Club Atlético Independiente
Aparencia
(Redirección desde «CA Independiente»)
Independiente | |||
---|---|---|---|
Nome | Club Atlético Independiente | ||
Alcume(s) | El Rojo, El Orgullo Nacional, Diablos Rojos de Avellaneda | ||
Fundación | 1904 | ||
Estadio | Libertadores de América, Avellaneda, Arxentina | ||
Inauguración | 1928 | ||
Capacidade | 55.000 | ||
Presidente | Hugo Moyano | ||
Adestrador | Lucas Pusineri | ||
Liga | Primeira División Arxentina | ||
Primeira División da Arxentina 2017/18 | 6º | ||
Na rede | |||
http://www.caindependiente.com/ | |||
| |||
O Club Atlético Independiente é unha entidade deportiva adicada ó fútbol que ten a súa sede na localidade de Avellaneda, a carón de Buenos Aires. O equipo compite na Primeira División Arxentina. Nas competicións continentais o equipo acadou os seus éxitos mais salientables, xa que con 7 títulos da Copa Libertadores é o equipo máis laureado de toda Suramérica. O terreo de xogo do Club Atlético Independiente é o Estadio Libertadores de América, da súa propiedade, un recinto con capacidade para 55.000 seareiros. O rival tradicional do CA Independiente é o seu veciño próximo, o Racing Club de Avellaneda, co cal disputa o chamado Clásico de Avellaneda.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Torneos nacionais
[editar | editar a fonte]- Primeira División (14): 1938, 1939, 1948, 1960, 1963, Nacional 1967, Metropolitano 1970, Metropolitano 1971, Nacional 1977, Nacional 1978, Metropolitano 1983, 1988/89, Clausura 1994, Apertura 2002
Torneos continentais
[editar | editar a fonte]- Copa Libertadores (7): 1964, 1965, 1972, 1973, 1974, 1975, 1984
- Copa Suramericana(2): 2010, 2017
- Recopa Suramericana (1): 1995
- Copa Interamericana (3): 1973, 1974, 1976
- Supercopa Suramericana (2): 1994, 1995
- Copa Intercontinental (2): 1973, 1984
Xogadores
[editar | editar a fonte]Actualizado o 1 de setembro de 2018.
|
|