreros del Ramo de la Construcción y Oficios Varios de Viveiro adscrita á UGT.[1] Sucedeu a Benito Sánchez López na dirección de El Momento de Viveiro. En 1936 era presidente da Agrupación Socialista de Viveiro. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido o 25 de agosto e trasladado ao cárcere de Lugo. Encartado na causa 212/26 por "mandar un grupo de marxistas armados o 21 de xullo" con Emilio Timiraos Cervo, José Castro Vázquez e Manuel Rodríguez.[2] Enfermo de tuberculose, foi trasladado ao Hospital o 8 de novembro, onde faleceu o 3 de decembro.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Vanguardia Gallega, 17-8-1932, p. 2.
  2. BOP Lugo, 31-8-1936, p. 3.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]