José Fernando Martínez Rodilla
Rodilla | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | José Fernando Martínez Rodilla | ||
Nacido | 3 de marzo de 1950 | ||
Lugar | Vigo | ||
Posición | Dianteiro | ||
Carreira xuvenil | |||
1966-68 | Celta de Vigo B | ||
1968-69 | Gran Peña Fútbol Club (cedido) | ||
1969-70 | UP Langreo (cedido) | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1970-76 | Celta de Vigo | 96 | (5) |
1976-77 | Real Valladolid | 12 | (0) |
CF Reus Deportiu | |||
Yeclano CF | |||
Club Turista | |||
Selección nacional | |||
1970 | Selección de fútbol de España | 1 | |
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
José Fernando Martínez Rodilla, nado en Vigo o 3 de marzo de 1950, é un exfutbolista galego que xogaba na demarcación de dianteiro.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Comezou a xogar con once anos no equipo infantil Alerta do Frente de Juventudes. Aos 16 anos ficha polo equipo xuvenil do Celta de Vigo tras dous anos foi cedido a equipos da Terceira División, primeiro ao Gran Peña Fútbol Club na tempada 1968-69, e despois ao UP Langreo, equipo co que conseguiu o ascenso a Segunda División.
Na tempada 1969/70 subiu ao primeiro equipo, co que debutou na primeira xornada, o 13 de setembro de 1970 ante o Sporting de Xixón en Balaídos. Esa tempada, na que Rodilla foi un dos máis utilizados, rematou coa primeira clasificación da historia do equipo para xogar a Copa da UEFA.
Estas boas actuacións levárono a ser convocado coa Selección de fútbol de España polo selecionador Ladislao Kubala, coa selección só disputou un encontro, contra Grecia o 28 de outubro de 1970. Porén o gran mérito foi ser convocado pola Selección da FIFA para xogar un encontro de homenaxe ao xogador do SL Benfica Mario Coluna, con só 19 anos formou equipo con xogadores como Bobby Charlton, Bobby Moore, Johan Cruyff, Eusébio ou Luis Suárez[1].
En setembro de 1971 participou no debut do equipo na Copa da UEFA ante o Aberdeen. Porén na tempada seguinte estaría moitas semanas apartado do equipo a causa dunha lesión que levaba tempo arrastrando, que o obrigou a operarse en Barcelona.
Ao finalizar a tempada 1975/76 deixa o equipo tras acadar o ascenso a Primeira División Española unha vez máis.
Tras deixar Vigo xogou no Real Valladolid en Segunda División e posteriormente no Reus, Yeclano e Club Turista.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Alberto Fernández (8 de decembro de 2015). "Rodilla disputaba el homenaje a Mário Coluna". La Voz de Galicia (en castelán).
- Nados en Vigo
- Nados en 1950
- Futbolistas da provincia de Pontevedra
- Dianteiros de fútbol
- Xogadores do Celta de Vigo B
- Xogadores do Gran Peña
- Xogadores do Celta de Vigo
- Xogadores do Real Valladolid
- Xogadores do CF Reus Deportiu
- Xogadores do Yeclano CF
- Xogadores do Club Turista
- Xogadores da selección de fútbol de España
- Xogadores do Celta de Vigo internacionais coa selección de fútbol de España