Karim Benzema
Karim Benzema | |||
---|---|---|---|
![]() Benzema co Real Madrid en 2015 | |||
Información persoal | |||
Nome | Karim Mostafa Benzema | ||
Nacido | 19 de decembro de 1987 (33 anos) | ||
Lugar | Lión | ||
Altura | 1,84 m | ||
Posición | Dianteiro | ||
Información de club | |||
Club actual | Real Madrid | ||
Número | 9 | ||
Carreira xuvenil | |||
1996–2005 | Lyon | ||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
2004–2006 | Lyon B | 20 | (15) |
2004–2009 | Lyon | 112 | (43) |
2009– | Real Madrid | 223 | (115) |
Selección nacional | |||
2004 | Francia sub-17 | 2 | (1) |
2004–2005 | Francia sub-18 | 16 | (14) |
2005–2006 | Francia sub-19 | 8 | (4) |
2006–2007 | Francia sub-21 | 5 | (0) |
2007– | Francia | 81 | (27) |
Partidos e goles só en liga doméstica. Club: Actualizado a 29 de outubro de 2016. Selección: Actualizado a 11 de outubro de 2015.[ editar datos en Wikidata ] | |||
Karim Benzema, nado en Lión o 19 de decembro de 1987, é un futbolista francés de orixe alxerina. Xoga de dianteiro e o seu actual equipo é o Real Madrid.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Como xuvenil do Gones (sobrenome principal do Olympique de Lión e palabra só usada en Lión para referirse de maneira familiar aos nenos) gañou un campionato de xogadores de 18 anos en Francia en 2005 (12 goles en 14 partidos) e foi finalista no Campionato de Fútbol Afeccionado en 2005 e 2006.
Comezou a súa carreira profesional na tempada 2004-2005 baixo as ordes de Paul Le Guen, aínda que disputou poucos partidos e non marcou ningún gol. O seu primeiro gol en partido oficial co Olympique de Lión foi en 2005 nun partido de Liga de Campións contra o Rosenborg, no que foi o súa primeira participación en devandita competición.
O 1 de xullo de 2009, o Olympique de Lión fixo oficial a súa fichaxe polo Real Madrid por 35 millóns de euros.[1] Foi presentado no estadio Santiago Bernabéu o 9 de xullo con máis de 15.000 persoas. O 20 de abril de 2011 gañou o seu primeiro título co Real Madrid, logo de vencer ao FC Barcelona na final de Copa.
Selección nacional[editar | editar a fonte]
O 28 de marzo de 2008 xogou o seu primeiro partido coa selección absoluta de Francia contra Austria no Stade de France, onde marcou o seu primeiro gol cos bleus.
En 2008 xogou tamén o seu primeiro trofeo internacional coa selección absoluta, a Eurocopa de Austria e Suíza, onde o seu equipo non conseguiu superar a fase de grupos, empatando con Romanía e perdendo cos Países Baixos e Italia. Neste campionato, Karim xogou 2 partidos e non marcou ningún gol.
Palmarés[editar | editar a fonte]
Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]
Campionatos internacionais[editar | editar a fonte]
Título | Club (*) | País | Ano |
---|---|---|---|
Europeo Sub-17 | Selección de Francia | Francia | 2004 |
UEFA-CAF Meridian Cup | Selección de Francia | Turquía | 2005 |
(*) Incluíndo a Selección
Distincións individuais[editar | editar a fonte]
Distinción | Ano |
---|---|
Trofeo Bravo | 2008 |
Máximo goleador da Ligue 1 | 2008 |
Xogador do ano da Ligue 1 | 2008 |
Equipo do ano da Ligue 1 | 2008 |
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Traspaso de Karim Benzema ao Real Madrid" (en francés). 1/07/2009. Arquivado dende o orixinal o 02/07/2009. Consultado o 1/07/2009.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Karim Benzema ![]() |